O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL SAÚDA AS MELLORAS ACOMETIDAS NA SALA DE AGARDA DA COCINA ECONÓMICA DE FERROL

  • A Xunta de Galicia investiu preto de 45.000 euros nesta actuación
  • A entidade, un referente na cidade naval, serve unha media de 250 racións de comida a diario
  • O titular autonómico destacou que o obxectivo prioritario da Xunta de Galicia é “traballar man a man con esta entidade para que todos os galegos e galegas teñan as súas necesidades alimenticias cubertas”

 

Ferrol, 16 de decembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu hoxe á inauguración da nova sala de espera do comedor social da Cocina Económica de Ferrol que busca mellorar a comodidade e seguridade dos usuarios e usuarias dos servizos da entidade. O departamento autonómico investiu nesta reforma un total de 44.078,31 euros dos que un 80% proceden do programa Operativo de Galicia 2014-2020.

 

Durante a súa visita, Rey Varela destacou que o obxectivo prioritario da Xunta de Galicia é “traballar man a man con esta entidade para que todos os galegos e galegas teñan as súas necesidades alimenticias cubertas”. Así mesmo, engadiu que este servizo debe ofrecerse con todas as garantías de seguridade e comodidade posibles, polo que saudou a inauguración deste espazo reformado.

 

O titular da carteira social tamén felicitou aos responsables da Cocina Económica polo seu labor diario en prol do benestar das persoas que máis o precisan en Ferrol. “A solidariedade e a responsabilidade social son valores que non debemos esquecer nunca, nin como sociedade, nin como administración pública. E son os piares principais sobre os que se sustenta esta entidade, por elo sempre atoparán a axuda da Xunta”, afirmou o conselleiro.

 

Por último, Rey Varela destacou que na xornada de onte presentou os novos orzamentos do seu departamento para o vindeiro ano, que ascenderán a 643,5 millóns de euros e aos que se referiu como “os máis altos na historia de Galicia que se destinan a políticas sociais”. Así mesmo, indicou que Política Social pechará este ano de 2016 con máis de 2 millóns de euros investidos en Ferrol na mellora de equipamentos e co obxectivo de “buscar o benestar das persoas”. Así, as actuacións de acondicionamento e modernización de instalacións levadas a cabo pola Consellería no municipio ferrolán permitiron a mellora da Residencia da Terceira Idade de Caranza, do Centro de Menores, do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Souto de Leixa ou do Punto de Encontro Familiar, entre outros.

 

Cocina Económica Ferrol

A entidade, un referente na cidade naval fundado en 1891, proporciona comida ás persoas máis vulnerables que contan con limitados medios económicos, satisfacendo as súas necesidades de alimentación. Ofrecen servizo de comida para levar e servizo de comedor tanto para comidas como para ceas. Ademais, os usuarios poden dispor dun almorzo completo e dun bocadillo. Deste xeito, a Cocina Económica serve unha media de 250 racións de comida a diario.

 

En canto ás actuacións que se realizaron e que hoxe foron inauguradas polo conselleiro de Política Social, estas consistiron na mellora no acceso ao comedor e no acondicionamento da sala para que os usuarios poidan agardar de xeito máis cómodo durante o reparto dos menús ou mentres esperan para acceder á zona de comedor.

 

Os usuarios e usuarias dos servizos da entidade son unha parte esencial da mesma e por elo, a Cocina Económica, considerou necesario acometer esta reforma para a que contou co apoio da Xunta de Galicia. Cómpre destacar que esta solución non só beneficia a quen acode á entidade, senón que tamén pon en valor o edifico o lateral esquerdo do edificio no que se empraza, recuperando así a fachada do patio que o arquitecto Rodolfo Ucha diseñou no proxecto orixinal.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: