O Porriño lidera a creación de emprego na Área Metropolitana de Vigo

O paro volveu a baixar en novembro en O Porriño que lidera o descendo do desemprego en toda a Área Metropolitana.  O mes pasado atoparon traballo no concello 47 persoas máis, unha caída que se suma ás de setembro, agosto, xullo, xuño, maio ou abril e que supón que o número de porriñesas e porriñeses desempregados situouse, o pasado día 30, en 1.836.

Dacordo cos datos oficiais sobre a evolución do paro, difundidos polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, dende que actual Goberno local tomara posesión, o paro en O Porriño reduciuse en 303 persoas, pasando de 2.139 desempregados en xuño de 2015 a 1.836 a finais de novembro deste ano.

Esta baixada, é especialmente importante considerando que entre os 14 concellos da Área, O Porriño encabeza a creación de emprego e tendo en conta que na provincia de Pontevedra o número de desempregados aumentou en 1.127 persoas, en Galicia en 4.614 e, segundo os datos do Ministerio de Emprego, no conxunto do Estado, 24.841 traballadores se quedaron na rúa.

No que vai deste ano, o número de desempregados descendeu no concello do Porriño en 269 veciños: dos 2.105 que estaban na procura de traballo a principio de xaneiro, aos 1.836 que están na ofician de emprego na actualidade, o que sitúa a taxa de paro no 20,6%, preto dun 4% menos que cando comezou o actual mandato municipal.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: