Archive | diciembre 15, 2016

O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO ADQUIRIRÁ UN NOVO INMOBLE NO BERBÉS PARA CONTINUAR COA RECUPERACIÓN DO BARRIO HISTÓRICO

  • 15122016_rpccvvO delegado territorial da Xunta e presidente do CCVV informou hoxe que o Comité Executivo do organismo aprobou a adquisición directa do inmoble da Ribeira do Berbés 5 e Peñasco 9, que conforman unha soa finca
  • Tamén se adxudicou unha nova obra en Subida á Costa 5 que ofrecerá 1 nova vivenda e 1 local comercial
  • Continúan os traballos de recuperación en Ferraría 10-12 e 45-47 ademais de iniciarse xa a rehabilitación en Subida ao Castelo 12
  • Para o vindeiro ano 2017 avanzarase nos proxectos de Cruz Verde 8; Ferraría 8 e Cruz Verde 12, onde xa se iniciaron os traballos de demolición e baleirado interior

Vigo, 15 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa para informar dos asuntos tratados no Comité Executivo e no Consello de Administración do organismo participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo.

Na reunión celebrada esta mañá, o Comité Executivo aprobou a adquisición directa do inmoble situado na Ribeira do Berbés 5 e Peñasco 9. Trátase dunha soa parcela que conta cunha superficie de aproximadamente 258 metros cadrados e a súa compravenda fixouse en 350.000 euros.

Segundo a ficha do Pepri, trátase dunha casa mariñeira de planta baixa e piso principal cun pequeno patio nas súas costas onde hoxe existe unha vivenda. Agora mesmo atópase en estado ruinoso e, coma explicou o delegado, este inmoble ven a sumarse aos outros 3 edificios adquiridos polo CCVV nos números 11, 13 e 15 que despois foron cedidos á Universidade de Vigo parq eu constrúa a súa sede. “O obxectivo é recuperar a Fachada do Berbés, abandonada dende hai moitos anos, e o estamos a facer dende o Consorcio”, considerou López-Chaves, matizando que se trata dunha “parte moi importante da cidade”.

Outro dos asuntos acordados foi a adxudicación dunha nova obra de rehabilitación en Subida a Costa 5. Os traballos foron adxudicados por un importe de 221.000 euros e a intervención prevista neste único inmoble redactada polo arquitecto José Luís Díaz Mateo prevé a consecución de 1 vivenda de 2 dormitorios cuns 70 m2 e 1 local comercial de 96 metros cadrados. Conta cun prazo de execución de 1 ano dende a firma do contrato.

Deste xeito, e coma lembrou o presidente do CCVV, estas actuacións veñen a sumarse aos traballos de recuperación que se están a levar a cabo neste ano 2016 nos números 10-12 e 45-47 da rúa Ferraría, cuxas obras xa están moi avanzadas e coas que se conseguirán 6 vivendas e 2 locais comerciais, así coma ás de Subida ao Castelo 12, obra iniciada hai pouco e que ofrecerá outras 4 vivendas máis. En definitiva, e coa adxudicación formalizada hoxe, se está a traballar na recuperación de 11 vivendas e 3 locais comerciais.

Pero coma dixo López-Chaves, o traballo de rehabilitación da zona alta do Casco Vello continúa e no vindeiro ano 2017 avanzarase noutras 3 actuacións que a día de hoxe están en fase de proxecto. Trátase dos inmobles de Ferraría 8, Cruz Verde 8 e Cruz Verde 12, este último en proceso xa de demolición e baleirado interior.

En definitiva, serán máis de 2,6 millóns de euros os que se investirán na rehabilitación do Casco Vello de Vigo a través do CCVV nas seguintes actuacións na Ribeira do Berbés e nas rúas Ferraría, Cruz Verde, Subida ao Castelo e Subida á Costa.

Dende o seu inicio hai máis de 10 anos, o Consorcio Casco Vello de Vigo leva rehabilitadas 99 vivendas e 27 locais comerciais onde xa residen máis de 150 persoas ademais de abrir os seus negocios novos emprendedores.

AIMEN y Factorías Vulcano presentan novedosas técnicas de simulación para optimizar la construcción naval

La finalidad de la Unidad Mixta Innflexion es desarrollar soluciones automatizadas de producción flexibles y de bajo coste para la unión, ensamblaje y rectificado de estructuras navales.foto_jornada

Pie de foto: jornada UMI Innflexion.

GALICIA REDUCIU A SÚA DÉBEDA EN 103 MILLÓNS NO 3º TRIMESTRE E É A ÚNICA COMUNIDADE QUE BAIXOU O ENDEBEDAMENTO NO ÚLTIMO ANO

  • Mantense entre as comunidades con menor nivel de débeda, que diminúe ao 18,7% do PIB fronte ao 24,6% de media autonómica
  • A Xunta mantén estabilizada a débeda galega dende o ano 2014
  • O Banco de España volve confirmar que Galicia é a comunidade autónoma onde menos aumentou o volume de débeda dende 2008
  • Grazas ao control do déficit e da débeda o Goberno galego evitou incrementar a súa débeda en 3.500 millóns de euros

Santiago, 15 de decembro de 2016.- A Comunidade Autónoma de Galicia reduciu a súa débeda en 103 millóns de euros no terceiro trimestre do ano e é a única comunidade autónoma que baixou o seu endebedamento no último ano, segundo mostran os datos oficiais publicados hoxe polo Banco de España.

Galicia mantense entre as comunidades con menor endebedamento de España; de feito, é a quinta comunidade de réxime común -a sexta se se ten en conta ao País Vasco, con réxime foral- coa ratio de débeda/PIB máis baixa.

Esta ratio ao peche do terceiro trimestre baixou en Galicia ao 18,7%, tres décimas inferior ao dato do trimestre anterior (19,0%) e por debaixo do endebedamento que tiña a Comunidade Autónoma hai un ano no mesmo trimestre (18,8%). De feito, só Galicia reduciu este indicador no último ano, mentres no conxunto de España medrou 8 décimas.

O control do déficit que vén efectuando a Xunta dende 2009 ten provocado que Galicia teña agora un endebedamento inferior ao resto de comunidades. A ratio de débeda de Galicia é case seis puntos inferior á media autonómica (24,6%) e permanece estabilizada dende 2014. Esta tendencia positiva continuará no 2017, toda vez que a Xunta mantén o seu compromiso de seguir cumprindo os obxectivos de déficit aprobados no Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF).

En termos absolutos, a débeda galega supón o 3,91% do total de España, posto que dos 271.173 millóns do conxunto das autonomías a Galicia correspóndenlle 10.624, por baixo do peso de Galicia no conxunto do Estado en termos de PIB ou poboación. Ademais, o Banco de España confirma que Galicia é a comunidade que menos aumentou o seu volume de débeda dende o ano 2008.

Grazas ao control da débeda, a Administración galega evitou incrementar a débeda da Comunidade Autónoma en 3.500 millóns de euros. Iso permite á Xunta de Galicia aforrar cada ano 85 millóns de euros en gastos financeiros, recursos que se poden empregar en reforzar o gasto social e os investimentos.

Ademais, tendo en conta a ratio global de débeda -incluíndo a das empresas públicas- o diferencial positivo é aínda maior, xa que este indicador en Galicia é inferior en 4 décimas ao conxunto das comunidades autónomas.

Máis axilidade nos pagos

A Comunidade Autónoma de Galicia está a combinar o control da débeda e do déficit público cunha maior axilidade nos tempos de pagamento aos seus provedores.

De feito, Galicia segue manténdose entre as comunidades autónomas que pagan con máis axilidade aos seus provedores, segundo ratifican os últimos datos publicados polo Ministerio de Hacienda y Función Pública sobre o mes de setembro. O tempo medio de pago situouse en 19 días en Galicia, o que supón 22 días menos que a media autonómica, que foi de 41 días.

Pladesemapesga exige la DIMISIÖN FULMINANTE de Rosa Quintana por permitir «panga contaminado» en los hospitales de Galicia

Pladesemapesga exige la DIMISIÖN FULMINANTE de Rosa Quintana por permitir «panga contaminado» en los hospitales de Galicia
PPdeG en la Xunta y Rosa Quintana financian Pescado asiático contaminado (PANGA) en el menú de los hospitales de Galicia pagado con fondos públicos delante de la Campaña Publicitaria de la Xunta «PescadeRías de Onde si Non».
Las redes sociales «crispadas» ante la explosión de posts sobre el menu de un hospital de Galicia, que ofrece en su menú (PANGA) pesacdo prohibido en Estados Unidos y muchos paises de la UE, criado en países de Asia….Que un hospital público de la Xunta de Galicia (Sergas) ofrezca pescado importado presuntamente contaminado en la autonomía reconocida en todo el Mundo como la de mayor flota pesquera, delante de millonarias campañas financidas con fondos públicos para consumir el producto de Galicia, «tiene bemoles» y pareciera surrealista, con más gravedad si cabe, delante de la postura abierta de la Sra Rosa Quintana ya conocida en fabor de la acuicultura.
El panga criado en cautividad en granjas acuícolas a lo largo río Mekong entre Vietnam y en China, y cuestionado por el Eurodeputado Daniel Varela Suanzes-Carpegna del (PP), compañero de Feijóo y Rosa Quintana, la Cooperativa de Armadores de Vigo y otras del sector pesquero galego, decidiron enviar a Anfaco-Cecopesca, laboratorio de referencia en Galicia, muestras de este pescado, adquiridas en diferentes supermercados de Vigo. En 6 de las 8 muestras de panga se hayaron presencias de «listeria monocytogenes», bacilo causante de la listeriosis, restos de la bacteria portadora do cólera (Vibrio cholerae).
Pladesemapesga exige la DIMISIÖN de Rosa Quintana por facilitar la venta de pescado contaminado de china (panga) en los hospitales públicos de Galicia.
Ver comunicado completo y documentos acreditativos, carta menú del Hospital del Barbanza Ribeira..en;

 

Gran concerto de aninovo, Johann Strauss, nas cidades de Vigo e Pontevedra

Afundación acollerá nas cidades de Vigo e Pontevedra o gran concerto de aninovo , Johann Strauss, da man da Strauss Festival Orchestra e a compañía Strauss Festival Dance Ensemble. A actuación terá lugar o día 28 de decembro, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o 29 na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2-4), en ambos os casos, ás 20.30 h. O programa está inspirado na tradicional cita musical que cada ano se celebra en Viena e inclúe os títulos máis coñecidos do rei do valse: Napoleón, Festa das flores, O valse do emperador ou Champagne. Non faltará , tampouco, o valse máis soado de todos,O belo Danubio azul, nin a Marcha Radetzky que, compasada polas palmas do público, adoita pechar a velada. As entradas xa están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: mediante a web dewww.Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

Afundación programa para estas vacacións escolares cursos de robótica, cociña e obradoiros de Nadal

Afundación deseñou para este período do Nadal na súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26) un completo programa de actividades destinadas ao público infantil para que os pequenos da casa aprendan mentres se divirten. Así, na mesma liña que se desenvolven as propostas didácticas programadas ao longo do curso, durante as vacacións escolares, os días 3 e 4 de xaneiro, as nenas e nenos poderán participar nun curso de robótica e novas tecnoloxías onde farán e programarán os seus propios robots. Afundación propón tamén para estas datas dous talleres de cociña: «Cociña infantil: contos e lendas de Nadal» entre o 26 e o 29 de decembro, coa totalidade de prazas cubertas e «Cociña infantil: aperitivos para os Reis Magos», entre o 30 de decembro e o 4 de xaneiro, onde aínda hai prazas dispoñibles. Os días 27 e 28 de decembro celebrarase o taller Contos de Nadal, no que os participantes prepararán adornos de Nadal con elementos do bosque no que poñerán a proba a súa creatividade e destreza manual. Ademais, durante este período, no marco da exposición permanente «Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección», Afundación convida a gozar da «Arte en familia», e o centro interactivo de educación ambiental Naturnova ampliará o seu horario e estará aberto tamén durante a semana, período que o resto do ano se reserva exclusivamente a centros escolares.

 

La industria de contenidos digitales incrementa un 16,9% su facturación en 2015

Según un informe del Observatorio Nacional de las Telecomunicaciones y de la Sociedad de la Información (ONTSI)

La industria de contenidos digitales incrementa un 16,9% su facturación en 2015

* Las empresas del sector generaron en 2015 un negocio de 8.940 millones de euros, casi 1.300 millones más que el año anterior

* El empleo también se incrementa un 7,1% y pasa de 43.255 a 46.345 profesionales

* Internet ya representa para la economía española 50.602 millones de euros, el 5,2% del PIB

14.12.16. El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital, a través del Observatorio Nacional de las Telecomunicaciones y de la Sociedad de la Información (ONTSI), ha publicado la nueva edición del ‘Informe anual del sector de los Contenidos Digitales en España’. Según dicho informe, la facturación del sector alcanzó en 2015 los 8.940 millones de euros, lo que supone un incremento del 16,9% respecto al año anterior.

En cuanto al número de empresas del sector de contenidos, el estudio recoge que en 2015 se alcanzó la cifra de 9.579. Estas empresas dieron empleo a 46.345 personas, lo que supone un incremento del 7,1% respecto al año anterior (43.255 profesionales).

Por otra parte, la inversión realizada en el sector de los contenidos digitales se incrementó un 1,5% y fue de 790 millones de euros.

El informe también subraya la importancia de Internet para la economía española, que se traduce en 50.602 millones de euros, que representan el 5,2% del Producto Interior Bruto.

Atendiendo a los datos desglosados, los sectores que más han contribuido al crecimiento del sector de los contenidos digitales el año pasado son los de actividades audiovisuales, cine y vídeo, y publicidad online que, en conjunto, aglutinaron el 83,6% de la facturación.

El informe también recoge las principales tendencias del sector de los contenidos digitales. En este sentido, hay que destacar que el desarrollo de las redes de alta velocidad está favoreciendo la distribución de contenidos digitales. El vídeo es el contenido digital que más tráfico genera.

En cuanto a los videojuegos, los modelos de negocio basados en las videoconsolas y el PC muestran signos de estancamiento. Su representatividad en los ingresos del sector en los próximos años tenderá a disminuir en favor de los juegos para dispositivos móviles y de realidad virtual.

En el sector de las publicaciones los libros en formato electrónico representan cerca del 22% del total de libros vendidos en el mundo.

Para más información pueden ver el informe en el siguiente link: http://www.ontsi.red.es/ontsi/es/content/informe-anual-del-sector-de-los-contenidos-digitales-en-espa%C3%B1a-edici%C3%B3n-2016

VIKTOR FLORES DESPIDE EL AÑO CON 3 FECHAS EN ESPACIOS SINGULARES

  • Una pista de roller, un estudio de grabación y una suite de un hotel reconvertida en pista de baileunnamed-1

    Vaya fin de año le espera a Viktor Flores. Tras sus recientes actuaciones en ubicaciones incomparables como Brunch In The Park Madrid o Tentacle Festival de Lugo, el gallego regresa ahora a la palestra con hasta 3 actuaciones esparcidas entre la capital y su tierra natal, Galicia.

    Su minitour comienza este mismo sábado 17 en la sesión roller de El Cuerpo del Disco de la capital, con una temática libre y clara: rememorar y traer a la capital el espíritu y engranaje sonoro de los años 70. Y es que el colectivo El Cuerpo del Disco supura ritmos y melodías discoides por todos sus poros: italo, nu, synth, metadisco e incluso funky o hip hop; todo tiene cabida en esta sesión bimensual ubicada en la pista de patinaje de la estación de Chamartín.

    La semana siguiente, el 24, Flores se desplaza hasta Certain Club Studio de Vigo que tras dos exitosos desembarcos en Madrid en la sala Siroco esta temporada, y huyendo de las masificaciones propias de fechas navideñas proponen una vuelta a los orígenes del club presentado en Radar Estudios. Las pinceladas sonoras correrán cargo de los responsables del sello, Certain People (Jose González y Manuel Gómez), cuyo sello va ya por la tercera referencia, y Viktor Flores, DJ muy ligado al espacio que ahora acoge la sala y que desempolvará sus mejores discos deambulando entre un set especial de Disco de varias épocas y clásicos del primer House. El espacio tiene un aforo limitado de 80 personas y no se venderán entradas en taquilla. Puedes comprar tu entrada anticipada aquí.

    La última parada será el 31 de mes, donde despedirá el año en A Coruña, concretamente aPantone Rooms en el interior del Hotel Hesperia, en un concepto de fiesta totalmente innovador. 5 suites del hotel, cada una con una cabina y sonido diferentes, albergarán el set pura y estrictamente discoide y housie.

    Como aperitivo para ir abriendo boca, Viktor Flores comparte su último set realizado en Brunch in The Park Madrid junto a nombres como Moodymann, Octave One o Sau Poler. Press play!

    PRÓXIMAS FECHAS

    Sábado 17 diciembre – El Cuerpo del Disco (Roller Disco Madrid)

    Sábado 24 diciembre- Certain Club Studio (Vigo) 

    Sábado 31 diciembre – Pantone Room, Hotel Hesperia (A Coruña)

Manifestación Xunta

SONY DSC

SONY DSC

imaxes da manifestación de delegados/as da CIG que hoxe percorreu as rúas de Vigo para reclamar un cambio de políticas que permita a recuperación dos dereitos laborais e sociais e das condicións de traballo, así como en defensa do sistema público de pensións.

A XUNTA LAMENTA NON TER RECIBIDO AÍNDA A ACTA DA SESIÓN DE CONSTITUCIÓN DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lembra que sen ese documento o Goberno non pode “prantexar nin descartar nada»

Vigo, 14 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, explicou hoxe que a Administración autonómica non recibiu aínda a acta da sesión de constitución da Área Metropolitana de Vigo, celebrada o pasado día 1 de decembro.

A pesares das afirmacións levadas a cabo dende o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia descoñece esa documentación polo que o delegado cuestiónase «qué se vai a recorrer» se aínda «non recibimos a acta de constitución» da Asemblea Metropolitana. Deste xeito, López-Chaves sinala que polo de agora «non se pode prantexar nin descarta nada».

Hai que lembrar que a actual Xunta de Galicia foi a impulsora da Lei da Área Metropolitana apostando polas posibilidades e beneficios que conleva para os preto de 600.000 habitantes dos 14 concellos que a conforman. Abarca distintos ámbitos e, entre eles, un dos principais e máis demandado polos municipios foi o transporte metropolitano. A incorporación do Concello de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano foi un acordo ao que se chegou nas negociacións da Área e que os alcaldes marcaron como condición imprescindible para a súa posta en marcha como así quedou rubricado tras a reunión mantida o pasado 22 de febreiro na Delegación da Xunta en Vigo.