AAM: este venres ás 20.00 / 6º encontro DIÁLOGOS, con Berta Cáccamo e David Barro

Este venres 16 decembro

Encontro-coloquio con Berta Cáccamo e David Barro

Ciclo “Dialogando coa arte” / Agrupación de Amigos do MARCO

Berta Cáccamo. EXPANSIÓN ENSAIO. Vista de salas no CGAC, Santiago de Compostelaunnamed

Fonte: CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea

Dentro do seu calendario de actividades, a Agrupación de Amigos do MARCO organiza, este venres 16 de decembro, un encontro-coloquio coa artista Berta Cáccamo, participante na exposición MULLERES DO SILENCIO (MARCO, planta baixa) e David Barro, co-comisario de EXPANSIÓN ENSAIO, a mostra individual de Berta Cáccamo inaugurada o pasado 4 de novembro no CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela.

Esta nova charla-coloquio encádrase no ciclo “Dialogando coa arte”, organizado e promovido dende a Agrupación de Amigos do MARCO, cuxo obxectivo é fomentar o vínculo entre os membros da AAM, e afondar en temas relacionados coa creación contemporánea a través de encontros con artistas e profesionais do sector.

6º encontro do ciclo “Dialogando coa arte”

Coa participación de Berta Cáccamo e David Barro

Ás 20.00: charla-coloquio (salón de actos)

 

Exposición

BERTA CÁCCAMO. EXPANSIÓN ENSAIO

4 novembro 2016 – 22 xaneiro 2017

CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela

Comisarios: David Barro e Santiago Olmo

 

De vocación temperá, Berta Cáccamo (Vigo, 1963) creceu nun universo ligado á creación. Considerada unha das pintoras españolas mais importantes da súa xeración, foi capaz de destilar influencias afastadas no tempo, sempre disposta ao debate coa súa obra, cos problemas da arte e coas súas imaxes. Esixente e reflexiva, a súa pintura é produto dunha ollada inqueda, emocional e afectiva. Por iso o título da exposición fala de expansión, xa que a súa obra é ao tempo un proxecto vital, e de ensaio, porque se escribe en presente continuo e se inscribe na memoria da pintura como material fundamental.

+ INFO en http://cgac.xunta.gal/

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: