Exposición ‘De viaxe polo tempo en tren’ – O Porriño
A EXPOSICIÓN DA ESPECTACULAR MAQUETA DA ESTACIÓN DO FERROCARRIL DO PORRIÑO REALIZADA POLOS ALUMNOS DO IES PINO MANSO LEVA Á VILA ‘DE VIAXE POLO TEMPO EN TREN’
Máis que recomendable é a exposición aberta este venres no Centro Cultural Municipal, organizada polo IES Pino Manso, dentro da programación de Nadal do Concello. Baixo o título ‘De viaxe polo tempo en tren’, os asistentes terán a ocasión de gozar dunha maqueta viva da estación do Porriño elaborada polos alumnos do centro ao longo dos anos e que e que sae do instituto para ser exposta, por primeira vez, en público.
O director do Pino Manso, nunha presentación introducida pola concelleira de Educación Lourdes Moure, fixo unha exposición semellante a un relato de aventuras, chea de enxeño, anécdotas e lembranzas, o proceso de creación desta maqueta, única no seu xénero, que ocupou a alumnos, profesores e directores do instituto ao longo de varios cursos.
Juan Aguilar lembrou con especial emoción, a chegada á Estación do Galaico Expresso, en xuño de 2005, nunha viaxe “máxica” dende o Museo do Ferrocarril, no concello lucense de Monforte de Lemos, ata O Porriño, coas alumnas e alumnos do Pino Manso coma pasaxeiros.
Ese mesmo ano, o instituto, que este 2016 celebra os seus primeiros 50 anos de vida, recibiu o 1º Premio á Innovación Educativa da Xunta, en recoñecemento ao traballo dos seus estudantes e das profesoras e profesores de Tecnoloxía, Xeografía e Historia, Lingua Castelá, Literatura, Física e Química e Debuxo.
A maqueta, que construíuse seguindo exactamente os planos orixinais da estación, facilitados por Renfe, e que amosa tamén, en movemento, a varios dos trens que pasaron pola mesma ao longo dos tempos, estará aberta ata o 18 de xaneiro en horario de 6 e media a 8 e media da tarde.
XIX Certamen de Refeifas…Vigo
Domingos, 18 e 25 de decembro de 2016
No C.V.C. de Valladares (Vigo)
DÍA 18
Ás 6 e media da tarde “TRIATRE TRIATRE TRIATRE TRIATREROS ROSROSROS”
TEATRO, en versión improvisada e “monologada”
RAP en estilo libre
RAP en estilo libre, con Hugo ,Alex Arnoso
creando bases coa guitarra
Recitado e presentación
e presentación e presentación
e presentación a cargo de
IOLANDA ZÚÑIGAIOLANDA ZÚÑIGADÍA 25
DÍA 25DÍA 25
DÍA 25
Regueifeiros:
SUSO e ANTONIO DE XORNES
SUSO e ANTONIO DE XORNESSUSO e ANTONIO DE XORNES
SUSO e ANTONIO DE XORNES (Galicia)
Ravelista:
MIGUEL CADAVIECO (Cantabria)
(Cantabria)
Cantores ao desafío:
AUGUSTO CANARIO e acompañante e acompañante (Portugal)
Presentan e improvisan:
KIKE ESTÉVEZ e ALBA MARÍAKIKE ESTÉVEZ
Haberá un Obradoiro Regueifeiro
Obradoiro Regueifeiro Obradoiro Regueifeiro
Obradoiro Regueifeiro, das 17:00 h. ás 18:00 h.
, das 17:00 h. ás 18:00 h., das 17:00 h. ás 18:00 h.
, das 17:00 h. ás 18:00 h.caso de que se inscriban un mínimo de 5 persoas
oral@regueifa.orgoral@regueifa.org
oral@regueifa.org(ata o 23 ddecembro ás 14:30
I Mostra ao redor da oralidade, a improvisación e a retranca.
Os días 23, 29 e 30 no Museo do Pobo Galego en Compostela.
* Día 23 ás 19.30h: AO REDOR DO REPENTE
* Rap en estilo libre con RÍA (de Alto Asalto), DIDACO e os pratos J.ODT
* Themomento Impro (Improvisación Teatral)
* Carlos Santiago (Monólogo Poético)
Presenta e crea en directo: Camilo Franco
* Día 30 ás 19.30h: MOSTRA DE IMPROVISACIÓN EN VERSO
* Suso e Antonio de Xornes (Galicia, Bergantiños)
* Pinto D’Herbón, Xairo Vecino e Alba Mª (Galicia)
* Valter Sao Martinho e Cristiana Saa (Portugal)
* Kike Sabaté (Madrid)
Presentan: Representantes do Proxecto Regueifesta
* Ademáis: Obradoiro gratuito de improvisación en verso.
Impartido por Alba María, da Central Folque , os días 23, 29 e 30 de decembro de 17.15 a 19.15h no Museo do Pobo Galego. De balde, previa inscrición ate o 21 de decembro no correo-e oral@regueifa.org. Máximo 15 prazas. Mínimo 5 prazas. De non cubrise, suspenderíase.