Archive | diciembre 23, 2016

CONSELLEIRO DE FACENDA PRESIDE A TOMA DE POSESIÓN DE DAVID CABAÑÓ COMO DIRECTOR XERAL DE POLÍTICA FINANCEIRA, TESOURO E FONDOS EUROPEOS

O conselleiro de Facenda, Valeriano Mart’nez, presidir‡ a toma de posesi—n de David Caba–— Fern‡ndez como director xeral de Pol’tica Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Mart’nez, presidir‡ a toma de posesi—n de David Caba–— Fern‡ndez como director xeral de Pol’tica Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

Santiago, 23 de decembro de 2016.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presidiu hoxe a toma de posesión de David Cabañó Fernández como director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

 

Cabañó Fernández estará a fronte dunha nova dirección xeral na Consellería de Facenda, froito da unión da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro coa Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos.

 

David Cabañó Fernández (1970) é licenciado en Administración de Empresas pola Universidade da Coruña, e especialista en Banca, Finanzas e Seguros (máster pola Universidade de Santiago de Compostela).

 

Dende 1999, é funcionario do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, na escala técnica de finanzas. En febreiro de 2015 foi nomeado director xeral de Política Financeira e Tesouro, cargo que ocupaba ata a actualidade.

 

GALICIA MANTENSE ENTRE AS COMUNIDADES QUE MELLOR PAGAN AOS SEUS PROVEDORES, CUN TEMPO MEDIO 16,92 DÍAS INFERIOR Á MEDIA

  • O período medio de pago da Administración galega sitúase en 18,42 días, fronte aos 35,34 días do conxunto das CCAA
  • Galicia é a cuarta comunidade de réxime común co menor tempo medio de pago

 

Santiago, 22 de decembro de 2016.- Galicia mantense un mes máis entre as comunidades autónomas que pagan con máis axilidade aos seus provedores, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública sobre o mes de outubro. O tempo medio de pago situouse en 18,42 días en Galicia, o que supón 16,92 días menos que a media autonómica, que foi de 35,34 días.

 

O Ministerio de Hacienda ratifica que Galicia presenta un tempo medio de pago só inferior en tres comunidades autónomas de réxime común (Andalucía, Estremadura e Castela-A Mancha) e nas dúas comunidades de réxime foral. O informe elaborado polo Ministerio mostra tamén que seis comunidades incumpriron en outubro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

 

Galicia consolídase un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Ademais, en comparación co mesmo mes do ano 2015, o período medio de pago en Galicia é máis baixo, xa que en outubro do ano pasado o tempo medio de pago era de 27 días, nove días máis que na actualidade.

 

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en outubro foi do 0,79%. Galicia conseguiu reducir este indicador un 8,91% no último ano, ao baixar ata os 460.473 millóns de euros, segundo indican os datos do Ministerio de Hacienda.