Reforma integral rúa Pontevedra

 

rua-pontevedraREMATADA A REFORMA INTEGRAL DA RÚA PONTEVEDRA CO CAMBIO DE SANEAMENTO, BEIRARRÚAS, ALUMEADO, ASFALTADO E PLANTACIÓN DE ÁRBORES

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, ven de rematar a reforma total e humanización da rúa Pontevedra, un proxecto que puido facerse realidade logo da obtención dunha achega de 248.000€ procedente do Plan Hurban, do Goberno de Galicia, por medio da Consellería  de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Manuel Carrera salienta a importancia dunha obra que supón a “mellora integral” dunha vía do centro de O Porriño, moi transitada e que, ademais de resultar perigosa para os peóns,  estaba moi danada.

Os traballos “que supoñen un cambio radical na rúa Pontevedra”, abranguen a separación das conducións de fecais e pluviais, coa creación de máis de 452 metros lineais de saneamento e outros tantos de pluviais; a humanización completa, co cambio de beirrúas de 2 metros de ancho; o soterramento das conducións de telefonía, auga e electricidade; a colocación de alumeado led de baixo consumo en 11 luminarias novas- dende o mastro ata a farol- e a plantación de 15 árbores.

Esta obra, salienta o concelleiro de Vías e Obras, muda unha rúa deteriorada, “onde eran constantes as queixas das veciñas e veciños, que ademais das incomodidades tiñan que soportar o perigo de camiñar pola mesma”,  nunha zona residencial.

Manuel Carrera engade que, no mesmo barrio, está moi adiantado o proxecto para a transformación da rúa Coruña, onde xa se fixeron distintas obras de mellora. O tenente de alcalde subliña que o departamento de Vías e Obras está a traballar “sen descanso” para conquerir o investimento necesario para acometer a súa humanización qu, asegura, será unha realidade en pouco tempo.     

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: