Centos de persoas apoian a absolución do activista de Coia acusado sen probas pola policía

diego_absolucioncorProfesionais de todos os ámbitos asinan un manifesto para pedir a liberdade de Diego Lores, que será xulgado o próximo 17 de xaneiro por unha suposta agresión a un axente municipal. A propia Fiscalía non aprecia indicios de delito e solicita o sobresemento do caso.

A Asemblea Aberta de Coia conseguiu reunir o apoio de centos de persoas de todo o Estado en prol da absolución do activista e referente social Diego Lores. Nun manifesto publicado no segundo aniversario da loita veciñal na rotonda, o colectivo reiterou na súa inocencia e insistiu na falta de probas aportadas pola acusación de cara o xuízo do próximo 17 de xaneiro. Lores enfronta unha pena de tres anos e medio de prisión e 30.356 euros de responsabilidade civil pola denuncia dun axente municipal, que o acusa sen probas de agredilo e lesionalo.

Os feitos ocorreron o pasado 15 de decembro de 2014 durante unha das cargas policiais contra a veciñanza. “Diego sempre foi unha das caras máis visibles da loita da rotonda de Coia, polo que creemos que o seu procesamento non é casual. Pretenden que pague por toda a veciñanza, para que quede claro que sucede coas voces disonantes”, consideran desde a Asemblea Aberta, e recordan que iniciaron a protesta pacífica contra este “proxecto megalómano e esperpéntico” porque representaba “un insulto e unha provocación” ante a falta de fondos para emerxencias sociais.

O comunicado sinala o cúmulo de contradicións e incongruencias por parte da acusación particular (a Policía Local)” durante toda a instrución do procedemento. De feito, a propia Fiscalía determinou en dúas ocasións que non existen indicios de delito, polo que pediu o sobresemento do caso. O Ministerio fiscal determinou que as probas aportadas eran insuficientes e que non queda “acreditado debidamente que por parte do acusado se cometese a infracción criminal da que se lle acusa”.

Por estes motivos, centos de artistas, representantes públicos e profesionais de todos os ámbitos veñen de amosar o seu apoio e solidariedade coa absolución de Lores. “O que nós berrabamos hai dous anos, seguímolo berrando agora: as nosas armas son a razón, as arelas de xustiza social, a utopía dun mundo mellor. Non precisamos nin da forza nin da violencia”, apuntan desde o colectivo veciñal, que sufriu numerosas multas e detencións, así como a condena do activista Xurxo Romero, pola súa defensa dos dereitos sociais da veciñanza de Vigo simbolizada na rotonda do Alfageme.

Listaxe de apoios:

As abaixo asinantes manifestamos o noso apoio a Diego ante o proceso que está a piques de comenzar, solicitando a súa libre absolución. Sabemos da súa inocencia, e afirmamos a nosa decidida aposta pola desobediencia pacífica e a nonviolencia como ferramentas de traballo na loita por unha sociedade baseada na xustiza social e a igualdade”.

Teresa Forcades (Doutora, teóloga feminista e monxa beneditina)

Carlos Taibo (Escritor e profesor na Universidade Autónoma de Madrid)

Yayo Herrero (Directora de FUHEM e Ecoloxistas en Acción)

Manuel Rivas (Escritor e xornalista)

Laura Bugalho (Sindicalista e activista)

Xosé Manuel Beiras (Anova)

Anna Gabriel (Deputada CUP-CC)

Arcadi Oliveres (Economista e profesor, activista de Justícia i Pau)

Miren Etxezarreta (Economista e catedrática emérita da Universidade Autónoma de Barcelona)

Raúl Zibechi (Escritor e pensador activista uruguaio)

María Reimóndez (Escritora, tradutora e feminista)

Jorge Riechman (Profesor de Filosofía da UAM e poeta)

María López Vigil (Xornalista e teóloga feminista)

Luis Villares (Deputado En Marea)

Ana Miranda (Europarlamentaria BNG)

David Fernàndez (Xornalista, ex deputado da CUP-CC)

Lidia Senra (Eurodeputada Anova)

Andrés Torres Queiruga (Teólogo)

Miren Koldobike Velasco Vázquez (Traballadora social e profesora de Traballo Social da Universidade de A Palmas de Gran Canaria)

Xosé Luis Méndez Ferrín (Escritor)

Alexandra Fernández (Parlamentaria En Marea)

Javier Baeza (Cura en San Carlos Borromeo)

Olalla Rodil (Xornalista e parlamentaria BNG)

Josep Manel Busqueta (Economista, panadeiro, Seminari d’Economia Crítica “Taifa”, ex deputado da CUP-CC)

Fermín Muguruza (Músico)

Carmen Santos (Deputada En Marea)

Francisco Sampedro (Filósofo e escritor)

Beatriz Campos (Actriz Migallas Teatro)

Fran Lorenzo (Escritor e xornalista)

María Campuzano (Alianza contra a Pobreza Enerxética)

Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción)

Alba María (Música)

Miguel Brieva (Debuxante)

Ohiana Etxebarrieta (Deputada EH Bildu)

Pepe Carreiro (Debuxante)

Albert Sales (Profesor de Ciencias Políticas da Universidade Pompeu Fabra)

Sechu Sende (Escritor)

García Mc (Músico, educador independente e activista social)

Belén Gopegui (Escritora)

Anxo Angueira (Filólogo, escritor e estudoso literatura galega)

Paula Quinteiro (Deputada En Marea)

Pedro Ramírez Pérez (OMAL)

Manolo Camaño Fandiño (Secretario xeral da CUT)

María González Reyes (Ecoloxistas en Acción e escritora)

Oleguer Presas (Economista, Crida per Sabadell, Seminari d’Economia crítica “Taifa”)

Lola Sánchez Caldentey (Europarlamentaria de Podemos)

Leo i Arremecaghoná (Músico)

Ruben Pérez Correa (Concelleiro Marea de Vigo)

Emiliano Tapia (Cura da parroquia de Buenos Aires – Salamanaca)

Clara Griera (Cooperativista L’Olivera)

Joserra Olarieta (Profesor da Universidadr de Lleida (ETSEA), Som lo que Sembrem)

Luis Correa “O Caruncho” (Músico)

Meritxell Domingo (Enxeñeira agrónoma, Som lo que Sembrem)

Emma Gascó (Debuxante e ilustradora)

José Iglesias Fernández (Economista)

Antonio Orihuela (Poeta)

Óscar García Jurado (Autonomía Sur)

Erika González Briz (OMAL)

Paco Segura (Coordinador de Ecoloxistas en Acción)

Nerea Ramírez Piris (Coordinadora de Ecoloxistas en Acción)

Elvira Cámara (Coordinadora de Ecoloxistas en Acción)

Alberto García-Teresa (Poeta)

Tom Kucharz (Ecoloxistas en Acción)

Pau Llonch ( Vocal do grupo AT Versaris, PAH Sabadell e Seminari d’economia crítica “Taifa”)

Samuel Martín-Sosa Rodríguez (Responsable de Internacional de Ecoloxistas en Acción)

Ivan Gordillo (Economista e membro Seminari d’economia crítica “Taifa”)

Ana Vega (Escritora)

Gonzalo Escarpa (Escritor e performer)

Ana Grandal Martín (Tradutora científica)

Patxi Zabalo (Profesor da Universidad do País Vasco)

Juan Hernández Zubizarreta (Profesor da Universidade do País Vasco)

Luis Nieto Pereira (Asesor do Concello de Madrid)

Ferrán Fernández (Editor e poeta)

Joan Turu (Debuxante)

Eduardo Rodriguez Cunha “Tatán” (Titiriteiro e actor)

María Ángeles Maeso (Escritora)

Eladio Méndez Fernández (Poeta)

Viviana Paletta (Poeta)

Matías Escalera Cordero (Escritor e profesor)

Marta Sanz (Escritora)

Núria Vidal de Llobatera (Ecoloxistas en Acción de Girona e Rede Anti-represión de familiares de detenidas)

Martin Mantxo (Ekologistak Martxan)

Lucía Bárcena Menéndez (Coordinadora Campaña #NoalTTIP en Ecoloxistas en Acción – Cataluña)

Marta Pascual Rodríguez (Ecoloxistas en Acción)

Antón Gómez Reino-Varela “Tone” (Parlamentario En Marea)

Xose Luis Xácome (Concelleiro Marea de Vigo)

Marga López Barreiro (Concelleira de Marea de Vigo)

David Carballal (Anova)

Eva Solla (Deputada En Marea)

Juan Fajardo (Deputado En Marea)

Marcos Cal (Deputado En Marea)

Juan J. Merlo (Deputado En Marea)

Ánxeles Cuña (Deputada En Marea)

David Rodríguez (Deputado En Marea)

Antón Sánchez García (Deputado En Marea)

Luca Chao (Deputado En Marea)

Jose Manuel Lago (Deputado En Marea)

Magdalena Barahona (Deputada En Marea)

Francisco Casal (Deputada En Marea)

Paula Vázquez (Deputada En Marea)

Jesús Arteaga “Jipy” (Músico e activista)

Manolo Saez Bayona (Baladre)

Guillermo Contreras (Movimiento Antirrepresión de Córdoba, Plataforma Córdoba Aire limpio e Ecoloxistas en Acción)

Luis Fernando Jiménez Fuentes (Ecoloxistas en Acción Andalucía)

Sergi Saladie (Xeógrafo e deputado da CUP-CC)

Cristina Contreras Jiménez (Ecoloxistas en Acción Córdoba)

Carme Pagès Pallisé

Jordi figuerola i Solà

Javier Sáez Ibarra (Poeta)

Fernando Cembranos (Psicólogo e sociólogo)

Constantino Bertolo (Crítico e editor)

Carlos Gómez Gil (Profesor da Universidade de Alicante)

Jorge Fonseca (Profesor da Universidade Complutense de Madrid)

Rosana Acquaroni (Poeta)

Belén García Nieto (Poeta)

Ana Pérez Cañamares (Poeta)

Juanjo Álvarez (Bibliotecario)

Luis Miguel Uharte (Profesor da Universidade do País Vasco)

Jaime Pastor (Profresor da UNED)

Mikel de la Fuente (Colaborador honorífico da PUV/EHU)

Eladio Orta (Poeta)

Ana Cibeira (Poeta)

Jesús Carrión (Coordinador do Colectivo Ronda)

Joan Teran (Politólogo i documentalista, CUP-CC)

Vidal Aragonés (Avogado laboralista, profesor de dereito UAB, Concelleiro de En Comú crida per Cornellà)

Lucía Medina Navarro (Baladre)

Benet Salellas (Avogado e deputado da CUP-CC)

Diosadado Toledano (Marea de Mareas)

Josep Garganté (Sindicalista, concelleiro da CUP-CC no concello de Barcelona)

Isabel Vallet (Avogada, ex deputada da CUP-CC)

Mireia Vehí ( Socióloga, deputada da CUP-CC)

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: