Actividade Tecendo Lazos para rapaces e persoas maiores

ABERTO, NO CENTRO DA TERCEIRA IDADE, O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ‘TECENDO LAZOS’, UNHA ACTIVIDADE QUE QUERE XUNTAR A MAIORES E RAPACES SEGUINDO A HISTORIA DOS XOGOS E XOGUETES NO PORRIÑO AO LONGO DO TEMPO

tecendo-lazosXa está aberto, no Centro da Terceira Idade, o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que queiran anotarse en ‘Tecendo Lazos’, unha actividade impulsada pola Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello do Porriño, que se realizará os días 22,23,26 e  27 de decembro de 4 a 7 da tarde, e que ten coma obxectivo xuntar a maiores con xoves.

Durante a mesma, as familias construirán xuntas xoguetes tradicionais cos que xogaban os seus maiores, para que as nenas e nenos poidan coñecelos, e que servirá, á súa vez, para facer un repaso á historia. Así mesmo, as e os pequenos terán a oportunidade de mostrarlles ás súas nais e pais os xoguetes e xogos actuais.

‘Tecendo Lazos’ estará composto por varios obradoiros: un de Xogos de Patio, onde os participantes realizarán unha posta en común dos xogos de patio máis utilizados na súa época, tanto nas xeracións mais maiores coma nos máis cativos.

Obradoiro de Creación de Xoguetes, no que os participantes realizarán unha posta en común dos xogos máis utilizados na súa época, e construirán todos xuntos aqueles xoguetes e elementos máis utilizados tanto nos xogos tradicionais da súa zona.

Por último estará o obradoiro e Xogos de Mesa,  realizando unha posta en común dos xogos de mesa tanto das épocas das xeracións de máis idade coma das xeracións máis xoves, unha actividade que, coma todas as de máis, abrangue unha recolleita dos xogos a través do tempo, por suposto, partidas prácticas e, o que é máis importante, a relación destes entretementos coa historia do Porriño.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: