A XUNTA GARANTE A VIABILIDADE E SOLVENCIA DA MUTUALIDADE UNIÓN DE ARTESANOS LOGO DE NOMEAR UNHA XUNTA DIRECTIVA PROVISIONAL

  • A entidade continúa presentando os seus servizos con total normalidade
  • A Consellería de Facenda xa comunicou a todos os mutualistas as medidas adoptadas, de carácter provisional

Santiago, 22 de decembro de 2016.- A Consellería de Facenda decidiu substituír de xeito provisional á xunta directiva de ‘Unión de Artesanos, Mutualidade de Previsión Social a prima fixa’, logo de detectar incidencias na xestión desta entidade. A Xunta xa nomeou a tres administradores provisionais e garante a viabilidade económica e a solvencia desta entidade, que opera na área de Santiago de Compostela.

A Consellería de Facenda ten asumidas as competencias de supervisión e control das mutualidades de previsión social que teñen o seu ámbito de actividades exclusivamente en Galicia. En base a esas competencias, decidiu a substitución provisional da xunta directiva da entidade, cuestión que xa foi comunicada persoalmente a todos os mutualistas da entidade e que ratifica unha resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

En todo caso, a viabilidade económica da mutualidade está totalmente garantida, e a entidade segue prestando os seus servizos sen ningunha alteración. A administración provisional da mutualidade prevé convocar unha nova asemblea xeral da que serán oportunamente informados todos os mutualistas.

As medidas adoptadas pola Consellería de Facenda teñen como finalidade garantir a xestión eficiente dos intereses dos mutualistas, e non afectan ao normal funcionamento da mutualidade. Tampouco teñen incidencia nos pagamentos aos profesionais cos que vén traballando a mutualidade nin aos dos traballadores da entidade.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: