A DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO HOMENAXEA A 13 FUNCIONARIOS DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO QUE SE XUBILARON AO LONGO DESTE ANO

  • 22122016_homenaxexubiladosO delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, presidiu un emotivo e sinxelo acto no que o persoal homenaxeado recibiu unha placa conmemorativa en recoñecemento aos seus anos de servizo
  • López-Chaves aproveitou para felicitar as festas a todo o persoal da Delegación
  • Trátase de 13 funcionarios de 6 xefaturas territoriais que este ano se despediron do seu posto de traballo
  • É a primeira vez que a Delegación Territorial da Xunta en Vigo recoñece o labor levado a cabo polos funcionarios na súa despedida

 

Vigo, 22 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presidiu hoxe un emotivo e sinxelo acto de despedida e homenaxe a 13 funcionarios do edificio administrativo que se xubilaron ao longo deste ano.

 

Trátase da primeira vez que dende a Delegación Territorial da Xunta en Vigo se recoñece o labor do persoal funcionario xubilado cun acto de recoñecemento polos seus anos de servizo na Administración autonómica de Galicia. Aínda así, a intención da Delegación é que este sinxelo recoñecemento se manteña nos vindeiros anos.

 

Os 13 funcionarios pertencen a 6 xefaturas territoriais distintas onde levaron a cabo o seu traballo nestes últimos anos. En concreto, formaron parte dos departamentos territoriais de Política Social, Mar, Facenda, Economía, Emprego e Industria, Presidencia e Educación.  

 

Cada un dos homenaxeados recibiu unha placa conmemorativa de mans do delegado e dos xefes territoriais das súas respectivas consellerías amosándose moi agradecidos e ilusionados polo detalle organizado pola Delegación e por sentirse arroupados polos seus compañeiros de traballo.

 

López-Chaves agradeceulles así o traballo levado a cabo durante os seus anos de servizo ademais de felicitalos porque “agora teredes máis tempo” na súa nova etapa de xubilación. “Vistes crecer a administración e queríamos darvos un pequeno detalle”, considerou o delegado, quen aproveitou tamén a ocasión para felicitar as datas de Nadal aos homenaxeados pero tamén ao resto do persoal do edificio da Xunta en Vigo.  

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: