REY VARELA REITERA O COMPROMISO DA XUNTA DE GALICIA NA LOITA CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL NO VI FORO DE CAPACITACIÓN SOBRE POBREZA DA EAPN

  • 20161130_rey_05O conselleiro de Política Social lembrou as principais actuacións da Xunta de Galicia neste ámbito, nomeadamente a Axenda Social e a Estratexia Galega de Inclusión Social 2014-2020

Santiago, 30 de novembro de 2016-. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu á inauguración do VI Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado, organizado pola Rede Galega contra a Pobreza (EAPN).

O obxectivo do encontro é continuar o traballo comezado nas anteriores edicións e contribuír á capacitación dos asistentes en aspectos relacionados coa inclusión activa e o acceso a recursos de calidade, ademais de visibilizar a realidade da desigualdade, a pobreza e a exclusión social en Galicia e a importancia que o Terceiro Sector e o voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social activa. Así mesmo, pretende profundar na relación entre as políticas de emprego e inclusión social ao tempo que se favorece o debate en positivo de propostas que melloren a actuación en procesos de inclusión social.

Durante a súa intervención, o titular da carteira social, lembrou as principais medidas postas en marcha para loitar contra a pobreza en Galicia. Deste xeito, fixo referencia á Axenda Social, unha proposta elaborada para garantir a atención das persoas e familias con menos recursos e que están nunha situación ou risco de exclusión social. O documento recolle medidas de apoio á renda, de abordaxe da pobreza enerxética e infantil, de atención á inclusión residencial ou de apoio á contratación de persoal para os servizos sociais municipais.

Tamén fixo fincapé na Estratexia Galega de Inclusión Social 2014-2020, que constitúe o marco de planificación da Xunta de Galicia neste ámbito. “Trátase dun documento de intervencións orientadas a responder de xeito efectivo e coordinado ás situacións persoais e familiares de vulnerabilidade, pobreza e exclusión social”, explicou Rey Varela. A EIS Galicia susténtase sobre tres piares fundamentais: políticas activas favorecedoras dun mercado laboral máis inclusivo cara as persoas con maiores dificultades de acceso; garantía duns ingresos mínimos; e acceso a uns servizos de calidade, para a abordaxe multidimensional do fenómeno da pobreza.

“O noso obxectivo, que compartimos coa Rede Galega Contra a Pobreza, é acadar unha Galicia na que todos os seus habitantes teñan unha igualdade real e efectiva no acceso ao benestar e á mellor calidade de vida que poidan ter”, afirmou Rey Varela quen destacou a importancia da celebración deste foro, “de proveito para todos os asistentes e cuxas conclusións redundarán no benestar dos que máis o precisan”, rematou.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: