Archive | diciembre 20, 2016

A XUNTA DESENVOLVEU CON NORMALIDADE NO RECINTO FEIRAL DE SILLEDA O SEGUNDO EXAME DAS OPOSICIÓNS AO CORPO AUXILIAR

  • 01-silledaNeste segundo exame, consistente nunha proba informática, participaron 411 das 425 persoas que superaron a primeira proba
  • A Xunta habilitou un equipo informático para cada participante

 

Santiago, 20 de decembro de 2016.- O recinto feiral da Semana Verde de Galicia, en Silleda (Pontevedra), acolleu hoxe pola tarde o segundo exame convocado para o acceso ao corpo auxiliar (C2) da Xunta de Galicia. A proba comezou ás catro da tarde e realizouse con total normalidade.

Neste segundo exame participaron 411 dos 425 aspirantes que superaron a primeira das probas do proceso selectivo, desenvolvido pola Consellería de Facenda a través da Dirección Xeral da Función Pública. O número de prazas ofertadas nestas oposicións de acceso libre ao corpo auxiliar é de 44, tres delas reservadas para persoas con discapacidade

 

Para a celebración da proba desta tarde, un exame informático, a Dirección Xeral da Función Pública habilitou un equipo para cada unha das persoas participantes, nun proceso que se levou a cabo sen contratempos.

LÓPEZ-CHAVES MANTIVO UN ENCONTRO INSTITUCIONAL CO ALCALDE DE CANGAS, ONDE FALARON DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO

Delegado e rexedor estudaron os proxectos que están en marcha na comarca en materia de infraestruturas, como é o caso da Autovía do Morrazo, e dos investimentos neste ámbito que o vindeiro ano chegan aos 22 millóns de euros20122016_reunionalcaldecangas2

  • O alcalde do municipio, Xosé Manuel Pazos, cualificou o encontro de “cordial”
  • Boa parte da reunión centrouse na incorporación do Concello de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia
  • O delegado insistiu na necesidade e importancia de que Abel Caballero cumpra co acordado o pasado 22 de febreiro e co convenio firmado o 6 de xullo
  • A día de hoxe son un total de 9.871 tarxetas TMG as expedidas soamente no Concello de Cangas.

El sistema eléctrico cierra 2015 con un superávit de 469,3 millones de euros

* Este superávit se une al que ya se produjo en 2014, y confirma que la reforma eléctrica ha permitido devolver la estabilidad financiera al sistema y acabar con el déficit de tarifa de manera definitiva

20.12.16. La CNMC ha publicado el resultado de la liquidación definitiva del sistema eléctrico correspondiente al ejercicio 2015, según la cual el sistema ha arrojado un superávit de 469,3 millones de euros: https://www.cnmc.es/expedientes/liqde22616.

Este superávit de 2015 se añade al que ya se produjo en el año 2014 (que ascendió a 550,3 millones de euros). Además, el Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital prevé nuevos superávits para los años 2016 y posteriores.

Esta situación de equilibrio financiero sostenido demuestra que la reforma del sistema eléctrico ha conseguido eliminar el déficit de tarifa de manera definitiva, tras diez años continuados de generación de deuda.

Una vez que se han equilibrado los ingresos y costes del sistema eléctrico, y a medida que se vaya amortizando la deuda generada en el pasado, la factura eléctrica será cada vez más competitiva, lo que favorecerá la economía de las empresas y las familias.

O PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL” DA XUNTA DE GALICIA CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DE 240 MAIORES NA EDICIÓN DESTE ANO

  • Cubríronse, ao igual que en ocasións anteriores, a totalidade das prazas ofertadas pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, e que se distribúen entre as residencias de tempo libre de O Carballiño (Ourense) e de Panxón, en Nigrán (Pontevedra)
  • O programa, que se desenvolverá entre o vindeiro venres 23 e o día 2 de xaneiro, está dirixido a persoas maiores de 60 anos que se atopan soas e que queren pasar estas datas en compañía doutros
  • A iniciativa contará coa implicación de 16 persoas voluntarias, que axudarán aos maiores participantes e colaborarán na organización de actividades lúdicas e de ocio

 

Santiago, 20 de decembro de 2016.- A Consellería de Política Social inicia o vindeiro venres  23 unha nova edición do programa “Xuntos polo Nadal”, no que participarán un total de 240 maiores acompañados de 16 voluntarios. Trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade que permite a persoas de máis de 60 anos que viven soas convivir durante 11 días –ata o 2 de xaneiro- nas residencias de tempo libre  do Carballiño, en Ourense; e de Panxón, no municipio pontevedrés de Nigrán.

 

Ao igual que en ocasións anteriores, este programa cubriu de novo a totalidade das prazas ofertadas, das cales 120 corresponden á residencia de Panxón e outras tantas á do Carballiño. Os participantes no mesmo gozan de aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, así como do desprazamento en autobús ata as residencias e a viaxe de regreso. Ademais, ao abeiro desta iniciativa realizaranse numerosas actividades lúdicas e de animación sociocultural durante os 11 días nos que transcorre a convivencia.

 

“Xuntos polo Nadal” está destinada a aquelas persoas maiores de 60 anos que se atopan soas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. O obxectivo deste programa é que poidan pasar o Nadal en compañía e que participen de maneira activa en actividades de ocio, sociais e culturais.

 

Aqueles maiores con ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes) asisten de forma gratuíta ao programa, mentres que os que superan esta cantidade contribúen ao pago da estancia na residencia cunha achega de 50 euros.

 

Voluntariado

O desenvolvemento de “Xuntos polo Nadal” conta coa implicación de voluntariado, grazas a implicación no programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Na edición deste ano participarán un total de 16 persoas repartidas entre as residencias de Panxón e O Carballiño, que proporcionarán apoio e acompañamento aos maiores, e ademais colaborarán nas actividades lúdicas que terán lugar en ambos centros.

 

Os voluntarios que participan neste programa de maiores están cubertos pola póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil subscrita pola Administración autonómica. Ao finalizar a súa acción voluntaria, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado expide aos que o soliciten un certificado acreditativo onde consta o labor realizado e as tarefas levadas a cabo durante a campaña.

O persoal do Álvaro Cunqueiro mobilízase para que se poña fin ao caos de tráfico no hospital

A representación social reclama tamén máis prazas de aparcamento2016-12-20-protestacaostraficocunqueirovigo01

Vigo – 20 Dec 2016

A Xunta de Persoal do Chuvi desenvolveu hoxe unha concentración no interior do hospital Álvaro Cunqueiro para reclamar que se poña fin ao caos de tráfico existente na contorna do centro médico e se habiliten máis prazas de aparcamento gratuíto en superficie. Ao remate da protesta a representación dos traballadores/as rexistrou un escrito con estas demandas dirixido ao alcalde e ao conselleiro de Sanidade.

Dende a Xunta de Persoal explican que os problemas que a diario se rexistran no acceso ao hospital Álvaro Cunqueiro afectan tanto aos traballadores/as -“que teñen serios problemas para acceder aos seus postos de traballo en tempo e forma”- como ao persoal das ambulancias, “que se atopan con verdadeiros tapóns para acceder a Urxencias ou a outros servizos”.

Pero tamén se ve afectado o persoal do transporte público, urbano e interurbano, que a determinadas horas ten difícil manobrar no entorno do hospital e cumprir cos horarios programados. “Mais tamén o conxunto de usuarios/as do hospital, que teñen dificultado o acceso, tanto en transporte público como en vehículos privados”.

Segundo denuncian, esta situación obedece a unha mala planificación dende a concepción mesma do proxecto, que se centrou en dirixir o tráfico de vehículos privados ao aparcadoiro de pago, deixando nun lugar secundario o acceso peonil, o transporte público e a garantía de acceso dos profesionais e das ambulancias.

Denuncian que esta situación obedece a unha mala planificación inicial do proxecto

Lembran que mesmo antes do inicio da actividade do centro teñen reclamado a subsanación destas deficiencias, logrando 700 prazas de aparcamento gratuíto para o persoal e unha redución do 40% das tarifas das usuarios/as. “Iso si, con auténtica falta de transparencia sobre como repercuten estas reducións no que ten que pagarlle o Sergas á empresa concesionaria”, indican.

Mais sosteñen que a situación nin está resolta nin se prevé que a resolva o paso do tempo como pretenden algúns xestores. O persoal tampouco ten resolto o seu acceso e aparcamento, o trasporte público presta o servizo que se precisa, tampouco é posíbel o acceso peonil, nin se remataron os atascos a horas punta que limitan o acceso das ambulancias.

Diante disto, reclámanlle á Xunta de Galiza e ao Concello de Vigo -“cada un coas súas competencias”- que se poñan de acordo para realizar un estudo de ordenación do tráfico na contorna do hospital, tanto nos viais interiores como nos de acceso pola estrada da Venda, por Clara Campoamor ou pola VG-20.

Tamén lles demandan que se tomen todas as medidas oportunas para habilitar os espazos existentes en superficie, dependentes das dúas administracións, que permitan o aparcamento regulado e ordenado de xeito gratuíto.

O CORREDOR DO MORRAZO REABRIRÁ AO TRÁFICO MAÑÁ ÁS 17,00 HORAS CON MOTIVO DA OPERACIÓN ESPECIAL DE NADAL

clip_image002

  • O 9 de xaneiro volverá a pechar ao tráfico para rematar as voaduras en condicións de seguridade para usuarios e traballadores
  • A Xunta está a procurar minimizar o impacto do corte intensificando os traballos nos treitos 1 e 2 da autovía do Morrazo, con labores en fins de semana e festivos

 

Santiago, 20 de decembro de 2016.- A Xunta reabrirá mañá, día 21 de decembro,  ás 17,00 horas o tráfico no Corredor do Morrazo e o manterá en servizo ata o vindeiro 8 de xaneiro, con motivo da operación especial que a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) activa no período vacacional.

 

Desde o pasado 2 de novembro, o Corredor do Morrazo está pechado ao tráfico no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, pola necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores no transcurso das obras de conversión en Autovía desta infraestrutura.

 

Despois da paréntese do Nadal, o vindeiro día 9 de xaneiro o Corredor volverá a pecharse ao tráfico ata ata o remate das voaduras máis importantes.

 

Esta solución tomouse despois de analizar os estudos e as inspeccións técnicas realizadas que concluíron que era o máis efectivo para poder facer as tarefas con garantías plenas para a seguridade viaria e dos traballadores. Esta alternativa minimiza riscos e concentra os traballos de maior entidade no menor tempo posible, reducindo case á metade o prazo de execución dos desmontes previstos.

 

A medida está permitir que, ao longo do período de peche da circulación, os traballos nos treitos 1 e 2 da autovía desenvólvanse de xeito continuo e a un ritmo moi intenso, con labores en domingos e festivos.

 

Durante o tempo de corte, a Xunta reforzou a información aos cidadáns e a sinalización para ofrecerlle indicacións concretas e precisas aos usuarios sobre as alternativas de comunicación e os desvíos que poden tomar.

 

 

 

 

Los diseños de PAZ Rodríguez visten las míticas escaleras egipcias de Harrods por Navidad

Los responsables del afamado centro comercial londinense eligen a la marca infantil gallega para engalanar su acceso por el que circulan más de medio millón de visitantes al mesharrods-3

 

Vigo, 20/12/2016. La firma de moda infantil PAZ Rodríguez se ha convertido en la protagonista de las míticas escaleras egipcias de los almacenes Harrods en Londres durante la campaña de Navidad. Desde el pasado 15 de diciembre y hasta el próximo día 28, imágenes de sus diseños pertenecientes a la colección otoño- invierno 2016 adornan este acceso en una de las épocas de mayor consumo del año.

 

Los responsables del propio centro comercial fueron los encargados de elegir y ponerse en contacto con la dirección de PAZ Rodríguez para ocupar este privilegiado escaparate por el que circulan más de medio millón de visitantes al mes. Harrods es uno de los lugares más visitados de Londres y parada obligatoria para los turistas, por lo que con esta acción PAZ Rodríguez pretende llegar también a más público internacional. Por otro lado, cabe destacar que la colección primavera- verano 2017 estará a disposición de los clientes de Harrods ya desde este mes de diciembre.

 

La relación de PAZ Rodríguez con los míticos almacenes londinenses empezó en 2013 con la primera incursión de la firma en el mercado británico. En apenas tres años PAZ Rodriguez dispone ya de un corner propio y ha pasado a convertirse en una marca destacada para Harrods.

 

La estrategia de expansión internacional de los últimos años ha llevado a PAZ Rodríguez a estar presente en más de 1.000 puntos de venta de 32 países. Además de los almacenes Harrods, destacan también corners en los grandes almacenes Palacio del Hierro (México) y Barneys New York (EE.UU)

 

A alcaldesa do Porriño proposta para ocupar a Vicepresidencia Segunda da Área Metropolitana de Vigo

eva-garcia-de-la-torreO Grupo Municipal Socialista da Área Metropolitana de Vigo, constituído na cidade, ven de propoñer á alcaldesa de O Porriño, , para que ocupe a Vicepresidencia segunda deste organismo.

Eva García de la Torre, que é alcaldesa dende o mes de xuño de 2015, ocupa tamén a Presidencia do Consorcio de Augas do Louro e é membro do Comité Executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

García de la Torre agradece a “enorme confianza que veñen de darme as compañeiras e compañeiros do Grupo Socialista” e cualifica de “honra” representar ás veciñas e veciños de O Porriño neste organismo.

Para a alcaldesa a Área Metropolitana é un proxecto de “grande importancia para máis de 400.000 persoas ás que estamos obrigados a representar deixando de lado estratexias partidistas”. Porén , sinala Eva García de la Torre, “defenderei con esforzo, dedicación e paixón os intereses de todas e todos os cidadáns da Área Metropolitana e en especial as das  porriñesas e porriñeses”.

Proba ciclocross

porrino-cxISABEL CASTRO E SAMUEL GONZÁLEZ TAMÉN SE AMOSARON INTRATABEIS NA COPA GALICIA DE CICLOCROSS, NO PORRIÑO

Os dous corredores con mellor golpe de pedal a día de hoxe no ciclocross galego dominaron as carreiras Elite e Sub23 do ‘Trofeo Horacio Barros’. Isabel Castro e Samuel González  prolongaron as súas xeiras de vitorias na décima e penúltima cita puntuable da Copa Galicia disputada en O Porriño. A ciclista do Fornelos sentenciou o ranking feminino co seu sexto triunfo parcial desta campaña e o representante do Salvaterra impúxose por quinta xornada consecutiva.

No resto de categorías os gañadores foron Mario Fernández (O Rosal) e Andrea García (Cambre) en cadetes; Guillermo García (Marín) e Sara Yusto (Bioracer-EK) en juniors; Andrés Calvete (Cambre) en Máster-30; Juan José Saborido (Compostelano) en Máster-40; e Marcial Rodríguez (Québici-Marcisport) en Máster-50/60. A 40ª edición desta clásica do ciclocross autonómico estivo organizada polo Concello do Porriño, o Clube Ciclista Spol e a Federación Galega de Ciclsimo (FGC). No circuíto do Velódromo reuníronse máis de 200 participantes.

O plan inicial de Samuel González para esta fin de semana non era correr no Porriño. O sub23 do Salvaterra atopábase de camiño a Valencia para disputar a última proba da Copa de España. Por mor do mal tempo esa competición anulouse e o ciclista vigués chegou a tempo ao Trofeo Horacio Barros tras regresar en tren dende Madrid.

O seu triunfo resultou incontestable. Dende o bandeirazo inicial marchouse xunto ao seu compañeiro e líder da xeral Mauro González. Na segunda volta Samuel González quedouse en solitario e a partir de aí “rodei bastante cómodo, sen arriscar moito e ampliando diferencias. Foi máis doado que outras veces”.

Cun tempo de 52 minutos e 32 segundos colleitou o seu quinto triunfo deste curso. A segunda posición, a 54”, correspondeulle a Mauro González, primeiro Elite e que chega á última xornada con 80 puntos de vantaxe sobre Samuel González. A terceira praza, a 1:02 do gañador, foi para Raúl Fernández (Fornelos).

Un guión diferente seguiu Isabel Castro para adxudicarse a carreira Elite e Sub23 feminina. De saída, a súa filla e compañeira Desirée Duarte asumiu o mando da proba. Castro descolgouse, pero pouco pouco foi recurtando a diferencia ata alcanzar a cabeza: “Desirée tirou durante toda a carreira e na penúltima volta decidín probar. Adianteina nunha recta e ela non me aguantou o ritmo. A carreira gustoume moito, foi tan dura como bonita”.

A líder ergueu os brazos despois de 47 minutos e 35 segundos de esforzo. Duarte rematou 11” despois e Sandra Moral (Cidade de Lugo) ocupou a terceira posición a 2:11 de Castro. Con este triunfo, a ciclista do Fornelos xa é gañadora matemática do ranking feminino.

A falta dunha xornada para que a Copa Galicia 2016 finalice o vindeiro sábado en Maceda, o único ranking que rexistra variacións no máis alto é o cadete feminino. Andrea García arrebatoulle o primeiro posto a Noela Saa (Maceda). Nas outras clasificacións xerais non hai cambios. Mario Fernández continúa como líder nos cadetes; Sara Trigo (Cidade de Lugo) e Pablo Álvarez (Cambre) en juniors; Andrés Calvete en Máster-30; Manuel Armada (Asociación Galega) en Máster-40; e Javier de la Fuente (Betanzos) en Máster-50/60.

Francisco Castro novo director da Editorial Galaxia

descargaO Consello de Administración de Editorial Galaxia S.A. acordou nomear por unanimidade a Francisco Castro Veloso novo director xeral da editora. Sucede neste posto a Víctor Fernández Freixanes, quen continuará na empresa como conselleiro, director da revista GRIAL (dirección que comparte con Henrique Monteagudo) e presidente da Fundación Otero Pedrayo.

Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) accedeu á dirección xeral de Galaxia hai quince anos, en 2002, cando o falecemento de Carlos Casares, anterior director xeral. Profesor Titular de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, escritor, novelista, académico de número na Real Academia Galega, foi anteriormente director xeral de Edicións Xerais de Galicia (1987), conselleiro delegado da mesma empresa ata 1998, director xeral de Edicións do Grupo Anaya e director xeral de Alianza Editorial.

Francisco Castro Veloso (Vigo 1966), licenciado en Filosofía e escritor, accedeu a Editorial Galaxia no ano 2008 como editor, responsable das estratexias de comunicación e creación de novos proxectos. Nunha primeira etapa desenvolveu a súa actividade na empresa Merlín Comunicación, encargada de exposicións e actividades culturais dentro do grupo Galaxia, para centrarse posteriormente na edición para os lectores máis novos (Árbore, Costa Oeste principalmente, así como en desenvolvementos relacionados coa web e as redes sociais).

Francisco Castro é autor dunha ampla obra traducida a distintos idiomas e moi premiada. Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Lueiro Rey (1997), o Premio Modesto Figueiredo de narracións breves (2005), o Premio Blanco Amor (2006), o Premio Manuel García Barros (2007), o Premio Frai Martín Sarmiento en cinco ocasións, o Premio de novela por entregas da Voz de Galicia en 2013, e foi nomeado na lista de Honra do IBBY en 2012 pola súa obra Chamádeme Simbad.

Con este nomeamento a Editorial Galaxia pretende continuar co espírito co que naceu o proxecto en 1950 e, ao mesmo tempo, abrir unha etapa de renovación marcada polos novos tempos e desafíos editoriais.

http://editorialgalaxia.gal/francisco-castro-novo-director-de-editorial-galaxia/