JULIA RODRÍGUEZ, CARLOS GÓMEZ E MARIÁN GARCÍA TOMAN MAÑÁ POSESIÓN DOS SEUS ESCANOS COMO DEPUTADOS DO GRUPO POPULAR

  • O Pleno debaterá, a proposta do Grupo Popular, a creación dunha comisión de investigación sobre as antigas caixas galegas, para rematar os traballos realizados durante a pasada IX lexislatura
  • A iniciativa do Grupo Popular, tamén se solicitará á Xunta o desenvolvemento dunha Estratexia de Infraestrutura Verde e a creación dunha tarxeta específica para os peregrinos a Compostela

Santiago, 12 de decembro de 2016.- Julia Rodríguez Barreira, pola provincia de Lugo; Carlos Gómez Salgado, por Ourense; e Marián García Míguez, por Pontevedra, tomarán mañá ao inicio do Pleno posesión dos seus escanos no Parlamento galego como novos deputados do Grupo Popular.

Estes tres novos deputados suplirán a marcha ao Goberno galego de Susana López Abella (como secretaria xeral de Igualdade), Antonio Rodríguez Miranda (novo secretario xeral de Emigración) e María Nava Castro Domínguez (Directora da Axencia Galega de Turismo).

REMATAR OS TRABALLOS

Así mesmo, o Grupo Popular defenderá na sesión plenaria que se celebra mañá e o mércores dúas proposicións non de lei, ademais da solicitude para a creación dunha comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos.

O obxectivos desta comisión de investigación será rematar os traballos realizados ao longo da pasada IX lexislatura, cando compareceran cerca de 50 persoas e se remitira ao Parlamento galego abundante documentación, principalmente por parte da Xunta de Galicia, sobre as antigas caixas de aforro galego, pero quedou pendente a elaboración do ditame e o seu debate e aprobación.

ESTRATEXIA VERDE E TARXETA PEREGRINO

Ademais, o Grupo Popular defenderá no Pleno o desenvolvemento dunha Estratexia de Infraestrutura Verde que cree unha rede de espazos naturais e seminaturais deseñada e xestionada para protexer a biodiversidade, proporcionar servizos ecosistémicos e incrementar a resiliencia dos ecosistemas.

En segundo lugar, tamén se demandará á Xunta a creación dunha tarxeta dirixida especificamente aos peregrinos a Compostela, que aglutine diferentes servizos de interese para os peregrinos e inclúa, entre outros, entrada única nos museos, facilidades no transporte público e descontos en actividades culturais de ocio e restauración, en comercios e tendas de produtos galegos e de artesanía de Galicia e nos mercados de abastos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: