Andaina para coonmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

MÁIS DE MIL PERSOAS PARTICIPAN NO PORRIÑO NA ANDAINA QUE CONMEMORA O ‘DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE’andaina1

Máis de mil persoas, 800 delas alumnas e alumnos dos colexios de Primaria do Porriño e de ACEESCA, participaron este mércores na Andaina que é o acto central da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

A mesma saiu da Praza do Concello, seguiu pola rúa Ramón González con Pío XII, a Avenida de Domingo Bueno e a rúa Antonio Palacios. Ao remate da mesma realizouse a lectura do manifesto polo grupo de autoxestores ‘Os dez do Porriño’.

Antes, a alcaldesa, Eva García de la Torre, que participo na andaina acompañada pola concelleira de Educación e Xuventude, Lourdes Moure, amosouse “orgullosa de ver a tantas persoas saíndo ás rúas na nosa vila para amosar o seu apoio a un día que recoñece o traballo, a vontade, a entrega e a solidariedade”.

García de la Torre fixo súas as reivindicacións dos asistentes, e avogou porque a persoas con discapacidade poidan exerces plenamente todos os seus dereitos, “como o dereito a recibir información que poidan entender, o dereito à intimidade, o dereito a opinar e dirixir a súa vida, o dereito a decidir o seu voto ou  dereito a xestionar os seus cartos”.

O pasado luns, día 28 de decembro, empezaron os actos programados por ACEESCA que seguirán o xoves, día 1, coa visita dun grupo de persoas con distintas diversidades funcionais ao centro de saúde do Porriño coa finalidade de detectar posíbeis dificultades dos traballadores á hora de atender a distintos colectivos e un simulacro de consulta ordinaria.

De seguido unha actividade que se repetirá o venres, día 2, colocación de pictogramas e entrega de trípticos en establecementos comercias, destinados a persoas con dificultade de comunicación do Porriño.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: