Á venda a Tempada abonos clásica Afundación Vigo

Afundación presenta a súa nova tempada de música clásica en Vigo, que ofrece ao espectador obras de Haydn, Mendelssohn, Mozart e Brahms, entre outros. A Real Filharmonía de Galicia e a Orquesta Sinfónica de Galicia estarán dirixidas, nesta ocasión, por Ilan Volkov, Pierre Dumoussaud, Dima Slobodeniouk, Paul Daniel, Simon Blendis, Maxim Emelyanychev, Jonathan Webb e Eliahu Inbal. Esta é a nova oferta de Afundación para os afeccionados á música clásica.

Os abonos estarán dispoñibles a partir de mañá, 1 de decembro, e ata o día 2, para todas aquelas persoas que xa estiveron aboadas durante a pasada tempada. A partir do día 3 deste mes, e ata o día 5 de xaneiro, actívase a venda de abonos, para a primeira parte ou para a tempada completa, mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web de Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes individuais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo dos abonos. Afundación continuará o vindeiro curso co programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», unha iniciativa que pon á disposición dos escolares entradas gratuítas co fin de potenciar este tipo de música entre os máis novos. 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: