María Adánez, Juan Diego ou Héctor Alterio, protagonistas na nova tempada teatral de Afundación en Vigo

Afundación inicia o 21 de decembro, e ata o 7 de xaneiro, a venda de abonos para a primeira parte ou a totalidade da nova tempada teatral en Vigo. O programa conta cun total de sete obras que abordan temáticas de índole introspectiva e de coñecemento do ser humano. Desde as puxanzas familiares pola herdanza en Una gata sobre un tejado de zinc caliente; pasando pola reflexión sobre a mala praxe xornalística en Joglars. Zenit: la realidad a su medida, ata a perda da realidade que provoca a vellez en El padre. Esta tempada conta co selo de calidade de recoñecidos actores como María Adánez, Juan Diego ou Héctor Alterio, entre moitos outros. Os días 19 e 20 ábrese un prazo exclusivo para todas aquelas persoas que xa adquiriran o abono da pasada tempada teatral. Todas as compras poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e a través do teléfono 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos das entradas individuais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 %. A totalidade das funcións terán lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz,13).

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: