FACENDA TRASLÁDALLE AOS EMPRESARIOS AS LIÑAS DUNS ORZAMENTOS QUE TEÑEN NO EMPREGO E NO ESFORZO INVESTIDOR DÚAS IMPORTANTES CLAVES

  • 20161201_economia_04O conselleiro de Facenda transmitiulle hoxe ao vicepresidente da CEG, Antonio Fontenla,  a aposta do Goberno galego polo investimento produtivo
  • Valeriano Martínez avanzoulle á patronal que o gasto non financeiro incrementarase nun 2,9 por cento, nunha tesitura expansiva na que se ten que asentar o crecemento económico
  • Tamén confirmou o incremento do gasto na área de emprego

Santiago, 30 de novembro de 2016.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, informou hoxe á Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) das liñas fundamentais do proxecto de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2017, unhas contas nas que o fomento do emprego e a aposta inversora en actividades clave da economía galega constituirán algúns dos seus principais eixos.

Na reunión mantida esta mañá, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, transmitiulle ao vicepresidente da CEG, Antonio Fontenla, a intención de incrementar nun 2,9 por cento o gasto non financeiro do actual exercicio. Sinalou que “estamos nunha tesitura expansiva”, na que se debe asentar o crecemento económico, que se ten que producir tamén pola vía do emprego, “máis emprego e de maior calidade”, recalcou.

Para conseguilo, manifestou que xoga un papel activo todo o armazón civil da economía, do que é responsable en boa medida a propia Confederación de Empresarios de Galicia.

En liña co transmitido na reunión de onte ás centrais sindicais, o conselleiro reiterou que “hai unha aposta importante” en materia de emprego, cunha importante atención ás políticas neste terreo, tanto no ámbito dos autónomos como na formación de ocupados e parados. Todo orientado á mellora que necesita a economía galega, ese crecemento “sano, intelixente ao que aspiramos, que fomente “máis e maior empregabilidade”, indicou.

Fomento das actividades de “carácter tractor”

Trasladoulle igualmente ao vicepresidente da CEG que se incidirá na aposta que se fai sobre determinadas actividades consideradas de “carácter tractor”, fundamentalmente o emprego, en ámbitos como o rural e o da pesca, como tamén no ámbito do comercio, no que dixo que existe unha recuperación e ao que “nós imos seguir apoiando”.

Citou tamén a incidencia noutras actividades como a turística ou o crecemento intelixente cando de fala de investigación, desenvolvemento e innovación. Naqueles casos nos que a aposta é a modernización e a internacionalización da economía, o conselleiro dixo que “vai haber unha aposta moi cualificada”, cun incremento de máis do 10 por cento aos fondos destinados a este tipo de políticas.

En relación co encontro coa patronal, ao que asistiu tamén a secretaria xeral Técnica e do Patrimonio, María Socorro Martín, o conselleiro cualificouno de agradable e dixo que hai una base común de todos no interés máximo de lograr ese crecemento económico “que xa é unha realidade en Galicia desde hai aproximadamente dous anos” para lograr no horizonte de 2020 ter unha sociedade “máis avanzada, moderna e, por suposto, con máis e mellor emprego”, concluíu.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: