A XUNTA CONVOCA OPOSICIÓNS PARA 20 PRAZAS DE AXENTES DO SERVIZO DE GARDACOSTAS DE GALICIA

  • As persoas interesadas disporán dun prazo de 20 días naturais, a partir do 28 de decembro, para presentar as solicitudes
  • Para participar nas oposicións é preciso ter permiso de conducir, libreta marítima e título de bacharelato ou de técnico de ciclo medio

 

Santiago, 27 de decembro de 2016.- A Xunta de Galicia vén de convocar oposicións para cubrir 20 prazas de axentes do Servizo de Gardacostas da Administración galega, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe. Das 20 prazas convocadas, 15 son de de acceso libre –a elas poderá aspirar calquera persoa que cumpra os requisitos- e outras cinco de promoción interna.  

 

As persoas que superen este proceso selectivo pasarán a formar parte da escala de  axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, no subgrupo C1. Entre os principais requisitos que se esixen para participar nas probas está o dispoñer do permiso de conducir e da libreta marítima, mentres que a titulación mínima requirida é o bacharelato ou ter o título de técnico de ciclo medio de Formación Profesional.

 

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe os pormenores desta convocatoria, cuxo sistema de selección é o de oposición libre. As persoas interesadas en participar nestas oposicións disporán de 20 días naturais para presentar as súas solicitudes, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no DOG, polo que o prazo rematará o 16 de xaneiro.

 

Os axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia –adscrito á Consellería do Mar– teñen a consideración de axentes de autoridade no exercicio das súas funcións. Entre elas, figuran custodiar, protexer, vixiar e defender os recursos mariños de Galicia e controlar o aproveitamento destes recursos, así como vixiar e previr a contaminación mariña, participando nas tarefas de eliminación.

 

Ademais, as persoas que integran a escala de axentes do Servizo de Gardacostas tamén participan en labores de salvamento marítimo, vixían o funcionamento ordinario de centros e instalacións relacionadas coa produción acuícola e en xeral coa conservación do medio mariño, e tamén poden efectuar denuncias polas infraccións tipificadas na lexislación de protección dos recursos marítimos, e realizar as inspeccións que se lles encomenden.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: