Exposición ‘De viaxe polo tempo en tren’ – O Porriño

A EXPOSICIÓN DA ESPECTACULAR MAQUETA DA ESTACIÓN DO FERROCARRIL DO PORRIÑO REALIZADA POLOS ALUMNOS DO IES PINO MANSO LEVA Á VILA ‘DE VIAXE POLO TEMPO EN TREN’exposicion1-1

Máis que recomendable é a exposición aberta este venres no Centro Cultural Municipal, organizada polo IES Pino Manso, dentro da programación de Nadal do Concello. Baixo o título ‘De viaxe polo tempo en tren’, os asistentes terán a ocasión de gozar dunha maqueta viva da estación do Porriño elaborada polos alumnos do centro ao longo dos anos e que e que sae do instituto para ser exposta, por primeira vez, en público.

O director do Pino Manso, nunha presentación introducida pola concelleira de Educación Lourdes Moure, fixo unha exposición semellante a un relato de aventuras, chea de enxeño, anécdotas e lembranzas, o proceso de creación desta maqueta, única no seu xénero, que ocupou a alumnos, profesores e directores do instituto  ao longo de varios cursos.

Juan Aguilar lembrou con especial emoción, a chegada á Estación do Galaico Expresso, en xuño de 2005, nunha viaxe “máxica” dende o Museo do Ferrocarril, no concello lucense de Monforte de Lemos, ata O Porriño, coas alumnas e alumnos do Pino Manso coma pasaxeiros.

Ese mesmo ano, o instituto, que este 2016 celebra os seus primeiros 50 anos de vida, recibiu o 1º Premio á Innovación Educativa da Xunta, en recoñecemento ao traballo dos seus estudantes e das profesoras e profesores de Tecnoloxía, Xeografía e Historia, Lingua Castelá, Literatura, Física e Química e Debuxo.

A maqueta, que construíuse seguindo exactamente os planos orixinais da estación, facilitados por Renfe, e que amosa tamén, en movemento, a varios dos trens que pasaron pola mesma ao longo dos tempos, estará aberta ata o 18 de xaneiro en horario de 6 e media a 8 e media da tarde.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: