Sorteo Cesta de Nadal de libros na Biblioteca Municipal

cestaA Biblioteca Municipal do Porriño convoca un orixinal sorteo para este Nadal. O premio: unha cesta chea de libros. Dende este luns, día 12 de decembro, ata o vindeiro 5 de xaneiro de 2017, todos os usuarios e usuarias que leven un libro ou película da Biblioteca para casa, entrarán automaticamente, no sorteo dunha gran cesta de Nadal que xa pode verse no mostrador de tránsito da biblioteca.

A cesta está composta por ducias de libros de distintas materias e para todas as idades, unha nutrida colección de obras para ler ao longo do ano que ven, que de seguro farán as delicias da persoa ou da familia afortunada.

Con esta actividade, a Biblioteca Municipal pretende ofrecer aos seus usuarios e usuarias un “agasallo literario”, logo de todo un ano de servizo e complicidade coa cidadanía. Fai uso así deste tipo de populares sorteos clásicos nestas datas, máis propios doutros ámbitos, como un factor dinamizador máis dos seus servizos bibliotecarios nas datas de Nadal.

A persoa agraciada neste singular concurso coñecerase o próximo 9 de xaneiro.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: