A XUNTA EMPRAZA AO CONCELLO DE VIGO A AXILIZAR A APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DO PLAN PARCIAL DE SAN PAIO DE NAVIA PARA PODER INICIAR EN 2017 AS OBRAS DE URBANIZACIÓN

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, e o delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, informaron hoxe en rolda de prensa do estado actual do proxecto para a construción de 1.600 vivendas protexidas en Vigo 

  • Heriberto García informa de que o Goberno galego formalizará próximamente a adquisición de 50.000 metros cadrados de solo residencial e 12 vivendas unifamiliares, logo da ampliación do crédito inicial reservado a este fin de 8 a 10 millóns de euros
  • Destacan a rapidez coa que a Administración autonómica resolveu a tramitación ambiental do Plan parcial, o que certifica a aposta do Goberno galego por impulsar o maior proxecto en marcha en Galicia para a construción de vivenda protexida, que poderá desenvolverse pese ás limitacións urbanísticas derivadas da anulación do PXOM de Vigo
  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chavez, subliñou que o Executivo autonómico “está cumprindo os compromisos que adquiriu en relación a Navia” e destacou que “a Xunta inviste en Navia más do que o Concello aportou a toda a cidade no ano 2016”

 

Vigo, 23 de decembro de 2016.- O Goberno galego empraza ao Concello de Vigo a axilizar a aprobación da modificación do Plan parcial de San Paio de Navia para poder iniciar en 2017 as obras de urbanización da nova fase deste proxecto residencial, tal e como se recolle nos Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informaron hoxe en rolda de prensa do estado actual desta actuación proxectada para a construción de 1.600 vivendas protexidas na cidade de Vigo.

 

Consello da Xunta autorizou onte a ampliación en 2 millóns de euros do crédito inicial de 8 millóns de euros previsto para a adquisición do solo necesario para a construción de 1.600 vivendas protexidas nesta área. O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo explicou que grazas a esta medida, a Xunta formalizará próximamente a adquisición de 50.000 metros cadrados de solo residencial e de 12 vivendas unifamiliares o que permitirá dispor do solo necesario para desenvolver o proxecto, que a Administración autonómica se encargará de urbanizar.

 

Para iso será necesaria a aprobación da modificación do Plan parcial, que actualmente está a ser tramitada polo Concello de Vigo, co obxectivo de ampliar as posibilidades de edificación no ámbito, polo que imprescindible a colaboración deste organismo municipal. Segundo lembraron na rolda de prensa, a Xunta presentou o pasado mes de xuño ante a Administración local a documentación necesaria para a  modificación dese plan parcial e posteriormente elaborou, de forma coordinada cos técnicos municipais, as correccións que se consideraron necesarias.

 

Na súa comparecencia ante os medios, Heriberto García, destacou “a celeridade coa que se resolveu a aprobación da tramitación ambiental que se realizou nun prazo récord de dous meses por parte da Xunta o que certifica a aposta do Goberno galego por axilizar definitivamente o desenvolvemento desta área de vivenda protexida, nunha das cidades onde existe unha maior demanda de este tipo de inmobles”. Ademais, resaltou que se trata do maior proxecto en marcha para a construción de vivenda protexida en Galicia, que se desenvolverá a pesar das limitacións urbanísticas derivadas da anulación xudicial do Plan xeral de ordenación municpal (PXOM) de Vigo.

 

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chavez, subliñou que o Executivo autonómico “está cumprindo os compromisos que adquiriu en relación a Navia” e destacou que “a Xunta inviste en Navia más do que o Concello aportou a toda a cidade no ano 2016”. López-Chavez tamén destacou a celeridade en salvar obstáculos que tivo o Goberno galego neste eido, “fronte a actitude obstrucionista do alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen chegou a afirma que a avaliación ambiental tardaría 18 meses, cando a realidade foi que a Xunta resolveu nun tempo récord de 2 meses, mostrando, así, un verdadeiro interese por solucionar os problemas dos veciños de San Paio de Navia”.

 

Finalmente,o delegado reiterou que “agora o Concello ten que mostrar o mesmo interese e axilizar a aprobación do Plan parcial, xa que a Xunta o que quere é investir e facer a maior aportación en vivenda protexida de toda Galicia e o único que o impide é a falta de interese do señor Caballero, polo que insistimos que ten que traballar para lograr a aprobación do Plan Parcial da maneira máis áxil posible, que podería ter tramitada aprobación inicial, que pode estar lista en 5 ó 6 meses”.  

 

Urbanización do polígono 1

Estas novas obras desenvolverase en tres polígonos e, unha vez adquirido o solo, a previsión da Xunta de Galicia é iniciar en 2017 as obras de urbanización do polígono 1, cunha superficie edificable de 86.048 metros cadrados, na que se poderán construír 732 vivendas protexidas. Posteriormente desenvolverase o polígono 2, cunha edificabilidade de 85.268 metros cadrados para 718 vivendas e finalmente farase o propio co polígono 3, no que se empraza solo para 147 vivendas e as parcelas destinadas a usos terciarios.

 

A modificación do Plan Parcial tamén prevé o incremento substancial no número de prazas de aparcadoiro público, xa que se proxectan 1.230 prazas nas fases por desenvolver e 629 en terreos das fases xa urbanizadas, o que supón a execución de 1.859 novas prazas en San Paio de Navia.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: