A XUNTA TRASLADA O SEU COMPROMISO DE REMATAR A CONSTRUCCIÓN DO PASEO DE SEARA CANDO O CONCELLO DE MOAÑA DISPOÑA DUN NOVO PROXECTO REDACTADO E DOS TERREOS NECESARIOS PARA EXECUTALO

Esta mañá tivo lugar unha xuntanza da comisión de seguimento destas obras, na que os técnicos de infraestruturas informaron de que o convenio actual vence a final de ano, e o Goberno galego está disposto a asinar un novo acordo

 

  • A prórroga asinada en marzo de 2015  sobre o  convenio entre o Concello de Moaña e a Xunta para a execución destas obras vence o 31 de decembro sen que sexa posible a día de hoxe finalizar os traballos por non disporse dos terreos e permisos
  • O treito de obras xa rematado será asegurando para evitar riscos para os usuarios
  • As tarefas xa feitas supoñen un investimento da Xunta de preto de 250.000 euros

 

Moaña, 18 de novembro de 2016.- A Xunta trasladoulle hoxe ao Concello de Moaña o seu compromiso de rematar a construción do Paseo da Seara en canto a Administración local dispoña dun novo proxecto redactado e dos terreos e permisos necesarios para executalo.


Esta mañá tivo lugar unha comisión de seguimento destas obras, na que os técnicos da Xunta comunicaron que o actual convenio para a execución dos traballos vence a final de ano. Este acordo fora asinado con data 16 de setembro de 2014, entre a Axencia de  Infraestruturas, Portos de Galicia e o Concello de Moaña e, de acordo co seu contido, a  Xunta licitou as obras segundo proxecto redactado polo Concello

Nalgunhas zonas non foi posible acceder aos terreos necesarios para poder executar o paseo e, coa fin de dar tempo para que se desbloquease esta situación, o 5 de marzo de 2015 asinouse unha addenda para reaxustar as anualidades previstas inicialmente e poder executar a obra entre os anos 2015 e 2016.

 

Segundo trasladaron os técnicos de Infraestruturas na comisión de seguimento, o prazo previsto tras esta modificación do convenio vence o 31 de decembro e xa non se pode, materialmente, rematar esta actuación, polo que é necesario rescindir o actual contrato de obras, asegurando en calquera caso o executado nos vindeiros días de modo que no haxa riscos para os usuarios por caídas ou golpes.

 

Non obstante, o compromiso do Goberno galego mantense con esta obra e, na comisión de seguimento, transmitíuselle ao Concello a plena disposición a asinar un novo convenio para o financiamento das obras que restan para completar o paseo en canto conten cun novo proxecto redactado e obteñan os permisos e terreos necesarios para a súa execución.

As tarefas xa feitas supoñen un investimento da Xunta de preto de 250.000 euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: