A XUNTA REITERA A NECESIDADE DE QUE O CONCELLO DE VIGO PRESENTE AS CANCELADORAS HOMOLOGADAS PARA CUMPRIR O SEU COMPROMISO DE INTEGRAR O AUTOBÚS URBANO NO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO

A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e o delegado da Xunta, Ignacio López Chaves, explicaron hoxe en rolda de prensa o agravio comparativo que supón para os usuarios da Área de Transporte Metropolitano de Vigo o incumprimento do convenio asinadotarifa-vigo-cangas-500x350-mm_page1_image4 tarifa-vigo-cangas-500x350-mm_page1_image5

 

  • Para un usuario que viaxa desde Mos a Vigo e despois se despraza pola cidade a bordo do Vitrasa debe pagar 2,17 euros,  mentres que un percorrido equivalente na Área da Coruña supón tan só un gasto de 0,85 céntimos
  • Un vigués que viaxa a Cangas paga 2,16 euros polo autobús e o barco, pero se o urbano estivera integrado, este veciño só abonaría 1,30 euros
  • O Goberno galego agarda que o Concello cumpra cos compromisos establecidos no convenio coa fin de que os veciños da zona se beneficien dos mesmos aforros económicos que os cidadáns das outras áreas
  • Eses aforros posibles elevaríanse en 400 euros máis ao ano por usuario
  • O convenio asinado establece con total claridade o prezo do billete do transporte urbano de Vigo en 0, 86 euros

 

Vigo, 13 de decembro de 2016.- A Xunta de Galicia reiterou hoxe a necesidade de que o Concello de Vigo presente ante a Administración autonómica as canceladoras homologadas para cumprir o seu compromiso de integrar o autobús urbano no Plan de Transporte Metropolitano. Segundo explicou esta mañá a directora xeral de Mobilidade da Xunta, Helena de Lucas, esas dispositivos de cobro homologados aínda non se teñen presentado ante a Xunta de Galicia.

A directora xeral de Mobilidade, e o delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, explicaron esta mañá en rolda de prensa o agravio comparativo que supón para os usuarios da Área de Transporte Metropolitano de Vigo o incumprimento do convenio asinado entre o Goberno Galego, o goberno municipal e a concesionaria do transporte urbano, Vitrasa.

Así, mostrando os exemplos reais de billetes de autobús, Helena de Lucas detallou que un usuario que viaxe desde o Alto de Puxeiros, en Mos, ata Vigo, pagará 0,85 euros coa Tarxeta de Transporte Metropolitano e, ao chegar á cidade, deberá aboar 1,32 euros en efectivo para desprazarse a bordo do autobús urbano. En total, o gasto para ese veciño chega ata 2,17 euros.

Se o Concello de Vigo cumprise o seu compromiso de incorporar o autobús urbano ao Plan de Transporte Metropolitano, ese usuario podería empregar a Tarxeta de Transporte Metropolitano para aboar ambos traxectos e o viaxe no Vitrasa tería custo cero por tratarse dun transbordo, é dicir, o custo total quedaría en 0,85 euros.

Así acontece, segundo explicou De Lucas, no resto das Áreas de Transporte Metropolitano. Como exemplo, referiuse ao custo que ten un percorrido equivalente na Área de Transporte da Coruña. Un usuario que viaxa desde o municipio de Cambre ata a cidade da Coruña debe aboar 0,85 euros coa Tarxeta de Transporte Metropolitano, que pode empregar tamén para, ao chegar a cidade, viaxar sen custo no autobús urbano para chegar ao seu destino.

É dicir, que o custo total dun percorrido equivalente ao que realiza o veciño de Mos pagando 2,17, euros na  Área de Transporte Metropolitano da Coruña sería de tan só 85 céntimos.

López Chaves tamén fixo fincapé na discriminación que está a sufrir a área de Vigo por mor do incumprimento do convenio do Plan de Transporte Metropolitano por parte do alcalde, Abel Caballero, o que tamén está a afectar negativamente aos cidadáns do seu concello.

O delegado territorial indicou que, por exemplo, un vigués que colle o autobús en dirección a Baiona debe utilizar o urbano e o interurbano, polo que debe abonar 2,16 euros, que se traducirían en só 1,30 euros no caso de que o autobús urbano estivera incorporado ao Plan de Transporte Metropolitano.

Outro caso exposto na rolda de prensa é o dun vigués que viaxe a Cangas, que pagará 2,16 euros polo emprego do autobús e o barco. Non obstante, se o Concello de Vigo cumprira as obrigas establecidas no convenio, este veciño só abonaría 1,30 euros, xa que non se achegaría o importe do autobús urbano.

A Xunta reitera a necesidade de que o Concello de Vigo e Vitrasa cumpran o seu compromiso de homologar os dispositivos de cobro para a integración do autobús urbano no Plan de Transporte Metropolitano, co obxectivo de que os veciños de Vigo e da súa área poidan beneficiarse dos mesmos aforros económicos que os cidadáns das outras áreas, na que este servizo xa funciona con éxito. Eses aforros posibles elevaríanse en 400 euros máis ao ano por usuario.

Finalmente, os representantes da Xunta fixeron referencia ás cláusulas do convenio asinado, e nas que se establece con total claridade o prezo do billete do transporte urbano de Vigo en 0, 86 euros. 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: