O PORRIÑO DESPEDIRÁ 2016 O VENRES DÍA 30 NUNHA FESTA CHEA DE LUCES E SON QUE LEVARÁ AOS ASISTENTES AOS ANOS 80 DO SÉCULO PASADO

A Festa de Pre Fin de Ano deste 2016 dará comezo ás 21:30 h. do vindeiro venres, día 30 de decembro, co inicio da actuación da Rondalla de Santa Eulalia de Atios e da Rondalla de Pontellas, que percorrerán as rúas da vila ata chegar ao centro.

Ás 10 da noite, na Carpa do Roxy empezarán as actuacións dos grupos e artistas que amenizarán a ‘despedida’do ano ata as 3 da mañá: iniciará a festa o grupo Broken Peach, que estará no escenario de 10 a 11 e media  para dar paso á montaxe da cabina de DJ Charlie, xusto ante das campás de media noite e os ‘Lacasitos da sorte’, que farán as veces das tradicionais uvas.

Ás mesmas seguirán as sesións do DJ Charlie, que porá a música ao desfile e a visita de 25 personaxes que desfilarán pola pasarela de animación con vestiario deseñado e feito para a ocasión por unha empresa de O Porriño.

O Concello lembra que o aforo da carpa, que contará con 10.000 watios de luces e 15.000 de son, está limitado a 1.800 persoas e pide aos asistentes que acudan caracterizados coma si estiveramos aínda nos anos 80 do século pasado.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: