Archive | diciembre 26, 2016

Concerto en Vigo As andanzas de Paio de Oviravai

unnamed-1

As andanzas de Paio é o primeiro traballo de Oviravai que volve a Vigo o 28 de Nadal

Despois do éxito alcanzado en Ourense, Buenos Aires ou Vigo, repite na cidade olívica este mércores 28 ás 18.00h no Auditorio Municipal

Vaioviravai é unha obra de teatro musical protagonizada por tres divertidas personaxes -Roni, Kiki e Chamuco- que, xunto a Paio e a súa banda de musicólocos, interpretan as cancións do libro disco fiándoas cunha divertida trama na que teñen un papel moi especial as coreografías coas que os bailaríns conquistan os espectadores e as espectadoras máis novas

As andanzas de Paio é o primeiro traballo de Oviravai, un libro CD que forma parte da colección Sonárbore da Editorial Galaxia no que se traballan diversos temas incluídos no currículo escolar como as cores, as estacións, lingua estranxeira, as vogais, os animais, etc., pero tamén presta especial atención á transmisión de valores sociais como a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo ou o coidado do planeta.

As súas aventuras están protagonizadas Paio, un teixugo viaxeiro que percorre medio mundo vivindo as máis emocionantes aventuras. Paio relata en foma de cancións e historias as súas andanzas por lugares tan remotos como Madagascar, Canadá, China ou o mesmo fondo do océano, onde coñece a unha boa morea de novos amigos. De regreso á granxa na que se atopa a súa teixugueira, cóntalles e cántalles a todos os animais as peripecias que vén de experimentar na súa particular andaina.

As entradas están á venda por 5 euros en Central Espectáculos

Derradeiros días de venda de abonos para a tempada de música clásica de Afundación en Vigo

Afundación remata o vindeiro 5 de xaneiro a venda de abonos para a primeira parte ou a tempada de música clásica en Vigo, que ofrece ao espectador obras de Haydn, Mendelssohn, Mozart e Brahms, entre outros. A Real Filharmonía de Galicia e a Orquesta Sinfónica de Galicia estarán dirixidas, nesta ocasión, por Ilan Volkov, Pierre Dumoussaud, Dima Slobodeniouk, Paul Daniel, Simon Blendis, Maxim Emelyanychev, Jonathan Webb e Eliahu Inbal. Ademais, a tempaada contará cun concerto da orquestra de cámara londiniense, Academy of St. Martin in the Fields, con Simon Blendis, como concertino. Esta é a nova oferta de Afundación para os afeccionados á música clásica. 

A XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE REDONDELA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A ENTRADA EN SERVIZO DO CENTRO DE DÍA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o rexedor de Redondela, Javier Bas Corugeira, rubricaron esta mañá o acordo

_lan8984

  • Este novo recurso, cunha capacidade máxima de 40 prazas, abrirá as súas portas dando servizo inicialmente a 20 usuarios, cifra que se irá incrementando paulatinamente a medida que se vaia reforzando o servizo

 

Redondela (Pontevedra), 26 de decembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde presidente de Redondela, Javier Bas Corugeira, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a próxima apertura do novo Centro de Día deste municipio pontevedrés. Cando este equipamento abra as súas portas dará servizo inicialmente a 20 usuarios, sendo a súa capacidade máxima de 40 prazas que se irán cubrindo a medida que se vaia reforzando o servizo. A Consellería de Política Social investiu na súa construción 2.291.653 euros e máis de 32.000 euros destinados á preparación do centro para a súa posta en funcionamento.

 

Na súa intervención, Rey Varela, agradeceu a rexedor e ao concello o seu interese e disposición para que “este convenio puidera saír adiante e así dotar a Redondela dun recurso asistencial para os nosos maiores moi necesario e do que carecían ata o de agora”, dixo. Nesta liña, o conselleiro destacou a importancia da colaboración institucional, o diálogo e o consenso entre administracións para “impulsar a atención ás persoas e familias que máis precisan do noso apoio”, ao tempo que reivindicou o papel dos maiores “porque eles contribuíron a que hoxe disfrutemos dun estado de benestar xa consolidado”. José Manuel Rey tamén quixo agradecer, ademais de ao Concello de Redondela,  ao Consorcio “polo traballo realizado para poñer en marcha este servizo” e a Cogami, que se fará cargo da xestión deste centro de titularidade autonómica  e da que dixo “é unha garantía de calidade”.

 

Este acordo entre o responsable da área Social do Goberno autonómico e o primeiro edil de Redondela é o terceiro que se asina, tras o rubricado para a xestión e financiamento do Centro de Día da Pobra do Caramiñal e Curtis, ao abeiro do convenio marco subscrito entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

 

Así as cousas e segundo se recolle no convenio, o Concello contribuirá ao financiamento dos gastos de funcionamento deste centro de atención diúrna, achegando un importe de 2.500 euros ao ano por cada unha das prazas ocupadas por usuarios empadroados en Redondela.

AIRE é a terceira proposta musical de María Fumaça

unnamed

Despois do éxito de María Fumaça e Xiqui Xoque, Fiú Fiú, nace Aire, a terceira entrega da locomotora da alegría que este Nadal se pon en marcha e que chega a Vigo este mércores 28 de decembro ás 17,30h ao Auditorio Mar de Vigo

Despois do éxito obtido en Pontevedra e Ourense, onde esgotaron as localidades, chega a Vigo a familia María Fumaça, comandada polo maquinista Ruí, un neno diferente, como tamén o somos cada un de nós, que demostra que se pode bailar nunha cadeira de rodas e cantar sinfonías vocais que recordan o son máxico da linguaxe das baleas ou o canto primeiro das tribos, cando aínda non descubriran as palabras.
Grandes músicos como Uxía Senlle, Sergio Tannus, Magín Blanco ou Santi Cribeiro van de estación a estación a través das letras das cancións e constrúen para el, e para todo o público, un universo sonoro e afectivo.
Unha aventura que transita por horizontes musicais que nos axudan a entender que a discapacidade non é unha maldición, só unha diferenza que pode ser vivida con normalidade, nun ambiente musical, festivo e optimista.
Desta volta a locomotora leva as vitaminas d’A horta de Balbina, o canto etéreo e visceral de Ruí e do seu compañeiro Caco e así ata dezaoito cancións para facer felices a quen as escoite, compartir medos e alegrías, pintar vías libres en calquera lugar e construír castelos no aire para imaxinar un mundo sen barreiras, solidario, en comunidade e onde non exista a marxinación.
A bandeira da locomotora é a liberdade, ser nenos caníbales, malores, rubadas, comunicarnos de moitas maneiras, como queiramos, por whatsapp, por carta ou lingua de signos. O que motiva o libro é falar das cousas cotiás e importantes, do dereito á diferenza, á diversidade. Este disco é unha invitación a entrar no universo de Ruí, nos seus xogos, no seu mundo rico, imaxinativo e diferente, a entendelo por riba de todo e a respirar o mesmo aire, que é de todos e de todas sen excepción.

AS OBRAS DE REHABILITACIÓN EN 4 INMOBLES DA RÚA FERRERÍA ESTARÁN REMATADAS NO PRIMEIRO SEMESTRE DO VINDEIRO ANO 2017

  • 26122016_ferreria10-12O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, supervisou estes días os traballos
  • Na rúa Ferrería estase a actuar nos números 10-12 e 45-47 cun investimento que chega aos 940.000 euros
  • Unha vez rematadas as obras de recuperación se contará con 6 novas vivendas e 2 locais comerciais máis na zona alta do casco histórico
  • A previsión é que o procedemento para sortear estas vivendas de protección autonómica (VPA) se inicie no primeiro trimestre do ano
  • Hai uns días iniciouse outra rehabilitación en Subida ao Castelo 12 e para o vindeiro ano avanzarase nas obras de Subida a Costa 5 e nos proxectos de Cruz Verde 8, Cruz Verde 12 e Ferrería 8
  • O CCVV leva rehabilitadas 99 vivendas e 27 locais comerciais onde xa residen máis de 150 persoas ademais de abrir os seus negocios novos emprendedores.