LÓPEZ-CHAVES MANTIVO UN ENCONTRO INSTITUCIONAL CO ALCALDE DE REDONDELA, ONDE ANALIZARON A SITUACIÓN DA ÁREA METROPOLITANA

  • 05122016_delegvisitaredondelaCon motivo do seu nomeamento, o delegado da Xunta realizou a primeira visita ao segundo concello en poboación da área territorial tras non obter resposta de Vigo
  • Delegado e alcalde estudaron os proxectos que están en marcha e os que se van a iniciar a principios de ano, coma é o caso da mellora da Avenida de Vigo
  • Javier Bas trasladoulle tamén o seu malestar pola situación actual da Área Metropolitana e o incumprimento por parte do alcalde de Vigo de incorporarse ao Plan de Transporte Metropolitano

Vigo, 05 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un primeiro encontro institucional co alcalde de Redondela, Javier Bas, con motivo do seu nomeamento.

Coma explicou o representante da Administración autonómica en Vigo e a súa área, realizou a súa primeira visita ao segundo concello en poboación da área territorial tras non obter resposta á petición de entrevista feita ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, nada máis tomar posesión do seu cargo o pasado 21 de novembro.  

Deste xeito, López-Chaves e Javier Bas analizaron polo miúdo os principais proxectos que contan coa colaboración da Xunta e que nestes momentos ten o Concello de Redondela enriba da mesa, como é o caso dos Programas e Obradoiros de Emprego pero tamén os próximos que se van a iniciar a principios do vindeiro ano 2017. Este é o caso, por exemplo, do proxecto de mellora da travesía que vai de Chapela a Vigo, a PO-323, ou Avenida de Vigo, que xa se atopa en fase de adxudicación coa estimación de iniciar as obras a principios de ano. “Manter a relación institucional é o máis adecuado entre administracións”, considerou o delegado.

Hai que lembrar que se trata dun investimento que ascende a 2,3 millóns de euros, do que case un 80% será achegado pola Xunta. O 20% restante, arredor duns 485.000 euros, que se corresponden co custo das melloras dos servizos de saneamento e pluviais, serán financiados polo Concello de Redondela. As obras consistirán na primeira fase de reurbanización da estrada ao longo de 1 km e incluirán a renovación integral das beirarrúas, que serán ampliadas para facilitar o tránsito de peóns nesta zona no contorno do Mercado Municipal e da Alameda. Contémplase tamén a mellora da totalidade dos servizos urbanos: abastecemento, saneamento, alumeado e canalizacións eléctricas. Tamén se actuará na intersección, onde se atopa o acceso a Pescanova, para facilitar a saída dos camións.

Área e Transporte Metropolitano

O alcalde tamén lle trasladou ao delegado o seu malestar pola situación actual na que se atopa a Área Metropolitana e o incumprimento, por parte do alcalde de Vigo, de incorporarse ao Plan de Transporte Metropolitano coma condición previa para a posta en marcha da Área Metropolitana. Na opinión de López-Chaves, a Xunta está a ver “con estupor” cómo o rexedor vigués “firma convenios que logo incumpre”. Entende así o malestar do alcalde de Redondela porque isto supón que os seus veciños “teñen que pagar máis polo transporte”.

Lembrou así o acordo ao que se chegou o pasado 22 de febreiro na Delegación da Xunta, onde os 14 alcaldes da área e a Xunta chegaron a un importante consenso con respecto á entrada de Vigo ao PTM, que ademais quedou rubricado. É por isto polo que reclamou que  “non haxa discriminación” entre os veciños e veciñas de todos os concellos e que “todos poidan disfrutar en igualdade de condicións do transporte metropolitano e que funcione coma funciona en todas as cidades de Galicia”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: