ABANCA entrega a Cáritas máis de 4.300 xoguetes para as familias máis desfavorecidas

  • A iniciativa forma parte da campaña solidaria ‘A ilusión crece cando se comparte’ que ABANCA puxo en marcha
  • A entidade recolleu xoguetes do 12 ao 23 de decembro en dous locais que o banco habilitou en Vigo e A Coruña
  • 95 empregados e empregadas de ABANCA estiveron como voluntarios atendendo os locais nos que se recolleron os xoguetes
20161227-abanca-entregajuguetes1
No centro, a directora de Responsabilidade Social Corportativa de ABANCA, Tatiana Suárez Cancelo, coas representantes de Cáritas en A Coruña, Paula Lobagueira e Rosa García Vilariño, e con voluntarios que participaron na campaña solidaria durante o acto de entrega dos xoguetes recollidos.

 

20161227-abanca-entregajuguetes2
Imaxe dalgúns dos xoguetes recollidos no local habilitado durante a campaña en A Coruña.

 

20161227-abanca-entregajuguetes-vigo
Entrega dos xoguetes en Vigo. Jorge Martínez (quinto pola esquerda) e varios voluntarios de ABANCA entregaron ao director de Cáritas en Vigo, Gonzalo Dávila, os xoguetes recollidos.

 

ABANCA entregou hoxe a Cáritas os 4.386 xoguetes recollidos durante a campaña solidaria ‘A ilusión crece cando se comparte’que a entidade financeira galega puxo en marcha para axudar ás familias máis desfavorecidas durante este Nadal.

A directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA, Tatiana Suárez Cancelo, foi a encargada de entregar na Coruña a Paula Lobagueira e Rosa García Vilariño, representantes de Cáritas, os xoguetes recibidos. En Vigo, o director territorial de ABANCA, Jorge Martínez, e voluntarios de ABANCA deron ao director de Cáritas na cidade, Gonzalo Dávila, os xoguetes doados.

“Queremos dar as grazas a toda a sociedade galega porque se implicou en achegar o seu gran de area para que os nenos e nenas das familias máis desfavorecidas de Galicia non queden sen os seus xoguetes nestas datas. Estamos moi contentos e orgullosos porque conseguimos superar o conseguido outros anos”, destaca Tatiana Suárez Cancelo.

Os xoguetes foron doados polos empregados e empregadas da entidade galega e tamén por todas as persoas que se achegaron entre o 12 e 23 de decembro aos dous locais habilitados en Vigo e A Coruña. Ademais, ABANCA puxo a disposición de todas as persoas que quixesen colaborar un número de conta solidario para facer doazóns. O diñeiro recadado a través desta conta destinouse a comprar xoguetes.

Voluntariado corporativo ABANCA

Durante as dúas semanas que durou a campaña de recollida de xoguetes, os dous locais habilitados por ABANCA estiveron atendidos por empregados e empregadas da entidade financeira que participan no seu programa de Voluntariado Corporativo. En total, 95 voluntarios e voluntarias dedicaron o seu tempo libre a recoller e organizar todos os xoguetes recibidos. Ademais, voluntarios de Cáritas tamén estiveron a atender os locais e participando nas tarefas de recollida e organización dos xoguetes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: