LÓPEZ-CHAVES: “A XUNTA INVISTE SOAMENTE NA CIDADE DE VIGO CASE 10 VECES MÁIS QUE O CONCELLO CO SEU ORZAMENTO MUNICIPAL”

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo considera que as contas autonómicas para o vindeiro ano dan resposta ás necesidades reais dos vigueses, con grandes e novos proxectos
  • O goberno autonómico contempla partidas orzamentarias por 168 millóns de euros para o conxunto da área territorial de Vigo
  • Pon coma exemplo o investimento de 3,2 millóns para a ampliación do Ifevi; 5,5 millóns para solo residencial en Navia ou a aposta da Xunta pola recuperación do Casco Vello, con máis de 3 millóns de euros  
  • A Cidade da Xustiza, a ampliación do IES de Teis e do CEIP de Navia, a estación intermodal, a EDAR do Lagares e o Hospital Público Álvaro Cunqueiro tamén reciben importantes partidas

Vigo, 05 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, considerou hoxe que os Orzamentos para 2017 que a Administración autonómica contempla para Vigo e a súa área dan resposta ás necesidades reais dos vigueses, con grandes e novos proxectos polos que aposta o Goberno galego para a cidade olívica.

Así, explicou que se contemplan partidas por 168 millóns de euros para Vigo e o conxunto da área territorial o que, en verbas de López-Chaves, supón que “a Xunta inviste case 10 veces máis que o Concello co seu orzamento municipal”, considero. É máis, o delegado sinalou que o seu alcalde, Abel Caballero, é o «responsable político que menos inviste na cidade» posto que «invisten máis en Vigo a Xunta, o Goberno central, Zona Franca e o Porto que o Concello», matizou.

Apóstase así por proxectos fundamentais na área de Vigo como a autovía do Morrazo, con 22 millóns, ou a Plisan, con case 9 millóns de euros. Mentres, no caso de Vigo cidade, o delegado puxo coma exemplo partidas moi importantes que amosan o compromiso da Xunta co crecemento económico e social da cidade, coma é o caso dos 3,2 millóns de euros que se destinarán á ampliación do Ifevi; os 5,5 millóns de euros para a adquisición de solo residencial para a construción de vivendas en San Paio de Navia; os 1,2 millóns de euros para avanzar na tramitación necesaria para a construción de vivendas de promoción pública nas rúas Chantada e Ignacio Groba; ou a súa aposta pola recuperación do Casco Vello, aportando máis de 3 millóns de euros entre os investimentos do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a construción do edificio institucional e de I+D+i da Universidade de Vigo na praza do Berbés.

“Trátase de proxectos reais que se van a levar a cabo”, valorou o delegado, contrapoñendo así as contas municipais que “son de papel porque Caballero non as executa”, dixo. “Non existe na cidade ningunha gran infraestrutura feita polo goberno local nos últimos anos”, sinalou. Non se esqueceu así López-Chaves das partidas que se contemplan para os grandes proxectos da Xunta na cidade e que van a ser unha realidade, coma é o caso da Cidade da Xustiza no antigo edificio do Hospital Xeral (4 millóns de euros); a ampliación do IES de Teis e do CEIP de Navia (2 millóns de euros), xa en execución; a estación intermodal (350.000 euros); a EDAR do Lagares (7,4 millóns); o Hospital Público Álvaro Cunqueiro (HAC), con preto de 10 millóns de euros soamente para equipamento; ou os 2,5 millóns de euros que se dirixirán ao mantemento do Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo.

Por último, o delegado fixo especial fincapé en que con estas contas, Galicia terá por segundo ano consecutivo uns orzamentos expansivos, razoables e responsables puidendo así incrementar a súa capacidade de gasto e, paralelamente, consolidar as baixadas de impostos, todo o contrario que fai Abel Caballero dende o Concello de Vigo. “Mentres Caballero sube os impostos, a Xunta os baixa”, sentenciou o delegado.  

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: