Archive | diciembre 9, 2016

Os estaleiros da Ría de Vigo, en situación crítica a pesar dos anuncios electorais

A CIG denuncia que a carga de traballo prometida pola Xunta “esfumouse” tras as eleccións

Vigo – 09 Dec 2016

A federación de Industria da CIG vén de denunciar a situación crítica que atravesan os principais estaleiros da Ría de Vigo a pesar das promesas electorais que anunciaban carga de traballo para os vindeiros anos. Dende a central critican que unha vez rematadas as eleccións os proxectos “esfumáronse” deixando as gradas sen actividade e avocando as empresas aos ERE.

Na CIG-Industria consideran que se confirmaron as sospeitas expresadas pola central no referente a que os anuncios feitos pola Xunta da man de Pemex eran unicamente un reclamo electoral unha vez que o director xeral da petroleira vén de asegurar que se anula calquera construción encargada a Barreras.

Dende a central lembran que xa en 2012 o PP utilizaba como propaganda electoral para continuar na Xunta unha multitude de anuncios de carga de traballo para o estaleiro, “entre eles o famoso flotel”. Posteriormente, en decembro de 2013 presentaban “a bombo e platillo” a entrada de Pemex como socio maioritario na empresa e prometían carga de traballo para varios anos coa construción dun atuneiro para a compañía Procepsa, ademais dun buque abastecedor e de tres buques tanque.

Mais tres anos despois todos eses proxectos “esfumáronse” e tan só se fixo o flotel, que vén de ser recollido polo director xeral de Pemex, acto no que aproveitou para confirmar a anulación de calquera construción pendente, “certificando as sospeitas que tiñamos na CIG de que non había nada detrás do anuncio electoral do flotel”.

O estaleiro máis importante, sen actividade

“A única realidade nestes momentos é que o estaleiro máis importante da Ría de Vigo queda sen actividade e coa ameaza dun ERE á espera da posíbel confirmación da construción dun minicruceiro de luxo que leva meses anunciándose sen data”. Con todo, aínda confirmándose en datas próximas a chegada deste proxecto non se poderá evitar o peche da empresa durante varios meses.

Ao mesmo tempo, sinalan o acontecido no outro estaleiro de referencia da Ría de Vigo, Factorías Vulcano. “Un día antes das eleccións anuncian a contratación das obras de finalización do ferri rescatado de Sevilla, que levaba tres anos apodrecendo no peirao; pero mes e medio despois segue sen asinarse o contrato, o que está a xenerar dúbidas sobre a súa realización. Neste senso, indican que a un mes do remate do último ERE asinado este buque é a última esperanza que ten o estaleiro de evitar o peche, “polo que agardemos que non quede novamente en propaganda electoral”.

 

ETHEL VÁZQUEZ DESTACA O MARCADO ACENTO SOCIAL DOS ORZAMENTOS DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA PARA 2017, QUE MEDRAN NUN 5% E DESTINAN 9 DE CADA 10 EUROS A INVESTIMENTO REAL PARA AS PERSOAS

A conselleira compareceu no Parlamento para explicar o destino dos 390 millóns de euros que xestionará o seu departamento o vindeiro ano e que concentran os maiores incrementos nas áreas de vivenda e mobilidade

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel V‡zquez, comparecer‡ na Comisi—n 3», Econom’a, Facenda e Orzamentos para presentar as contas do seu departamento para o ano 2017.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel V‡zquez, comparecer‡ na Comisi—n 3», Econom’a, Facenda e Orzamentos para presentar as contas do seu departamento para o ano 2017.

  • Salienta que as contas de 2017 volven apostar polo reequilibrio territorial cun 44% máis de investimento per capita ás provincias interiores que ás atlánticas
  • Remarca o incremento dun 9% do orzamento para mellorar a mobilidade dos galegos, iniciando en agosto a reordenación do sector do transporte público coa integración de servizos e a implantación de servizos á demanda
  • “Trátase de levar o autobús, ou microbús, ou taxi, onde sexa preciso cando sexa preciso”, apunta
  • Pon en valor o aumento do 4,3% da partida do Plan de Transporte Metropolitano para a posta en marcha das áreas de Pontevedra e Ourense e para o programa Xente Nova, co que  31.000 menores de 19 anos viaxan gratis no interurbano
  • Salienta que o investimento previsto para as intermodais permitirá iniciar as obras das tres primeiras estacións en 2017
  • Subliña a redución do 17,3% do gasto financeiro en materia de vivenda, un departamento que aumenta nun 8% a súa capacidade de investimento, con 10 millóns de euros para facilitar o acceso a un fogar reforzando as medidas existentes e creando outras como o programa ‘Rehaluga’
  • Avanza o reforzo dos programas de prevención da exclusión residencial e a construción de vivendas de promoción pública en Vigo, A Coruña e Ourense, onde tamén se desenvolverán obras de rehabilitación no casco vello, ao igual que en Betanzos, Lugo e en Mondoñedo, a través do novo programa ‘Rexurbe’
  • Destinaranse 40 millóns á conservación da rede autonómica de estradas e ao aseguramento do Plan de Vialidade Invernal
  • O vindeiro ano a Xunta investirá 22 millóns de euros para avanzar na execución da autovía do Morrazo, prevéndose o remate do primeiro treito, o impulso do segundo e o inicio do terceiro tramo
  • Executarase unha mellora das estradas cunha partida para o Plan de Reforzos de Firme, dotada con 15,5 millóns, que permitirá actuar en 700 km

 

Santiago, 9 de decembro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destaca o marcado acento social dos orzamentos do seu departamento para 2017, que medran nun 5% e destinan 9 de cada 10 euros a investimento real para as persoas. Así o sinalou hoxe durante a súa comparecencia na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para presentar as contas da consellería para o vindeiro exercicio.

Vázquez Mourelle concretou que estes presupostos contribúen de xeito notable ao equilibrio territorial, posto que as provincias interiores percibirán un investimento per cápita un 44% maior que as atlánticas.

Posta en marcha da reordenación e modernizacion do transporte público

A conselleira subliñou que o vindeiro ano impulsaranse ás infraestruturas de transporte pero, especialmente, a calidade dos servizos de viaxeiros, xa que un transporte público que dea resposta ás necesidades reais converte un conxunto de concellos limítrofes nunha área metropolitana e fai do rural un lugar máis interesante para vivir.

A Xunta está a asumir o que poida ser o maior reto en materia de transporte público de viaxeiros de Galicia dos últimos tempos: a reordenación e modernización deste sector. Dos 19,3 millóns de euros que recolle o proxecto de orzamentos para a Dirección Xeral de Mobilidade, destinarase case un millón aos estudos por zonas e en agosto de 2017 xa se comezarán a implantar os primeiros servizos de acordo con este novo esquema.

O obxectivo final desta iniciativa é acadar servizos eficientes que dean resposta real a demandas reais, xa que un autobús baleiro non é sostible economicamente, ambientalmente nin socialmente. “Trátase de levar o autobús ou o microbús ou o taxi onde sexa preciso cando sexa preciso”, indicou a conselleira.

Ampliación do Plan de Transporte Metropolitano

O Goberno galego tamén continuará apostando polo Plan de Transporte Metropolitano, ao que se destina o 54% do orzamento neste capítulo, cun incremento orzamentario do 4,3% para o programa Xente Nova, grazas ao que 31.000 menores de 19 anos xa viaxan gratis no transporte metropolitano interurbano gratuíto.

A Xunta tamén traballará para estender os beneficios do Plan de transporte metropolitano nas áreas nas que aínda non está implantado – Ourense e Pontevedra – e amplialo a máis concellos, comezando por esixir ao Concello de Vigo que cumpra os compromisos asinados.

Cómpre destacar que no que se refire a investimentos nesta materia, pasouse de 6 millóns en 2014 a 10,5 en 2017, unha clara aposta pola extensión das vantaxes do plan de transporte metropolitano, das que xa desfrutan en 65 concellos  que supoñen a metade da poboación de Galicia e que rexistra máis de un millón de viaxeiros cada mes.

A Consellería de Infraestruturas tamén contempla para o vindeiro exercicio a mellora do acceso das liñas interurbanas ao centro das cidades, en colaboración cos Concellos e de cara a achegar as persoas ao seu destino final, eliminando transbordos innecesarios. Ademais, implantarase un sistema de axuda á explotación que permitirá aos usuarios coñecer a oferta en tempo real a través dunha aplicación móbil e poñeranse en marcha novas vantaxes do billete integrado tren+bus para mellorar a conectividade dos nosos aeroportos.

Impulso da intermodalidade nas sete cidades

Ethel Vázquez reiterou o compromiso do seu departamento co impulso das intermodalidade entre os distintos sistemas de transporte nas sete cidades galegas, un obxectivo compartido coa propia Comisión Europea e para o que xa hai consignados 51 millóns de euros plurianuais grazas ao traballo feito cos fondos FEDER.

Concretamente en 2017 destinaranse preto 1,7 millóns para acadar neste ano aos estudos, proxectos construtivos e iniciar as obras das tres primeiras estacións intermodais.

Reforzo das partidas para facilitar o acceso á vivenda

A responsable de Infraestruturas salientou a redución do 17,3% do gasto financeiro en materia de vivenda, un departamento que aumenta nun 8% a súa capacidade de investimento, con 10 millóns de euros para facilitar o acceso a un fogar, reforzando as medidas existentes e creando outras como o programa ‘Rehaluga’.

No que se refire aos programas sociais, seguiranse impulsando as 12 medidas adoptadas pola administración autonómica para conseguir que ningunha familia galega se vexa privada do dereito á vivenda por non poder pagar a súa hipoteca ou o alugueiro.

Cómpre lembrar que o Programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias, que xa deu cobertura ao 100 por cento dos solicitantes que cumprían os requisitos, continuará ofrecendo as mesmas garantías no futuro.

A Xunta tamén continuará coa promoción pública da vivenda, tanto a través da construción de novos inmobles, como coa rehabilitación de edificios existentes. Destinaranse 3,1 millóns para construción de vivendas de promoción pública en Vigo, A Coruña e Ourense.

O Goberno galego creou o Bono de Aluguer Social, para a atención a quen non ten capacidade para pagar o alugueiro da súa vivenda, e xa son preto de 200 as familias que se benefician desta axuda. A proposta de  orzamento para 2017 prevé unha convocatoria por 2,2 millóns, cun incremento de máis do 46% .

Ethel Vázquez sinalou que se dará un novo impulso ao Programa de Vivendas Baleiras. Un total de 26 concellos xa se acolleron ao programa con medidas que fan interesante incluír no mercado do alugueiro social vivendas que actualmente están desocupadas.

Incremento do 19% dos fondos de rehabilitación

Outro punto clave no eido da vivenda é a rehabilitación, tal como amosa o orzamento para 2017 que comprende para este fin un total de 29,13 M€ cun incremento do 19% para dar continuidade das áreas de rehabilitación integral, entre as que destaca a Área dos Camiños de Santiago, que supoñen unha aposta clara pola cooperación entre institucións e particulares que medra máis do 31  % respecto de 2016.

Coas cifras anteriormente mencionada tamén se poderá potenciar o Programa Rexurbe, no que se aglutinarán as obras de rehabilitación directa realizadas directamente e que en 2017 abordará obras nos cascos históricos de Betanzos, Mondoñedo, Ourense e Lugo (Tinería).

A conselleira adiantou que o próximo ano crearanse dous novos programas de rehabilitación: de antigas Vivendas Mestres e outros oficios e Rehaluga, axudas para a restauración de vivendas para incorporar ao programa de Vivendas Baleiras complementándoo ao animar aínda máis aos propietarios.

A Xunta promocionará o solo residencial, no que a principal novidade corresponde  San Paio de Navia, en Vigo. En 2017 continuarase coa adquisición de solo e iniciaranse as obras da primeira fase da ampliación, cunha dotación de 5,5 M/€.

Ademais, prevese que Xestur faga as achegas correspondentes á urbanización do parque ofimático – 1,9 M€ – cando o Concello da Coruña retome as obras.

Aposta renovada por facilitar o acceso ao solo empresarial

A Xunta continuará ofrecendo solo con bonificacións do 30 ou 50 por cento, así como en réxime de dereito de superficie, con cotas anuais practicamente simbólicas.  As bonificacións aplicadas permitiron que o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Xestur adxudicasen máis de 708.000 metros cadrados de solo entre 2015 e 2016 e grazasa isto, estanse a mobilizar un investimento inducido de máis de 430 M€ e a creando máis de 14.000 postos de traballo.

Para novas actuacións en solo empresarial, na proposta de orzamento 2017 inclúense 18,13 M€ destinados á PLISAN, onde continuarán as obras da primeira fase dos servizos xerais, xa adxudicadas, e a urbanización da zona Loxístico-Empresarial (LE), cunha dotación de 12,8 M€; o remate de obras de urbanización nos parques empresariais de Quiroga e Taboada, con 1,2 M€; e prevese retomar o parque empresarial de Morás, en Arteixo, iniciando a execución dunha primeira fase do mesmo, cun orzamento de  4 M€.

Novo impulso á vertebración do territorio

A Axencia Galega de Infraestruturas aumenta un 2,1% o investimento a través de programas orzamentarios, apostando por seguir vertebrando Galicia a través dunhas vías de alta capacidade que melloran a mobilidade e liberan tráfico das zonas urbanas; garantindo a mellor conservación da rede viaria de titularidade autonómica; e priorizando a mellora da seguridade viaria para todos os usuarios das estradas, sobre todo, para os máis vulnerables, como son os peóns e os ciclistas:

Vázquez lembrou que a rede de alta capacidade acadará os 520,96 km nos vindeiros días coa posta en servizo do treito Celeiro – San Cibrao da VAC da Costa Norte, uns quilómetros nos que tamén suman os 27 da Autovía da Costa da Morte que hoxe xa é unha realidade.

Para os vindeiros anos esta rede continuarase estendendo, e ademais mellorará a súa calidade, xa que cómpre subliñar o maior esforzo investidor no ano 2017 para a Autovía do Morrazo, con 22 M€, dado que coincidirán as obras dos tres treitos, cumpríndose así o compromiso para a execución desta infraestrutura. Os orzamentos permiten a licitación, adxudicación e inicio das obras do treito III, unha vez xa redactado o proxecto construtivo, e mentres, poñerase en servizo o treito I e avanzarase na execución do treito II.

Ademais, o proxecto de orzamentos permitirá avanzar noutros eixes que se prevén desenvolver nesta lexislatura: na redacción dos proxectos construtivos da conversión en autovía do corredor Nadela – Sarria, da continuidade da Autovía da Costa da Morte e da VAC Tui – A Guarda, entre outros.

Outra actuación para a que tamén se segue coa súa programación prevista é coa conexión entre o polígono de San Cibrao e a A-52 e ademais, iniciaranse en 2017 as obras da Variante de Aradas, en Santiago, cuxa licitación terá lugar nas vindeiras semanas.

Conservación de estradas e reforzo dos firmes    

A Consellería de Infraestruturas mantén blindadas as súas contas para garantir a seguridade nas estradas, polo que uns 40 millóns destinaranse á conservación da rede autonómica de estradas e aseguramento do Plan de Vialidade Invernal.

Tamén o vindeiro ano se executará unha intensa campaña de mellora das estradas autonómicas, cunha nova partida orzamentaria específica para o Plan de Reforzos de Firme, dotada con 15,5 M€, que permitirá actuar en 700 km dos 5.500 km da rede autonómica.

No ano 2017 tomará un importante pulo a execución das obras planificadas, cunha previsión de investimento de máis de 10,5 M€ para o Plan de Sendas de Galicia. Traballarase en moitos máis itinerarios, destacando por sinalar algúns as sendas entre Carballo e Bértoa, a pasarela sobre a mesma estrada na zona de Agrela en A Coruña, ou entre Gondomar e Ramallosa no Val Miñor. Este Plan permitirá habilitar no ano 2020 os 170 quilómetros que prevé o Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016 – 2020.

O Teatro Afundación de Vigo acollerá, a partir do luns, a representación de monicreques De fábula, historias con ensinanza

artello-de-fabulaAfundación presenta a partir do luns 12 de decembro, e ata o 16, no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13), a representación de monicrequesDe fábula, dentro da programación para escolares da Área Educativa da entidade. 4.200 escolares procedentes de 68 centros da cidade e arredores participan desta iniciativa estruturada en dúas funcións diarias, ás 10.00 e ás 12.00 h. respectivamente. A compañía Artello-Teatro alla scala 1:5 mergúllanos no mundo das fábulas clásicas onde a aprendizaxe é o máis importante.

Afundación pecha a tempada de teatro coa representación de Héroes

O vindeiro 18 de decembro clausurase, con Héroes, a tempada de teatro deAfundación en Vigo. Esta obra de gran prestixio internacional, dirixida por Tamzin Towsend e escrita por Gérald Sibleyras, conta a historia de tres veteranos de guerra que pasan os seus últimos días nun hospital militar. A función terá lugar ás 19.30 h. no Teatro Afundación de Vigo (rúa Policarpo Sanz, 13), e as entradas poden adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación: en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.

elrow desvela que Amnesia será su nueva residencia en Ibiza

La unión promete ser una de las más explosivas de la temporada de verano 2017
Las entradas para la esperada fiesta de apertura ya están a la venta aquí

 

Barcelona, 7 de Diciembre de 2016.- Tras haber cerrado su temporada de verano más exitosa en Ibiza logrando diez ‘sold out’ consecutivos y despedirse de Space, club en el que ha tenido su residencia durante los últimos tres años, elrow, famosos por revolucionar el mundo del entretenimiento nocturno, y Amnesia, el legendario club de Ibiza, anuncian que unen sus fuerzas en una propuesta de ocio que llevará los espectáculos 100% inmersivos y rocambolescos de la familia Arnau, a la sala de Sant Antoni, representante de la esencia y la historia de la isla blanca, durante todos los sábados de la temporada de verano 2017.

A lo largo de 18 noches, desde el 3 de Junio al 30 de Septiembre de 2017, tanto la sala principal como la terraza de Amnesia, célebre por sus amplias zonas vip y perfecta para albergar decorados y escenarios de grandes dimensiones, se pondrán a disposición de elrow. Su equipo de producción y escenografía ya está trabajando en la isla para transformar la sala por completo y trasladar al público a un ambiente totalmente único y diferente durante cada show con sus decorados y atrezzo inverosímiles, sus performances de teatro callejero, su equipo de animación y sus ya célebres lluvias de juguetes inflables y toneladas de confeti.

elrow con su show ‘Nomads, New World’ en el closing de Space Ibiza 2016.

elrowcity’, el último concepto de los Arnau que recupera la antigua fórmula “all night long” con un único artista de renombre internacional a cargo de la sesión y una puesta en escena propia ambientada en su ciudad de origen, se apoderará de la sala principal del club mientras que la terraza albergará cada noche uno de sus shows temáticos como ‘From Lost to the River’, ‘Sambodromo do Brasil’, ‘Bollywood’, ‘Singermorning’, ‘Feria de Abril’, ‘Pychedelic Trip’, o ‘Rowlympic Games’.

Aunque la programación oficial será desvelada en los próximos meses, elrow avanza que el primer capítulo de su aventura en Amnesia será épico y que las sesiones de grandes figuras de la electrónica mundial están garantizadas.

“Tras muchos años de amistad con la familia Martin, estamos muy contentos e ilusionados de que el club más increíble del mundo y la fiesta más loca y estrambótica del momento se alíen creando una combinación explosiva  que será memorable. Vamos a conseguir que el público reviva la esencia y el espíritu alocado que siempre ha representado a la isla blanca”, declara Juan Arnau, CEO de elrowFamily. “Ambas teníamos muchísimas ganas de trabajar juntas, y estamos muy ilusionados de ver este año a una de las mejores fiestas del mundo en una de las salas más emblemáticas de la isla! Compartimos las ganas, la identidad y sobretodo el amor por la música! No imaginamos una relación más perfecta en ningún otro lugar!” añade Amnesia Ibiza.

Puedes ver el vídeo del anuncio oficial en este enlace y descargarte la versión en inglés de la nota de prensa y fotos en alta resolución aquí.

Acerca de elrowFamily

elrow Family es la marca paraguas de los Arnau, dueños del festival Los Monegros y del legendario club Florida 135. Una familia que lleva más de un siglo dedicada al mundo del espectáculo y que ahora mismo lo está revolucionando con su último proyecto, elrow, un nuevo concepto de entretenimiento nocturno, en el cual la figura del Dj como celebrity y la importancia del cartel se sustituyen por un show temático integral y 100% immersivo que mezcla decoración, animación y teatro con la mejor música electrónica del momento en el que la participación del público es clave.

Acerca de Amnesia Ibiza
Desde el año 1974, Amnesia es un lugar de obligada visita en Ibiza. Es un club que sintetiza la esencia y la historia de la isla, donde tienen lugar las mejores fiestas, con los artistas más importantes del mundo y los espectáculos más vanguardistas. Amnesia Ibiza es una marca que desde hace décadas es sinónimo de interminables noches en vela y fiestas de ensueño, al son de la música electrónica más variada, para todos los amantes de todos los tipos de música de baile.

En La Fábrica: presentaciones y subastas benéficas

LUNES 12 DE DICIEMBRE 19:30h 

LA GRIETA
Presentación
Carlos Spottorno y Guillermo Abril

Vuelven los encuentros del Havana Club 7 Cultura Abierta en La Fábrica, y lo hacen por todo lo alto: con la presentación del libro La Grieta de Carlos Spottorno y Guillermo Abril.

La Grieta es la bitácora de dos reporteros, el fotógrafo Carlos Spottorno y el periodista Guillermo Abril, que durante tres años recorren la frontera desde África hasta el Ártico, con el fin de desentrañar las causas y consecuencias de la crisis de identidad europea. El resultado es una publicación a medio camino entre el fotolibro y la novela gráfica que presenta un ensayo gráfico con un trasfondo geopolítico muy actual.

La Grieta no es una novela gráfica, no es un fotolibro, no es un ensayo… y a la vez lo es todo, La Grieta pertenece a un género que todavía no se ha podido clasificar.

Además de los autores de LA GRIETA, en la presentación estarán presentes: Alberto Anaut,Fernando Marías y Juan Valbuena.  Al finalizar el encuentro, el público asistente podrá disfrutar de unperfect serve de Havana Club 7. +info

¡Te esperamos!
unnamed

LÓPEZ-CHAVES MANTIVO UN ENCONTRO INSTITUCIONAL CO ALCALDE DE BAIONA, ONDE ANALIZARON A SITUACIÓN DA ÁREA METROPOLITANA

  • 09122016_delegvisitabaionaCon motivo do seu nomeamento, o delegado da Xunta realizou unha visita ao municipio para estudar os proxectos executados e os que se atopan en marcha, como é o caso das obras no CEIP Fontes Baíña ou na nova oficina de turismo
  • Fixeron un repaso tamén polas vindeiras obras a executar no 2017, como por exemplo a II fase do plan Hurbe no entorno de Sabarís ou as sendas na PO-552  
  • Trataron ademais a situación actual da Área Metropolitana e o incumprimento por parte do alcalde de Vigo de incorporarse ao Plan de Transporte Metropolitano

Vigo, 09 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un encontro institucional co alcalde de Baiona, Ángel Rodal, con motivo do seu nomeamento o pasado 21 de novembro.

No transcurso da reunión, alcalde e delegado analizaron polo miúdo as principais obras que se atopan en marcha e que contan coa colaboración da Xunta, coma é o caso dos traballos no CEIP Fontes Baíña, en Covaterreña ou na nova oficina de turismo. Ademais, fixeron un repaso polas vindeiras obras que están a piques de iniciarse para o ano 2017, como por exemplo as obras da II fase do plan Hurbe na travesía de Sabarís; a execución das dúas sendas na travesía de Baiona -a PO-552- ou a mellora do saneamento en Santa Marta. En definitiva, investimentos que chegan case aos 2 millóns de euros para o vindeiro ano 2017.

Tamén tiveron verbas especiais para os traballos de sinalización do Camiño Portugués pola Costa e o que supón para o turismo na Vila Real. “Baiona é un concello turístico e vemos a aposta do goberno local por este sector”, valorou o delegado, quen a continuación destacou a boa colaboración existente entre ambos gobernos. “Cando hai relación entre administracións é máis fácil executar as obras”, considerou López-Chaves.

Área e Transporte Metropolitano

Outro dos asuntos que trataron foi a situación da Área e do transporte metropolitano, aspecto no que o alcalde lle trasladou “a súa queixa” polo incumprimento por parte do alcalde de Vigo de incorporarse ao Plan de Transporte Metropolitano coma condición previa para a posta en marcha da Área Metropolitana.

López-Chaves sinalou que a actitude de Abel Caballero de “non cumprir o que firma” e de “non aplicar as vantaxes” do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG) a Vigo e da área soamente leva a que haxa “discriminación” entre os cidadáns de todos os concellos. “É un incumprimento da súa palabra e da súa firma”, sinalou o delegado, quen explicou que nestes momentos os veciños e veciñas de Baiona “están discriminados pagando un billete que non deberían pagar”. Deste xeito, os baioneses e os cidadáns da área están a perder importantes descontos –que chegarían a superar os 500 euros anuais- pola negativa de Vigo a incorporarse ao PTM coma así comprometeu o alcalde de Vigo ante aos rexedores da área o pasado 22 de febreiro e coma tamén rubricou co convenio para incorporarse ao Plan de Transporte Metropolitano o pasado día 6 de xullo. É por isto polo que reclamou que todos os concellos da área poidan disfrutar en igualdade de condicións do transporte metropolitano e que funcione coma funciona en todas as cidades de Galicia.

PRESENTACIÓN DO LIBRO 20.000 leguas de Verne a Vigo

Vigo, 9 de decembro de 2016.- O vindeiro luns, 12 de decembro, na Casa del Libro de Vigo (Velázquez Moreno, 27) terá lugar a presentación de 20.000 leguas de Verne a Vigo. O acto contará coa presenza do autor, Eduardo Rolland.

En 20.000 leguas de Verne a Vigo,  editado por Lobito Bueno, o autor, Eduardo Rolland, segue a singradura do Nautilus na compañía do capitán Nemo para descubrir tesouros afundidos nos mares de todo o mundo, mesmo na ría de Vigo. Conta as dúas visitas que este xenio de Nantes fixo á cidade de Vigo e, a través dos seus narradores, achégase á histórica batalla de Rande.

A obra está especialmente dirixida a un público infantil e xuvenil (a partir dos 9 anos de idade) e contén ilustracións, fotografías e gráficos, aínda que tamén atrapará aos maiores que se acheguen a súa lectura.

PRESENTACIÓN DO LIBRO

20.000 leguas de Verne a Vigo (Eduardo Rolland)

                                        Lobito Bueno editorial

Data:  12 de decembro

Hora:  19.00 h

Lugar: Casa del Libro: Velázquez Moreno, 27. Vigo.

.