LÓPEZ-CHAVES: “CABALLERO LEVA 450 DÍAS BUSCANDO ESCUSAS PARA NON CONSTRUÍR O APARCADOIRO QUE COMPROMETEU NO HOSPITAL”
- O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, lembrou que o alcalde de Vigo ten sen adxudicar a obra pese a que a anunciou hai máis de un ano
- López-Chaves sinala que a Xunta foi dilixente na petición e devolución da documentación administrativa necesaria e recorda que o Concello tardou 7 meses en presentar o proxecto ante Augas de Galicia
Vigo, 07 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, saíu hoxe ao paso das declaracións feitas polo alcalde da cidade, Abel Caballero, ao respecto do aparcadoiro municipal que comprometeu nas inmediacións do Hospital Público Álvaro Cunqueiro (HAC).
López-Chaves considerou que o rexedor vigués “leva 450 días buscando escusas para non construír o aparcadoiro que comprometeu” no contorno do HAC e nuns terreos cedidos gratuitamente por Zona Franca.
O delegado sinalou que, unha vez máis, Caballero “falta á verdade” porque foi o Concello de Vigo o que tardou máis de 7 meses en remitir o proxecto a Augas de Galicia, de xeito que “non se puido tramitar sen que o envíe a Administración interesada”. “Neste caso parece que o interesado tiña pouco interese porque tardou 7 meses en envialo”, dixo López-Chaves.
Por último, quixo deixar claro que a Administración autonómica foi dilixente coa petición e devolución da documentación administrativa necesaria e relativa ao proxecto do aparcadoiro municipal. “Un proxecto que”, coma matizou o delegado, “anunciou hai máis de un ano pero que aínda non adxudicou nin iniciou as obras”. “Sucedeu o mesmo co aparcadoiro que anunciou e ía a construír en Bouzas e que nada máis se soubo del”, finalizou.
LÓPEZ-CHAVES MANTIVO UN ENCONTRO INSTITUCIONAL CO ALCALDE DE SOUTOMAIOR, ONDE ANALIZARON A SITUACIÓN DA ÁREA METROPOLITANA
Con motivo do seu nomeamento, o delegado da Xunta realizou unha visita ao municipio para estudar os proxectos executados e os que se atopan en marcha, como é o caso do novo IES de Soutomaior
- Tamén trataron a situación actual da Área Metropolitana e o incumprimento por parte do alcalde de Vigo de incorporarse ao Plan de Transporte Metropolitano
Vigo, 07 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un encontro institucional co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, con motivo do seu nomeamento o pasado 21 de novembro.
No transcurso da reunión, alcalde e delegado analizaron polo miúdo as principais obras executadas e que contaron coa colaboración da Xunta nos últimos meses, coma foi o caso do novo parque infantil de Arcade ou as dúas sendas peonís e ciclistas na PO-244, pero tamén os novos proxectos que nestes momentos ten o Concello de Soutomaior enriba da mesa, coma o Obradoiro de Emprego Hostalería Verdugo –que se iniciará nas vindeiras semanas- o saneamento en Pereira (barrio de Rial) e as obras do novo IES de Soutomaior, que xa se atopan en execución e que contan cunha importante partida económica nos Orzamentos do ano 2017.
A obra de construción do novo IES de Soutomaior comezou o pasado 24 de setembro e conta cun prazo de execución de 18 meses. O seu investimento supera os 5,3 millóns de euros. O obxectivo desta actuación é dar resposta ás necesidades crecentes de prazas de escolarización do concello ademais de contribuír a desconxestionar o actual CPI Manuel Padín Truiteiro, permitindo que este centro se centre nas ensinanzas de infantil e primaria.
Terá capacidade para 480 alumnos, con 12 unidades de ESO e 4 de Bacharelato. Albergará 16 aulas polivalentes, 3 aulas de desdobre e 2 de apoio educativo, aula taller de tecnoloxía, aula de música, aula de informática, aula de plástica, biblioteca, 4 seminarios, 3 laboratorios, ximnasio, vestiarios e aseos, así como zona de administración con despacho de dirección, xefatura de estudios e secretaria, sala de profesores, despacho de orientación, sala de ANPAS e sala conserxería. Ademais, contará con zonas de servizos comúns como cafetería, sala polivalente así como cuartos de instalacións e de lixo.
Área e Transporte Metropolitano
O alcalde tamén lle trasladou ao delegado o seu malestar pola situación actual na que se atopa a Área Metropolitana e o incumprimento, por parte do alcalde de Vigo, de incorporarse ao Plan de Transporte Metropolitano coma condición previa para a posta en marcha da Área Metropolitana.
López-Chaves sinalou que é unha “situación inexplicable” posto que os veciños e veciñas de Soutomaior están a perder importantes descontos –que chegarían a superar os 500 euros anuais- pola negativa de Vigo a incorporarse ao PTM coma así comprometeu, e mesmo rubricou, ante aos rexedores da área o pasado 22 de febreiro e coma tamén acordou coa firma do convenio o pasado 6 de xullo.
É por isto polo que reclamou que “non haxa discriminación” entre os veciños e veciñas de todos os concellos da área e que “todos poidan disfrutar en igualdade de condicións do transporte metropolitano e que funcione coma funciona en todas as cidades de Galicia”.
Absolven un folguista do metal para o que pedían tres anos de prisión por un delito contra a liberdade sindical en 2009
A xuíza considera que non existen probas e pon en entredito a credibilidade da acusación
Vigo – 07 Dec 2016
O Xulgado do Penal número 1 de Vigo absolveu un traballador acusado dun delito contra a liberdade sindical pola súa participación na folga do metal de 2009 ao entender que nin existen probas contra el nin se pode acreditar que sexa a persoa que aparece na imaxes analizadas durante o xuízo. A sentenza pon en entredito a credibilidade do empresario, que exercía de acusación particular, xa que sete anos despois dos sucesos “é capaz de concretar feitos que se lle escapan no momento da denuncia sendo máis inmediatos, ademais de incorrer en contradicións inexplicábeis”.
A resolución xudicial, contra a que cabe recurso de apelación diante da Audiencia Provincial de Pontevedra, decreta a absolución do empregado de Electricidad EYP e afiliado da CIG acusado dos delitos de limitación do exercicio da liberdade sindical co agravante do uso da violencia, invasión de persoa xurídica e danos.
A maxistrada desatende a petición de tres anos de cadea e 3000 euros de multa que reclamaba a acusación particular, exercida polo propietario da empresa, ao entender que ademais de que os feitos xulgados xa prescribiron “non existen probas contra o acusado e as testemuñas de cargo son os axentes policiais e o denunciante, que acudiron ao lugar despois dos feitos, polo que non o viron cometer os feitos que se lle imputan”.
A xuíza vai máis alá na súa sentenza, chegando a poñer en entredito a credibilidade da acusación particular xa que sete anos despois dos sucesos xulgados “é capaz de concretar feitos que se lle escapan no momento da denuncia sendo máis inmediatos, ademais de incorrer en contradicións inexplicábeis, como que no seu día dixo que no exterior da empresa había 8 ou 10 persoas e logo no plenario declara que eran máis de 40”. Ademais, salienta que despois da reproducción das reportaxes fotográfica e videográfica no acto do xuízo oral non se pode establecer que a persoa que aparece nas imaxes sexa o acusado.
Satisfacción na CIG-Industria
Dende a federación de Industria da CIG amosaron a súa satisfacción pola sentenza que absolve o a traballador ao entender que nunca debeu ser xulgado xa que as acusacións na súa contra teñen unicamente “un afán criminalizador da loita sindical”.
Segundo indica o secretario comarcal da CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández, este tipo de sucesos “son consecuencia do endurecemento da represión contra a clase obreira auspiciada polo Estado mediante a promulgación de leis feitas a medida da patronal”.
Así, lembra que a central está a desenvolver diferentes campañas para denunciar a aprobación de normas como a Lei Mordaza ou a reforma do Código Penal, “que van no sentido de limitar o dereito de folga e manifestación para impedir a resposta social á eliminación de dereitos”.
Giancarlo Guerrero e a Orquesta Sinfónica de Galicia pechan a tempada de música clásica de Afundación
O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro 15 de decembro, ás 20.30 h, un concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia que, nesta ocasión, será dirixida por Giancarlo Guerrero e contará coa participación de Isabelle Faust ao violín. Con esta actuación dáse por concluída a tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación interpretará Concerto para violín en re maior, op. 61 e a Sinfonía núm. 7 en la maior, op.92, ambas de Ludwig Van Beethoven (1770-1827). As entradas están xa á venda a través das canles habituais da entidade, en Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500, para todas aquelas persoas que non tivesen adquirido o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais.
O CONSELLEIRO DE FACENDA DESTACA QUE OS ORZAMENTOS PARA 2017 PERMITIRÁN REFORZAR “UNHA RECUPERACIÓN ECONÓMICA COMPLETA”
Valeriano Martínez sinala que a capacidade de gasto da Xunta medrará en preto de 300 millóns de euros grazas ao aumento dos ingresos e ao aforro dos xuros da débeda
- As prioridades o vindeiro ano seguirán sendo crear máis emprego, fortalecer os servizos públicos e afondar no reequilibrio territorial de Galicia
- O titular de Facenda subliñou que 2017 será o ano no que a Comunidade Autónoma recuperará os niveis de PIB previos á crise
- Incidiu en que “a folla de ruta da Xunta está trazada no Plan Estratéxico”, que prevé medrar no entorno do 2,5% anual e crear 100.000 empregos ata 2020
- No eido de Facenda resaltou a posta en marcha do Tribunal Administrativo de Contratación Pública, o reforzo da Axencia Tributaria de Galicia e a unificación dos servizos informáticos da Xunta de Galicia
- O conselleiro compareceu esta mañá na comisión 3ª do Parlamento
Noticias Diciembre | Mataparty, Gira de Guerrera, Bala, Infraseries, …
El pasado 19 de noviembre celebramos nuestro sexto aniversario en la sala Capitol de Santiago de Compostela. Por primera vez la Mataparty tenía lugar en Galicia, y fue inolvidable. Muchas gracias a todo el mundo que se acercó a pasar la noche con nosotros disfrutando de los conciertos de Puma Pumku, Bala, Guerrera y Malandrómeda.
Gira de presentación del nuevo álbum de Guerrera |
Guerrera vuelven a la carga, y su nuevo disco viene acompañado de una serie de conciertos que empieza esta misma semana. Además el disco ya está disponible en formato físico en la tienda de Matapadre, y en todas las plataformas digitales: Bandcamp, Deezer, iTunes, Spotify |
|
A ALCALDESA E O CONCELLEIRO DE INDUSTRIA MANTEÑEN UNHA XUNTANZA COS RESPONSÁBEIS DE FRIGOLOURO E COMPROMÉTENSE A TRABALLAR PARA QUE A XUNTA APORTE MÁIS AXUDAS Á PLANTA, QUE SEGUIRÁ EN O PORRIÑO
A alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo, Industria e Comercio mantiveron este luns unha xuntanza con responsábeis de Frigolouro, nas oficinas da empresa, tal e como se comprometera Eva García de la Torre cos representantes dos traballadores.
Na reunión, que a alcaldesa cualifica de “cordial, sincera e directa”, as dúas partes acordaron “remar na mesma dirección”, co obxectivo de que Frigolouro siga en O Porriño, ao cal comprometéronse os directivos da firma.
Na xuntanza, “aberta a todos os temas”, os responsábeis de Frigolouro salientaron a necesidade de que a factoría teña opción de concorrer ás axudas aprobadas polo Goberno de Galicia para as empresas agropecuarias, de cara a que a planta de envasado poida establecerse en O Porriño e non radicarse en Portugal, como anunciara Coren, propietaria de Frigolouro, a principios do mes pasado.
García de la Torre amosou a súa total disposición a involucrarse en lograr este obxectivo e ofreceu “a completa implicación do Concello” nas xestións necesarias para que esas axudas sexan unha realidade, aínda que, subliñou,“o Goberno local non se quedaría satisfeito se Frigolouro se limita a manterse coma ata o degora, senón que é necesario que siga investindo no Porriño e manteña, mesmo aumente, o número de empregos na vila”.
Tamén tratouse a cuestión das condicións laborais que, sinalou a alcaldesa, ademais de entre a empresa e os representantes dos traballadores, será tema da reunión, que terá lugar nuns días, á que están citados o Goberno de Galicia, Frigolouro, o Comité de Persoal, e o propio Concello.