Archive | diciembre 23, 2016

El Gobierno refuerza la protección de los consumidores de energía eléctrica más vulnerables

* Mediante un Real Decreto Ley se asegura la financiación del bono social que correrá a cargo de las compañías eléctricas

* Se prohíbe la suspensión del suministro eléctrico a aquellos consumidores vulnerables severos que estén siendo atendidos por los servicios sociales

* Se amplía el plazo para suspender el suministro en caso de impago

23.12.16. El Consejo de Ministros ha aprobado hoy un Real Decreto Ley que establece un nuevo mecanismo de financiación del bono social de electricidad, así como diversas medidas de protección para los consumidores vulnerables.

Bono social

El bono social supone un descuento del 25% en la factura final de electricidad y pueden acogerse a él los consumidores más vulnerables, un colectivo que actualmente incluye a las familias con todos sus miembros en situación de desempleo, a los perceptores de pensiones mínimas, a las familias numerosas y a los consumidores con potencia contratada inferior a 3 kilovatios. Actualmente existen 2,4 millones de hogares acogidos al bono social.

Debido a una reciente sentencia del Tribunal Supremo, la financiación del bono social había quedado invalidada, aunque los consumidores vulnerables podían continuar acogiéndose al mismo.

Con este Real Decreto Ley se restablece la financiación del bono social que será asumido por las comercializadoras de energía eléctrica.

Prohibición del corte de suministro

La norma establece que no podrá suspenderse el suministro eléctrico a los consumidores en situación de especial vulnerabilidad que estén siendo atendidos por los servicios sociales de las Administraciones Públicas competentes.

Actualmente la Ley del Sector Eléctrico ya contempla una serie de suministros considerados esenciales a los que en ningún caso podría suspenderse el suministro eléctrico (cárceles, hospitales, etc.). Con esta medida se pasa a incluir también a los consumidores en situación de vulnerabilidad severa. Se establece asimismo que las comercializadoras eléctricas cofinanciarán una parte de los gastos que las administraciones competentes estén ya realizando para atender a estos consumidores.

Otras medidas de protección

Se amplía de dos a cuatro meses el plazo para suspender el suministro a determinados grupos de consumidores vulnerables en caso de impago.

Se da un mandato al Gobierno para que, en el plazo de tres meses, desarrolle la normativa necesaria para establecer los términos y condiciones de aplicación de estas medidas de protección al consumidor, así como para impulsar medidas de protección y de mejora de la transparencia en la contratación del suministro de los consumidores vulnerables.

El Gobierno congela los peajes de gas y electricidad para 2017

* Se acumulan así tres años consecutivos sin incrementar la parte regulada del recibo

23.12.16. El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital mantiene los peajes de gas y electricidad para 2017.

En los últimos tres años la parte regulada del recibo (peajes), la única que depende del Gobierno, se ha mantenido constante para gas natural e incluso ha descendido un -2,8% para la electricidad.

Es la primera vez que se acumulan tres años seguidos de congelación o bajada de peajes como consecuencia de la reforma de los sistemas energéticos, que ha logrado alcanzar el equilibrio financiero entre ingresos y costes y eliminar definitivamente el déficit de tarifa.

La otra parte de la factura, correspondiente al coste de la energía y que no depende del Gobierno, varía en función del precio de las materias primas (gas y petróleo principalmente) y la climatología.

El Gobierno es consciente de que el precio de la energía es un factor clave para la competitividad y la creación de empleo y, en este sentido, la congelación de la parte regulada del recibo contribuirá de manera significativa a amortiguar el impacto de las recientes subidas de las materias primas sobre las facturas de los consumidores en general.

En el conjunto del año 2016, comparado con el año 2015, la factura de un consumidor medio ha descendido un 11% en el caso de la electricidad y un 9% en el caso del gas natural.

CONDENAMOS O XUÍZO QUE O REINO DE MARROCOS FARÁ O VINDEIRO DÍA 26 CONTRA ACTIVISTAS SAHARAUIS, E ESIXIMOS A ELIMINACIÓN DAS SÚAS CONDENAS E A SÚA INMEDIATA LIBERACIÓN COMUNICADO CONXUNTO

26-final-1Van cumpridos xa seis anos desde que o 8 de novembro de 2010 as forzas de ocupación do Reino de Marrocos desmantelaron o Campamento de Gdeim Izik, ás aforas do Aaiun, capital do Sáhara Occidental, atacando brutalmente á poboación civil saharaui, invadindo o campamento, queimando as súas jaimas, lanzando gases lacrimóxenos e auga fervendo desde os helicópteros sobre a poboación, e establecendo unha loita corpo a corpo con ela, nunha
acción represiva inxustificábel que ten causado centos de feridos/as e algunhas mortes, entre elas, a do neno de 14 anos Elgarhi Nayem.
Lonxe de render contas diante da Comunidade Internacional por estes feitos, o Reino de Marrocos respondeu coa detención arbitraria de 25 saharauis, acusándoos de organizar dito campamento e participar nesa acción pacífica, coa que máis de 30000 saharauis quixeron mostrar a súa protesta contra as violacións dos Dereitos Humanos por parte de Marrocos, as
desigualdades ás que están sometidos/as, o despedimento masivo de traballadores/as saharauis, os xuízos arbitrarios e sen garantías, e o saqueo dos seus recursos naturais (fosfatos, pesca,…). Converten con isto ás vítimas en culpables. Dous anos despois dos feitos, o 17 de febreiro de 2012, foron xulgados sen ningún tipo de garantías e condenados por un Tribunal Militar a durísimas penas de prisión: nove a cadea perpetua, catro a 30 anos, sete a 25 anos, tres a 20 e dous a 2 anos. Logo das presións e mobilizacións esixindo a anulación do xuízo e a liberdade dos presos políticos, o xuízo militar foi anulado polo tribunal de casación, pero continúan no cárcere e volverán a ser xulgados, esta vez por un Tribunal Civil de apelación en Rabat, o vindeiro 26 de decembro, unha data escollida para dificultar a asistencia de observadores/as internacionais.
As organización que subscribimos este Comunicado queremos expresar a nosa solidariedade cos presos políticos saharauis e rexeitamos este novo xuízo. Consideramos que o Reino de Marrocos non ten lexitimidade nin competencia para actuar contra eles, xa que non ten xurisdición algunha sobre o Territorio do Sáhara Occidental (tal e como dictan as resolucións internacionais e da propia ONU), condenamos as accións violentas que se levaron a cabo contra o campamento e os posteriores procesos de condena e encarceramento, e rexeitamos un novo xuízo que encausa a persoas inocentes, incriminadas por unha protesta pacífica, na defensa dos seus dereitos.
Este novo xuízo é un episodio máis nun proceso de ocupación que dura xa máis de 41 anos, saltándose todas as resolución internacionais e sentenzas ao respecto, e retrasando a celebración dese referendo polo dereito de autodeterminación do Sáhara Occidental, erguendo muros no seu territorio, sementando minas e condenando ao exilio a centos de miles
de saharauis refuxiados nos campamentos de Tindouf, mentres outros/as son perseguidos/as e represaliados/as no seu propio territorio. Só o cese da ocupación, o respecto polos dereitos humanos, a posta en liberdade de presos políticos e o exercicio do dereito á autodeterminación do pobo saharaui poden aportar unha solución ao conflito. Por todo isto, CONDENAMOS O XUÍZO QUE O REINO DE MARROCOS FARÁ O VINDEIRO DÍA 26
CONTRA ACTIVISTAS SAHARAUIS, E ESIXIMOS A ELIMINACIÓN DAS SÚAS CONDENAS E A SÚA INMEDIATA LIBERACIÓN, ao tempo que insistimos en reclamar o cese da ocupación polo
Reino de marrocos e que se cumpran as resolucións internacionais, fixando xa unha data para a celebración do Referendo de Autodeterminación ao que a pobo saharaui ten dereito. E facemos un chamamento para sumarse á concentración que terá lugar o mesmo día 26 de decembro, ás 11 horas, no Marco da Rúa Príncipe de Vigo.
ACUDIDE! SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI (SOGAPS)
SINDICATO NACIONAL DE COMISIÓNS OBREIRAS DE GALICIA (CCOO) FEDERACIÓ RURAL GALEGA CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA(CIG) UNIÓN XERAL DE TRABALLADORES
– GALICIA (UGT) BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG) ESQUERDA UNIDA EN MAREA ASOCIACIÓN DE INMIGRANTES EN GALICIA

A XUNTA EMPRAZA AO CONCELLO DE VIGO A AXILIZAR A APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DO PLAN PARCIAL DE SAN PAIO DE NAVIA PARA PODER INICIAR EN 2017 AS OBRAS DE URBANIZACIÓN

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, e o delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, informaron hoxe en rolda de prensa do estado actual do proxecto para a construción de 1.600 vivendas protexidas en Vigo 

  • Heriberto García informa de que o Goberno galego formalizará próximamente a adquisición de 50.000 metros cadrados de solo residencial e 12 vivendas unifamiliares, logo da ampliación do crédito inicial reservado a este fin de 8 a 10 millóns de euros
  • Destacan a rapidez coa que a Administración autonómica resolveu a tramitación ambiental do Plan parcial, o que certifica a aposta do Goberno galego por impulsar o maior proxecto en marcha en Galicia para a construción de vivenda protexida, que poderá desenvolverse pese ás limitacións urbanísticas derivadas da anulación do PXOM de Vigo
  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chavez, subliñou que o Executivo autonómico “está cumprindo os compromisos que adquiriu en relación a Navia” e destacou que “a Xunta inviste en Navia más do que o Concello aportou a toda a cidade no ano 2016”

 

Vigo, 23 de decembro de 2016.- O Goberno galego empraza ao Concello de Vigo a axilizar a aprobación da modificación do Plan parcial de San Paio de Navia para poder iniciar en 2017 as obras de urbanización da nova fase deste proxecto residencial, tal e como se recolle nos Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informaron hoxe en rolda de prensa do estado actual desta actuación proxectada para a construción de 1.600 vivendas protexidas na cidade de Vigo.

 

Consello da Xunta autorizou onte a ampliación en 2 millóns de euros do crédito inicial de 8 millóns de euros previsto para a adquisición do solo necesario para a construción de 1.600 vivendas protexidas nesta área. O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo explicou que grazas a esta medida, a Xunta formalizará próximamente a adquisición de 50.000 metros cadrados de solo residencial e de 12 vivendas unifamiliares o que permitirá dispor do solo necesario para desenvolver o proxecto, que a Administración autonómica se encargará de urbanizar.

 

Para iso será necesaria a aprobación da modificación do Plan parcial, que actualmente está a ser tramitada polo Concello de Vigo, co obxectivo de ampliar as posibilidades de edificación no ámbito, polo que imprescindible a colaboración deste organismo municipal. Segundo lembraron na rolda de prensa, a Xunta presentou o pasado mes de xuño ante a Administración local a documentación necesaria para a  modificación dese plan parcial e posteriormente elaborou, de forma coordinada cos técnicos municipais, as correccións que se consideraron necesarias.

 

Na súa comparecencia ante os medios, Heriberto García, destacou “a celeridade coa que se resolveu a aprobación da tramitación ambiental que se realizou nun prazo récord de dous meses por parte da Xunta o que certifica a aposta do Goberno galego por axilizar definitivamente o desenvolvemento desta área de vivenda protexida, nunha das cidades onde existe unha maior demanda de este tipo de inmobles”. Ademais, resaltou que se trata do maior proxecto en marcha para a construción de vivenda protexida en Galicia, que se desenvolverá a pesar das limitacións urbanísticas derivadas da anulación xudicial do Plan xeral de ordenación municpal (PXOM) de Vigo.

 

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chavez, subliñou que o Executivo autonómico “está cumprindo os compromisos que adquiriu en relación a Navia” e destacou que “a Xunta inviste en Navia más do que o Concello aportou a toda a cidade no ano 2016”. López-Chavez tamén destacou a celeridade en salvar obstáculos que tivo o Goberno galego neste eido, “fronte a actitude obstrucionista do alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen chegou a afirma que a avaliación ambiental tardaría 18 meses, cando a realidade foi que a Xunta resolveu nun tempo récord de 2 meses, mostrando, así, un verdadeiro interese por solucionar os problemas dos veciños de San Paio de Navia”.

 

Finalmente,o delegado reiterou que “agora o Concello ten que mostrar o mesmo interese e axilizar a aprobación do Plan parcial, xa que a Xunta o que quere é investir e facer a maior aportación en vivenda protexida de toda Galicia e o único que o impide é a falta de interese do señor Caballero, polo que insistimos que ten que traballar para lograr a aprobación do Plan Parcial da maneira máis áxil posible, que podería ter tramitada aprobación inicial, que pode estar lista en 5 ó 6 meses”.  

 

Urbanización do polígono 1

Estas novas obras desenvolverase en tres polígonos e, unha vez adquirido o solo, a previsión da Xunta de Galicia é iniciar en 2017 as obras de urbanización do polígono 1, cunha superficie edificable de 86.048 metros cadrados, na que se poderán construír 732 vivendas protexidas. Posteriormente desenvolverase o polígono 2, cunha edificabilidade de 85.268 metros cadrados para 718 vivendas e finalmente farase o propio co polígono 3, no que se empraza solo para 147 vivendas e as parcelas destinadas a usos terciarios.

 

A modificación do Plan Parcial tamén prevé o incremento substancial no número de prazas de aparcadoiro público, xa que se proxectan 1.230 prazas nas fases por desenvolver e 629 en terreos das fases xa urbanizadas, o que supón a execución de 1.859 novas prazas en San Paio de Navia.

 

LÓPEZ-CHAVES FELICITA AS FESTAS AOS USUARIOS DO COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES DO MEIXOEIRO

23122016_visitaresidenciameixoeiroVigo, 08 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe o Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo ubicado no Meixoeiro, onde participou na festa de Nadal que tiñan organizada para os seus usuarios e familiares. Acompañado polo director do centro, Óscar Arroyo, e a xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias, o delegado aproveitou para felicitar as festas aos residentes e aos seus familiares.

 

O Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo conta con máis de 450 prazas para maiores dependentes e unha das súas máximas é facilitar un envellecemento activo aos seus usuarios potenciando a estimulación cognitiva con terapias ocupacionais, talleres de manualidades, lectura de prensa e actividades diversas co fin de asegurar o benestar e a calidade de vida das persoas maiores.

Actividades infantís na Sede Afundación Vigo

Afundación deseñou para este período do Nadal na súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26) un completo programa de actividades destinadas ao público infantil para que os pequenos da casa aprendan mentres se divirten. Así, na mesma liña que se desenvolven as propostas didácticas programadas ao longo do curso, durante as vacacións escolares, os días 3 e 4 de xaneiro, as nenas e nenos poderán participar nun curso de robótica e novas tecnoloxías onde farán e programarán os seus propios robots. Afundación propón tamén para estas datas dous talleres de cociña: «Cociña infantil: contos e lendas de Nadal» entre o 26 e o 29 de decembro, coa totalidade de prazas cubertas e «Cociña infantil: aperitivos para os Reis Magos», entre o 30 de decembro e o 4 de xaneiro, onde aínda hai prazas dispoñibles. Os días 27 e 28 de decembro celebrarase o taller Contos de Nadal, no que os participantes prepararán adornos de Nadal con elementos do bosque no que poñerán a proba a súa creatividade e destreza manual. Ademais, durante este período, no marco da exposición permanente «Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección», Afundación convida a gozar da «Arte en familia», e o centro interactivo de educación ambiental Naturnova ampliará o seu horario e estará aberto tamén durante a semana, período que o resto do ano se reserva exclusivamente a centros escolares.

A XUNTA DE GALICIA COMPLETA A REFORMA DOS ANDARES SUPERIORES DA RESIDENCIA MIXTA DE MAIORES DE FERROL

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá o resultado da intervención realizada neste equipamento de titularidade pública_a9a2058

  • A Administración autonómica investiu un total de 741.420 euros nas obras, que permiten que este fogar da terceira idade teñan de novo operativas e listas para o seu uso 26 novas habitacións nos andares sexto e sétimo
  • Os traballos, que se iniciaron o pasado mes de abril e se executaron segundo os prazos previstos, incluíron actuacións de posta ao día no conxunto do centro, coa a renovación da rede de servizos básicos, a substitución das cubertas de fibrocemento en parte do edificio ou o cambio do sistema de intercomunicaciòn entre residente e control de enfermaría, entre outras melloras

 

Ferrol, 23 de decembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá a Residencia de Maiores de Ferrol, situada no barrio de Caranza, onde comprobou o resultado das obras levadas a cabo na mesma e que supuxeron, entre outras melloras, a reforma dos dous andares superiores: o sexto e o sétimo. A Administración autonómica investiu un total de 741.420 euros nesta actuación que se iniciaba o pasado mes de abril e que se desenvolveu sen demoras, axustándose aos prazos previstos.

 

Ao respecto, Rey Varela sinalou que “sacar adiante as obras deste fogar da terceira idade, despois das moitas vicisitudes que atravesou o proxecto, foi unha das primeiras prioridades que se fixou a Consellería de Política Social cando esta se creou fai pouco máis dun ano”. Neste sentido, para este departamento autonómico “era moi importante que unha vez desbloqueada a reforma do centro, esta estivera a disposición da cidadanía canto antes, e así o fixemos”.

 

No que atinxe á intervención realizada, o responsable da área social do Goberno galego destacou que a mesma permite que o centro teña de novo operativos e listos para o seu uso os andares sexto e sétimo, que se atopaban baleiros. Así, a remodelación completa dos mesmos permite poñer a disposición 26 novas habitacións -13 en cada un dos andares: 12 individuais e unha dobre- plenamente reformadas, confortables, funcionais, accesibles e cun deseño acorde aos tempos actuais. Así mesmo, habilitouse en cada planta un amplo salón común e tamén se renovaron espazos de servizos complementarios como o de lavandería.

 

En total, a superficie da residencia que se renovou ascende a 1.300 metros cadrados, xa que as obras non se limitaron á reforma da zona residencial dos andares sexto e sétimo. Nestes andares tamén se acometeu a renovación das redes de servizos básicos destes pisos, como a fontanería e a electricidade, así como o sistema de intercomunicación entre residente e o sistema de evacuación contra incendios.

 

Así mesmo, os traballos tamén afectaron ao conxunto do edificio, de tal xeito que se fixo unha posta ao día do centro. Así, substituíronse as cubertas de fibrocemento existentes nos andares quinto e sétimo por outras de chapa metálica, mellorouse a urbanización do entorno inmediato ao edificio renovando a rampla de acceso; cambiáronse os montantes de fontanería e calefacción que enlazan o anelo perimetral do andar baixo co resto dos pisos; levouse a cabo a adaptación da instalación eléctrica ata os cadros secundarios do semisoto, do baixo e dos pisos altos; executouse a adaptación da instalación eléctrica ata os cadros secundarios dos andares primeiro e quinto; e renovouse o sistema de intercomunicación entre residente e enfermaría en todos os andares.

 

«Galicia Magic Fest» no Teatro Afundación Vigo

Afundación acollerá nas cidades de Vigo e Pontevedra a I Gala Internacional de Ilusionismo, «Galicia Magic Fest», que se celebrará os días 26 e 27 de decembro no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o 28 na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2-4). O auditorio ABANCA (rúa do Preguntoiro, 23) de Santiago de Compostela tamén vibrará co enxeño dos magos os días 29 e 30. Cunha duración de dúas horas, o espectáculo está programado, en todos os casos, en dúas sesións diarias,ás 18.30 e as 21.00 h, respectivamente. As entradas están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: mediante a web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

SonRías2017 | O Festival SonRías Baixas volverá encher Bueu, de festivaleiros os días 3, 4 e 5 de agosto

landing_luns26O Festival SonRías Baixas anuncia que a súa XV edición encherá de novo Bueu de festivaleiros os días 3, 4 e 5 de agosto de 2017. As primeiras 500 entradas poranse á venda o próximo luns, día 26, na websonriasbaixas.info, a 18,5 € máis gastos os tres días de concertos, coa acampada incluída, nunha oferta Especial Nadal só dispoñible ata esgotar existencias.

Este pasado verán, 16.500 persoas achegáronse ata a localidade do Morrazo para gozar coa música, a gastronomía e o audiovisual programados polo Festival, na que foi a edición máis exitosa e multitudinaria da súa historia e supuxo para Bueu unha inxección económica de 1.200.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira en toda a comarca e a bares e restaurantes da zona sen existencias. A maioría dos proveedores do Festival son da comarca e máis de 300 persoas traballan no evento, a maior parte, xente da vila.

A XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO CONSTITUIRÁN NO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2017 A COMISIÓN PARA A TOMA DE DECISIÓNS COMPARTIDA SOBRE A AP-9

  • As dúas administracións avanzaron hoxe nos termos do acordo para a participación, por primeira vez, do Goberno galego na toma de decisións sobre a infraestrutura a través dunha comisión que celebrará reunións periódicas
  • Na reunión o Ministerio de Fomento reafirmou o compromiso de impulsar a finalización do AVE a Galicia e confirmou que nas últimas semanas se rexistraron importantes avances en 4 treitos da conexión que rexistraban problemas
  • O Goberno galego volve reiterar a necesidade de impulsar a mellora da conexión ferroviaria da provincia de Lugo co eixe de alta velocidade

 

Madrid, 22 de decembro de 2016.- A Xunta de Galicia e o Goberno constituirán no primeiro trimestre de 2017 a comisión para a toma de decisións compartida sobre a autoestrada AP-9. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo esta tarde unha reunión de traballo co secretario de Estado de Infraestruturas Julio Gómez-Pomar, na que abordaron os termos de funcionamento desta comisión, cuxa formación foi acordada polo presidente da Xunta e o ministro de Fomento no seu encontro do pasado 5 de decembro en Santiago.

 

Na reunión, na que tamén participaron, entre outros o director da Axecia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, avanzaron no acordo de colaboración para a participación, por primeira vez, do Goberno galego na toma de decisións sobre esta infraestrutura estratéxica para  Comunidade autónoma a través dunha comisión que se reunirá de forma periódica.

 

A conselleira de Infraestruturas valorou positivamente a reafirmación por parte do  Ministerio de Fomento do seu compromiso de impulsar a finalización das obras de alta velocidade ferroviaria entre Galicia e Madrid,  sobre a que na xuntanza se confirmou que nas últimas semanas  se rexitraron importantes avances para solucionar os problemas que afectaban a 4 treitos. Ademais, o Ministerio de Fomento trasladou que está a traballar para solucionar as incidencias que afectan á execución dun treito concreto desta liña.

 

Finalmente, na reunión, entre outros asuntos, a Xunta reiterou a necesidade impulsar a mellora das infraestruturas ferroviarias da provincia de Lugo para que esta provincia quede conectada co eixe de alta velocidade e poida acadar tempos de viaxe con Madrid do entorno das 3 horas.