Archive | diciembre 11, 2016

Xuntanza da alcaldesa co deputado por Pontevedra e voceiro de Economia no Parlamento de Galicia, Abel Losada, para falar das necesidades do Porriño nos ozamentos da Xunta para 2017

A alcaldesa mantivo unha xuntanza co voceiro de Economía do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Abel Losada, para considerar as necesidades do Concello de cara a que sexan engadidas nas propostas do PSdG para os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2017.

Eva García de la Torre sinalou entre as inversións “imprescindibles” na vila a reforma, mellora e  ampliación do Centro de Saúde, que xa non fora recollido nas contas da Xunta para este 2016, maila a emenda presentada e, o que considera aínda moito máis grave, o feito de que en 2015 a Xunta non acometese as obras maila a a que existía unha partida para facelo nos orzamentos daquel ano.

A alcaldesa, que esixe, cando menos , un investimento de 100.000 € o ano que ven, lembra que o Centro de Saúde do Porriño non ten o persoal necesario, unha situación que se agrava as fins de semana xa que, cando un médico e o persoal sanitario ten que atender unha urxencia fora do centro este queda sen alguén que poida atender aos veciños.

García de la Torre indicou tamén como “fundamental”  que o Goberno de Galicia cumpra coa súa obriga de subvencionar, con 50.000 €, os comedores escolares e lembrou que esta eiva está a ser asumida polo Concello cando a competencia é da Xunta.

A rexedora e o deputado no parlamento pola provincia de Pontevedra estiveron dacordo en que 2017 debe ser o ano no que comece a construción do novo Centro de Ensino de Infantil e Primaria (CEIP) do Porriño, que xa fora unha reclamación en 2015 e 2016 anos nos que pediuse un orzamento de 150.000 € que a Consellería de Educación nunca aprobou.

Por último, Eva García de la Torre, logo de subliñar que é urxente destinar 100.000 € para melloras nas garderías e abrir unha nova no polígono industrial, lembrou que en 2016 a Xunta asignou “cero euros” a O Porriño nos seus orzamentos, o cal cualificou de “intolerable e inadmisible” nun concello que xa superou os 20.000 habitantes, que é dos poucos que medran cada ano, no que se crea emprego e que é un dos referentes industriais e tecnolóxicos de Galicia.