O Teatro Afundación de Vigo acollerá a I Gala Internacional de ilusionismo «Galicia Magic Fest»
Afundación acollerá nas cidades de Vigo e Pontevedra a I Gala Internacional de Ilusionismo, «Galicia Magic Fest», que se celebrará os días 26 e 27 de decembro no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o 28 na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2-4). O auditorio ABANCA (rúa do Preguntoiro, 23) de Santiago de Compostela tamén vibrará co enxeño dos magos os días 29 e 30. Cunha duración de dúas horas, o espectáculo está programado, en todos os casos, en dúas sesións diarias,ás 18.30 e as 21.00 h, respectivamente. Ademais, o Teatro Colón da Coruña acollerá este encontro internacional da maxia o 22 de decembro ás 20.00 h. As entradas xa están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: mediante a web de www.Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.