A XUNTA LAMENTA NON TER RECIBIDO AÍNDA A ACTA DA SESIÓN DE CONSTITUCIÓN DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lembra que sen ese documento o Goberno non pode “prantexar nin descartar nada”

Vigo, 14 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, explicou hoxe que a Administración autonómica non recibiu aínda a acta da sesión de constitución da Área Metropolitana de Vigo, celebrada o pasado día 1 de decembro.

A pesares das afirmacións levadas a cabo dende o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia descoñece esa documentación polo que o delegado cuestiónase “qué se vai a recorrer” se aínda “non recibimos a acta de constitución” da Asemblea Metropolitana. Deste xeito, López-Chaves sinala que polo de agora “non se pode prantexar nin descarta nada”.

Hai que lembrar que a actual Xunta de Galicia foi a impulsora da Lei da Área Metropolitana apostando polas posibilidades e beneficios que conleva para os preto de 600.000 habitantes dos 14 concellos que a conforman. Abarca distintos ámbitos e, entre eles, un dos principais e máis demandado polos municipios foi o transporte metropolitano. A incorporación do Concello de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano foi un acordo ao que se chegou nas negociacións da Área e que os alcaldes marcaron como condición imprescindible para a súa posta en marcha como así quedou rubricado tras a reunión mantida o pasado 22 de febreiro na Delegación da Xunta en Vigo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: