Afundación programa para estas vacacións escolares cursos de robótica, cociña e obradoiros de Nadal

Afundación deseñou para este período do Nadal na súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26) un completo programa de actividades destinadas ao público infantil para que os pequenos da casa aprendan mentres se divirten. Así, na mesma liña que se desenvolven as propostas didácticas programadas ao longo do curso, durante as vacacións escolares, os días 3 e 4 de xaneiro, as nenas e nenos poderán participar nun curso de robótica e novas tecnoloxías onde farán e programarán os seus propios robots. Afundación propón tamén para estas datas dous talleres de cociña: «Cociña infantil: contos e lendas de Nadal» entre o 26 e o 29 de decembro, coa totalidade de prazas cubertas e «Cociña infantil: aperitivos para os Reis Magos», entre o 30 de decembro e o 4 de xaneiro, onde aínda hai prazas dispoñibles. Os días 27 e 28 de decembro celebrarase o taller Contos de Nadal, no que os participantes prepararán adornos de Nadal con elementos do bosque no que poñerán a proba a súa creatividade e destreza manual. Ademais, durante este período, no marco da exposición permanente «Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección», Afundación convida a gozar da «Arte en familia», e o centro interactivo de educación ambiental Naturnova ampliará o seu horario e estará aberto tamén durante a semana, período que o resto do ano se reserva exclusivamente a centros escolares.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: