A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA CELEBRA QUE CAIXABANK SE SUME AO GRUPO DE ENTIDADES FINANCEIRAS QUE COLABORA COA XUNTA NA LOITA ACTIVA CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS

Ethel Vázquez e o director territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Benhamou, asinaron esta mañá un convenio de colaboración

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel V‡zquez, acompa–ada do director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto Garc’a, asinar‡ un convenio de colaboraci—n coa entidade CaixaBank.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel V‡zquez, acompa–ada do director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto Garc’a, asinar‡ un convenio de colaboraci—n coa entidade CaixaBank.

  • Co acordo asinado hoxe a entidade se compromete a non realizar desaloxos e permitir que os afectados por execucións hipotecarias sigan ocupando a vivenda a cambio dun alugueiro social de 75 euros ao mes como máximo
  • Ademais, CaixaBank porá á disposición do Goberno galego 20 inmobles desocupados da súa propiedade para ser destinadas tamén ao realoxo de familias con problemas a cambio dunha renda social
  • Previamente Sareb, Abanca, Caixa Rural Galega e Banco Sabadell asinaron un convenio equivalente coa Xunta

 

Santiago, 12 de decembro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, celebrou hoxe que CaixaBank se sume ao grupo de entidades financeiras que colabora coa Xunta na loita activa contra os desafiuzamentos. A responsable de Vivenda do Goberno galego, acompañada polo director do Instituto Galego de Viveda e Solo , Heriberto García, asinou esta mañá co director territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Benhamou, un convenio que busca evitar desafiuzamentos e protexer o dereito constitucional de todos os cidadáns a unha vivenda.

Ethel Vázquez explicou que con este acordo, a entidade se compromete “a loitar activamente” contra os desafiuzamentos e os seus efectos en Galicia, facendo posible que non se leven a cabo execucións hipotecarias que dependan desta e poñendo nas mans do Goberno galego, novas alternativas para atender os casos que máis apoio necesitan para acceder a un fogar.

Así, Caixabank garante a que as familias afectadas por execucións hipotecarias dependentes desta entidade non terán que abandonar a súa vivenda, pese a que non poidan pagala, xa que poderán seguir habitándoa, en réxime de alugueiro social, cunha renda que nunca superará os 75 euros ao mes.

Así mesmo, comprométese a poñer á disposición da Xunta 20 vivendas da súa propiedade para que poidan ser destinadas a alugueiro social, cunha renda non superior aos 125 euros/mes, o que permite contribuír á protección dos afectados.

A conselleira de Infraestruturas concretou que con esta sinatura “continuamos sumando entidades colaboradoras á loita contra os desafiuzamentos; incrementando os medios e os recursos para axudar ás familias; reforzamos a nosa política social de vivenda; e seguimos avanzando para que ningunha familia galega se vexa privada do dereito á vivenda ao non poder pagar a súa hipoteca ou alugueiro”.

Para a Xunta, “a vontade é seguir traballando na busca de solucións sen cesar neste empeño, porque unha soa familia en risco de perder a súa vivenda é razón suficiente para non darnos por satisfeitos e para continuar esforzándonos”, concluíu.   

Esta entidade súmase a outras catro que xa teñen asinado un acordo coa Xunta como son Sareb, Abanca, Caixa Rural Galega e Banco Sabadell.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: