Archive | diciembre 14, 2016

Mel nas filloas! o libro de repostería galega mañá en Vigo

Rocío Garrido estará mañá mércores, 14 de decembro ás 19.30, no restaurante de El Corte Inglés, en Vigo, para presentar este libro delicioso cheo de doces e sobremesas co que desfrutar da mellor gastronomía de noso.

 unnamed

Fará un showcooking participativo e falará desas receitas tradicionais dos diferentes puntos da xeografía galega que dende agora podemos facer na casa. Desfrutar dunha boa tarta Llanderas de Vigo, das famosas rosquillas de Gondomar, da poufeira de Ponteareas, do boleardo de Baiona… por destacar algúns dos doces desta zona.

O libro está cheo de sobremesas que a autora, a cociñeira Rocío Garrido, foi recollendo ao longo de Galicia, das persoas que mantiveron viva a tradición das receitas tradicionais, para compendialas neste Mel nas filloas! e que estean ao dispor de todas aquelas persoas que desfruten da cociña e da boa mesa.