O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO ADQUIRIRÁ UN NOVO INMOBLE NO BERBÉS PARA CONTINUAR COA RECUPERACIÓN DO BARRIO HISTÓRICO

  • 15122016_rpccvvO delegado territorial da Xunta e presidente do CCVV informou hoxe que o Comité Executivo do organismo aprobou a adquisición directa do inmoble da Ribeira do Berbés 5 e Peñasco 9, que conforman unha soa finca
  • Tamén se adxudicou unha nova obra en Subida á Costa 5 que ofrecerá 1 nova vivenda e 1 local comercial
  • Continúan os traballos de recuperación en Ferraría 10-12 e 45-47 ademais de iniciarse xa a rehabilitación en Subida ao Castelo 12
  • Para o vindeiro ano 2017 avanzarase nos proxectos de Cruz Verde 8; Ferraría 8 e Cruz Verde 12, onde xa se iniciaron os traballos de demolición e baleirado interior

Vigo, 15 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa para informar dos asuntos tratados no Comité Executivo e no Consello de Administración do organismo participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo.

Na reunión celebrada esta mañá, o Comité Executivo aprobou a adquisición directa do inmoble situado na Ribeira do Berbés 5 e Peñasco 9. Trátase dunha soa parcela que conta cunha superficie de aproximadamente 258 metros cadrados e a súa compravenda fixouse en 350.000 euros.

Segundo a ficha do Pepri, trátase dunha casa mariñeira de planta baixa e piso principal cun pequeno patio nas súas costas onde hoxe existe unha vivenda. Agora mesmo atópase en estado ruinoso e, coma explicou o delegado, este inmoble ven a sumarse aos outros 3 edificios adquiridos polo CCVV nos números 11, 13 e 15 que despois foron cedidos á Universidade de Vigo parq eu constrúa a súa sede. “O obxectivo é recuperar a Fachada do Berbés, abandonada dende hai moitos anos, e o estamos a facer dende o Consorcio”, considerou López-Chaves, matizando que se trata dunha “parte moi importante da cidade”.

Outro dos asuntos acordados foi a adxudicación dunha nova obra de rehabilitación en Subida a Costa 5. Os traballos foron adxudicados por un importe de 221.000 euros e a intervención prevista neste único inmoble redactada polo arquitecto José Luís Díaz Mateo prevé a consecución de 1 vivenda de 2 dormitorios cuns 70 m2 e 1 local comercial de 96 metros cadrados. Conta cun prazo de execución de 1 ano dende a firma do contrato.

Deste xeito, e coma lembrou o presidente do CCVV, estas actuacións veñen a sumarse aos traballos de recuperación que se están a levar a cabo neste ano 2016 nos números 10-12 e 45-47 da rúa Ferraría, cuxas obras xa están moi avanzadas e coas que se conseguirán 6 vivendas e 2 locais comerciais, así coma ás de Subida ao Castelo 12, obra iniciada hai pouco e que ofrecerá outras 4 vivendas máis. En definitiva, e coa adxudicación formalizada hoxe, se está a traballar na recuperación de 11 vivendas e 3 locais comerciais.

Pero coma dixo López-Chaves, o traballo de rehabilitación da zona alta do Casco Vello continúa e no vindeiro ano 2017 avanzarase noutras 3 actuacións que a día de hoxe están en fase de proxecto. Trátase dos inmobles de Ferraría 8, Cruz Verde 8 e Cruz Verde 12, este último en proceso xa de demolición e baleirado interior.

En definitiva, serán máis de 2,6 millóns de euros os que se investirán na rehabilitación do Casco Vello de Vigo a través do CCVV nas seguintes actuacións na Ribeira do Berbés e nas rúas Ferraría, Cruz Verde, Subida ao Castelo e Subida á Costa.

Dende o seu inicio hai máis de 10 anos, o Consorcio Casco Vello de Vigo leva rehabilitadas 99 vivendas e 27 locais comerciais onde xa residen máis de 150 persoas ademais de abrir os seus negocios novos emprendedores.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: