REY VARELA E O ALCALDE DE VILALBA ULTIMAN A POSTA EN MARCHA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL E DO CENTRO PARA MAIORES

visita-rey-varela011José Manuel Rey Varela mantivo un encontro de traballo co alcalde de Vilallba (Lugo), Agustín Baamonde Díaz

  • A Consellería enviará proximamente ao Concello de Vilalba o informe favorable e esta será aberta toda vez que o goberno local conte coas licencias correspondentes
  • O conselleiro apuntou que “ao igual que no caso da escola infantil, estamos cerca de acadar unha solución para o centro de maiores”

Vilalba (Lugo), 29 de novembro de 2016.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos nos próximos anos. Estes encontros baséanse no espírito da Consellería de Política Social que un ano máis seguirá sendo a colaboración e o consenso entre as distintas administracións e entidades de Galicia.  

Desta volta, o responsable da carteira social do Goberno galego mantivo un encontro de traballo co alcalde de Vilalba (Lugo), Agustín Baamonde Díaz no que estableceron as liñas de actuación social que beneficien a todos os veciños a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais basean estas negociacións no consenso e na coordinación para garantir unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio.

A atención aos máis pequenos foi un dos puntos tratados na xuntanza entre conselleiro e alcalde, na que ambos mandatarios sentaron as bases dunha colaboración que posibilite a próxima apertura da escola infantil municipal na que a Xunta de Galicia investirá 15.000 euros en concepto de equipamento. O conselleiro fixo entrega ao alcalde do informe técnico de adecuación para a creación da escola municipal e valorou a implicación das administracións á hora de solucionar a lista de agarda. Agora, o Concello deberá de contar coas licenzas correspondentes para a definitiva posta en marcha da escola infantil municipal. Por outra banda, a escola infantil xestionada conxuntamente polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e polo Concello de Vilalba foi posta en marcha no curso 2013-2014 e dá servizo aos nenos e nenas de Vilalba coas 74 prazas e unha cobertura do 27,21% en prazas públicas. O obxectivo é incrementar esta media para cumprir a ratio establecida pola Unión Europea.

No que atinxe a atención aos máis maiores, o conselleiro indicou que o orzamento destinado a maiores é “tres veces máis que o destinado a este mesmo ámbito en 2009”. Rey Varela garantiu que “ao igual que no caso da escola infantil, estamos cerca de acadar unha solución para a apertura do centro de maiores”. Ademais, a Consellería realizou obras de mellora no Centro Sociocomunitario de Vilalba por importe de 33.687,47 euros.

 

Na xuntanza que tivo lugar no Casa do Concello de Vilalba, ambos mandatarios valoraron o Servizo de Axuda no Fogar prestado no municipio que se viu incrementado en 17.376 horas anuais ata acadar un total de 111.408 horas anuais.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: