ABANCA lanza a tarxeta ‘Tú’, que permite tres formas de pago a crédito e alta funcionalidade a través da App móbil

  • É un produto único no mercado que combina amplas prestacións cunha xestión personaIizada e flexible desde a banca móbil
  • O cliente decide para cada operación entre o pago a fin de mes, en varios prazos ou cunha cota fixa, e pode cambialo en calquera momento
  • As súas condicións son moi competitivas, con opción de pago aprazado mediante xuros ou comisións, segundo as necesidades do cliente
  • ‘Tú’ admite ademais a súa utilización a débito polo que o cliente pode utilizala como a súa única tarxeta bancaria
20161128-tarjeta-tu
Visa Tú é unha das primeiras tarxetas de crédito en España estreitamente vinculada á banca móbil.

 

20161128-tarjeta-tu-2
A tarxeta combina as súas amplas funcionalidades coas vantaxes do novo servizo APPlázame de ABANCA.

 

30-11-2016

ABANCA inicia hoxe a comercialización da tarxeta Visa Tú, un medio de pago único no mercado pola súa polivalencia, flexibilidade, e alta funcionalidade a través da aplicación de banca móbil da entidade.

‘Tú’ é unha das primeiras tarxetas de crédito en España estreitamente vinculada á banca móbil, que permite ao cliente adaptar o financiamento ás súas necesidades en apenas uns segundos, ao combinar as súas funcionalidades coas vantaxes do novo servizo APPlázame da entidade.

É unha tarxeta polivalente e flexible con deseño vertical, que integra múltiples servizos nun único produto, cunhas condicións moi competitivas. Cun único límite de crédito, a tarxeta combina o habitual cargo a fin de mes sen custo, o aprazamento a varios meses e o pago cunha cota fixa mensual (coma se fose unha tarxeta revolving).

Unha vez efectuada a compra, o titular poderá elixir para cada operación que forma de pago ou prazo lle interesa máis e poderá cambialos en calquera momento e as veces que queira, antes do primeiro cargo da súa liquidación. As modificacións poderá realizalas desde o seu móbil ao instante e de xeito moi sinxelo grazas ao servizo APPlázame de ABANCA, e tamén desde a banca electrónica.

Outra das prestacións da tarxeta Visa Tú é o seu funcionamento dual a débito e crédito, polo que, se o cliente o desexa, pode utilizala como a súa única tarxeta bancaria. No caixeiro, o cliente escolle a forma de pago: pode retirar diñeiro a débito, con cargo á conta que teña asociada, ou a crédito, con cargo ao propio crédito da tarxeta. Ademais, proximamente Visa Tú permitirá amortizar operacións con pago a fin de mes de xeito inmediato, como se se tivesen realizado cunha tarxeta de débito.

Condicións financeiras

As condicións da nova tarxeta de ABANCA sitúanse entre as máis competitivas do mercado neste momento. As operacións con pago en cota fixa contarán cun tipo de xuro a partir do 8,76%, en función da vinculación do cliente coa entidade. As compras tamén se poderán aprazar entre 3 e 12 meses sen xuros mediante o pago dunha comisión de entre o 1 e o 4%. A tarxeta será gratuíta se o cliente cumpre as condicións do Programa Cero Comisións de ABANCA ou se realiza compras superiores a 3.000 euros ao ano con este medio de pago.

Con esta nova iniciativa, ABANCA continúa a súa estratexia de reforzo do seu posicionamento no mercado do financiamento ao consumo e os medios de pago. Nesta liña, a entidade conta desde este mes cunha unidade especializada, ABANCA Consumer Finance, que se encargará do desenvolvemento das liñas de negocio ligadas ao financiamento no punto de venda co obxectivo de competir cos establecementos financeiros de crédito. Esta nova unidade de negocio prevé conceder financiamento por importe de 400 millóns de euros durante a súa primeira fase de desenvolvemento.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: