Archive | diciembre 29, 2016

El Gobierno realizará en el primer trimestre de 2017 una nueva subasta de renovables

* El Gobierno ha remitido hoy a la CNMC una propuesta normativa para poder incorporar al sistema eléctrico nueva energía renovable mediante un mecanismo de subastas competitivas

* La primera subasta se llevará a cabo en el primer trimestre del 2017 y permitirá competir a las distintas tecnologías, siendo finalmente adjudicada aquella más barata para el consumidor

29.12.16. España tiene el firme compromiso de alcanzar el 20% de energía renovable en el año 2020. Actualmente se encuentra por encima de la senda prevista para cumplir ese objetivo (en 2014 alcanzó un 17,3% frente al 12,1% previsto, incluyendo los biocarburantes), situándose, además, por delante de la mayoría de países de nuestro entorno (5,5% de Holanda, 7% de Reino Unido, 13,8% de Alemania o 14,3% de Francia) según Eurostat.

Para seguir avanzando en el cumplimiento de los objetivos contra el cambio climático, el Gobierno tiene previsto impulsar la introducción de nueva energía renovable en el sistema eléctrico.

En este sentido se prevé la introducción de hasta 3.000 MW de energía renovable mediante un mecanismo de subastas competitivas y tecnológicamente neutrales, donde las distintas tecnologías puedan competir en igualdad. De esta forma se garantiza que se incorporan aquellos proyectos más eficientes y que supongan un menor coste para el consumidor, en línea con las directrices de la Comisión Europea.

Los nuevos proyectos deberán ejecutarse antes del 31 de diciembre de 2019, por lo que se contemplan diversos hitos intermedios y un sistema de garantías y controles.

Hoy se ha remitido a la CNMC una propuesta normativa (formada por un Real Decreto y una Orden Ministerial) que regula el procedimiento de las subastas y la asignación de los proyectos más competitivos. La CNMC realizará trámite de audiencia a los interesados para su valoración.

Posteriormente se concretará el procedimiento mediante una Resolución del Secretario de Estado, estableciendo las reglas de detalle de la subasta y la fecha concreta de la convocatoria.

El Consello da Xunta de Galicia cesa al Secretario de Mar, Carlos Maneiro días después de que Pladesemapesga denunciara ante TSXG la presunta malversación de unos 6 millones de euros fondos europeos.

El Consello da Xunta de Galicia cesa al Secretario de Mar, Carlos Maneiro días después de que Pladesemapesga denunciara ante TSXG la presunta malversación de unos 6 millones de euros fondos europeos.
El Consejo de la Xunta de Galicia celebrado hoy BAJO LA PRESIDENCIA DEL SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO…Firma el “Decreto polo que se dispón o cesamento de Juan Carlos Maneiro Cadillo como director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica”. El cese se sustancia tras las denuncias de la Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia avalada por la Fiscalía Europea OLAF, sobre la creación de cuatro convenios y una consultoría por las mismas actividades, que no existen en el registro de convenios de la Xunta de Galicia como es de obligado cumplimiento y de los que la Comisión de Transparencia de Galicia sigue curso.
Estos convenios de fondos europeos, podrían haber desviado más de 6 millones de euros, en este momento sin cuantificar, trasladados a Madrid por la Diputada y Conselleira do Mar, Rosa Quintana, siendo utilizada la Casa de Galicia en Madrid para firmar los acuerdos entre la Sra Quintana y el Decano de los Ingenieros Navales, cuyo destino del dinero público es una Comisión creada al efecto que preside Carlos Maneiro encargado de hacer desaparecer el dinero público.
Tras llegar a conocimiento de PLADESEMAPESGA, traslada los hechos a la Fiscalía Europea que en su informe del Nº OF/2016/0369/01 informa de la existencia de los citados convenios y la consultoría que niega la Sra Rosa Quintana y su Secretaría Xeral Técnica junto al Sr Maneiro, cargados a los Fondos Europeos de Pesca.
Ante las negativas a aclarar o desmentir, Pladesemapesga trasladaba el expediente al Juzgado, correspondiendo al Nº 5 de Instrucción en A Coruña…Y al Consello Galego de Contas y Comisión de Transparencia de Galicia, cuya respuesta del Consello Galego de Contas se inhibe a favor del tribunal de Cuentas por ser la competente en estos casos.
Estos convenios de la Sra Rosa Quintana y el Sr Carlos Maneiro ya fueron solicitados en el Parlamento de Galicia bajo iniciativa de Marisol Soneira Tajes ex Deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia y José Luís Méndez Romeu portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia el día 6 de Abril de 2016, sin que nadie de la Xunta de Galicia haya respondido, aclarado o desmentido.
Tras el largo recorrido judicial y a la vista del resultado de las últimas elecciones, la Sra Rosa Quintana Carballo sale Diputada al Parlamento de Galicia y renueva su cargo como Conselleira de Mar del Gobierno de la Xunta de Galicia;
Esto motiva que a la luz del “aforamiento” de la Sra Rosa Quintana las diligencias judiciales que se siguen en el Juzgado corresponderían al Tribunal Superior de Justicia de Galicia, razón esta por la que PLADESEMAPESGA en escrito de fecha 5 de Diciembre solicita al juzgado la remisión de los autos al TSXG, por ser el competente para la investigación y procesamiento de Carlos Maneiro y Rosa Quintana si procede a la vista de las pruebas e investigaciones.
Todo esto trae como consecuencia el CESE del Sr Carlos Maneiro Cadillo, tratando de evitar así que las irregularidades puedan salpicar al Gobierno del Partido Popular de Galicia

ETHEL VÁZQUEZ DESTACA QUE A XUNTA LICITARÁ MAÑÁ AS OBRAS DO TERCEIRO TRAMO DA AUTOVÍA DO MORRAZO PARA QUE NO VERÁN ESTEA EN EXECUCIÓN A TOTALIDADE DAS ACTUACIÓNS

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, e o director da AXI, Francisco Menéndez, supervisou hoxe os avances nos traballos de desdobramento do corredor

 

 clip_image002

  • Vázquez Mourelle indica que o Diario Oficial da UE e a Plataforma de Contratación da Xunta publicarán mañá a contratación deste treito duns 4 km, entre o enlace de Meira e o primeiro de Cangas, por un importe de 18,2 millóns de euros
  • A Xunta xa ten en obras os dous primeiros treitos da autovía, para o que foi preciso un corte de tráfico nas últimas semanas ao longo dos 6 primeiros quilómetros, que permitiu intensificar o ritmo das obras e progresar no rebaixe dos desmontes
  • O corredor permanece aberto ao tráfico dende o 21 de decembro ata o 8 de xaneiro para non interferir nas operacións saída e retorno do Nadal e volve pechar o día 9 para continuar coas voaduras nestes primeiros quilómetros
  • Na visita de hoxe supervisáronse un dos noiros do treito I, obxecto de voaduras nas últimas semanas, e o viaduto da Moura, con máis de 400 metros, no que os piares xa están rematados e estase montando o lanzavigas para poder executar o taboleiro
  • A conselleira subliña que  esta infraestrutura é prioritaria para a Xunta coa fin de mellorar a mobilidade dos veciños do Morrazo e mostra diso é que os Orzamentos de 2017 reservan a maior dotación en materia de estradas, con 22 millóns de euros
  • No que se refire ao Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, Vázquez sinala que a Xunta segue agardando a que o Concello integre o autobús urbano no Plan, pero a día de hoxe non remitiu as máquinas canceladoras homologadas

 

Moaña (Pontevedra), 29 de decembro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou hoxe as obras da autovía do Morrazo, onde salientou que a Xunta licitará mañá o terceiro tramo, entre o enlace de Meira e o primeiro enlace de Cangas, coa fin de que no verán estea en execución a totalidade das actuacións.

 

Vázquez Mourelle, acompañada polo director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, concretou que o Diario Oficial da Unión Europea e a Plataforma de Contratación da Xunta publicará mañá a licitación das obras deste treito de case 4 km por un importe de 18,2 millóns de euros.

 

O Executivo autonómico xa ten en obras os dous primeiros treitos da autovía, para o que foi preciso o corte de tráfico realizado nas últimas semanas ao longo dos 6 primeiros quilómetros, que permitiu intensificar o ritmo das obras e progresar no rebaixe dos desmontes, fundamentalmente nos do primeiro treito.

 

Na visita de hoxe supervisáronse un dos noiros do treito I, que foron obxecto de voaduras nas últimas semanas, e o viaduto da Moura, o segundo máis longo de todo o corredor, con máis de 400 metros, no que os piares xa están rematados e estase agora montando o carro lanzavigas, para poder executar o taboleiro.

 

A responsable de Infraestruturas tamén puido ver sobre o terreo o que se ten avanzado coas voaduras efectuadas ao longo destas oito semanas que estivo pechado ao tráfico o corredor, ata que se reabriu o día 21. Vázquez destacou que durante este tempo os operarios estiveron traballando arreo, incluso as fins de semana e os festivos da ponte de decembro, para axilizar ao máximo a execución. Ademais, agradeceu a todas as persoas que están a traballar na autovía a dedicación e o esforzo que están a realizar co obxectivo de poder concentrar os traballos de maior entidade no menor tempo posible.

 

A Xunta, atendendo ás recomendacións feitas pola DXT, acordou que o corredor se reabriría ao tráfico no Nadal, entre os días 21 de decembro e 8 de xaneiro, ambos incluídos, para non interferir na operación saída e retorno. Esta infraestrutura volverá pecharse o próximo día 9 de xaneiro para continuar coas principais voaduras que hai que realizar nestes primeiros quilómetros.

 

Ethel Vázquez subliñou que  esta infraestrutura conta cun investimento global de 55 millóns de euros, contando coa maior dotación orzamentaria en 2017, con 22 millóns reservados. Fixo fincapé en que a Xunta considera esta actuación esencial e prioritaria para o reforzo da seguridade viaria e a mellora da mobilidade dos veciños do Morrazo.

Aposta polo transporte público

Por outra parte, a conselleira manifestou que o seu departamento é consciente de que o peche causa certas incomodidades e alteracións na mobilidade de usuarios e veciños do Morrazo, polo que agradeceulles a todos os cidadáns a súa comprensión e convidounos a apostar polo transporte público nos seus desprazamentos.

 

O emprego do transporte público experimentou un incremento do 20 % en Cangas e Moaña no mes de novembro, no que se rexistraron preto de 900 viaxes máis ao día respecto ao mesmo período do ano anterior.

 

No que se refire ao Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, a responsable de Infraestruturas subliñou que a Xunta segue agardando a que o Concello cumpra cos compromisos que adquiriu co Goberno galego e cos 13 concellos da área metropolitana e integre o autobús urbano no Plan. Precisou que a día de hoxe non ten remitido aínda á Xunta as máquinas canceladoras homologadas para que a tarxeta de transporte metropolitano funcione nos autobuses urbanos.

 

Afundación comeza mañá na Sede de Vigo o curso de cociña infantil «Cociña infantil: petiscos para os Reis Magos»

Afundación celebrará, entre mañá e o 4 de xaneiro, o curso «Cociña infantil: petiscos para os Reis Magos» que ten cuberta a totalidade de prazas. Está estruturado nunha sesión diaria a elixir horario de mañá, de 11.00 a 13.00 h., e de tarde, de 18.00 a 20.00 h., e dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos de idade. O obxectivo principal desta iniciativa é facer que os máis pequenos aprendan nocións de cociña mentres se divirten.

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o espectáculo de Jorge Blass «Palabra de Mago»

Afundación acollerá, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz,13), o espectáculo do mago, Jorge Blass, «Palabra de Mago», que terá lugar os días 3 e 4 de xaneiro e está estruturada en 3 pases. O primeiro día están programadas dúas sesións, ás 18.00 e ás 20.30 h, e o derradeiro día unha única, de peche, ás 20.30 h. O espectáculo, en palabras de Jorge Blass, «ilusionará a centos, incluso millleiros de persoas que oxalá veñan a gozar co mellor engano que poden experimentar, a maxia». As entradas xa están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: mediante a web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

POLÍTICA SOCIAL AMPLÍA AS VANTAXES DA TARXETA BENVIDA GRAZAS AO ACORDO DE ADHESIÓN SUBSCRITO CON MI MUEBLE BB

  • A firma realizará un 5% de desconto directo nas compras realizadas ou realizará un agasallo polo importe equivalente do que poderán desfrutar todos os titulares da tarxeta
  • Esta incorporación forma parte do programa de extensión de beneficios da tarxeta
  • Supermercados Eroski Center, Hipermercados Eroski e Supermercados Familia xa están a aplicar un desconto directo do 3% nas compras

 

Santiago, 28 de decembro de 2016.- A Consellería de Política Social vén de asinar un novo acordo de adhesión coa empresa Mi Mueble BB para a participación da mesma no desenvolvemento do programa Tarxeta Benvida. En virtude deste acordo, a compañía aplicará un 5% de desconto directo nas compras realizadas ou realizará un agasallo polo importe equivalente do que poderán desfrutar todos os titulares da Tarxeta Benvida. Para poder beneficiarse deste desconto, a tarxeta deberá estar en vigor e o titular deberá identificarse co DNI.

 

Deste xeito, Mi Mueble BB súmase a outras firmas que xa asinaron o acordo de adhesión como Supermercados Eroski Center, Hipermercados Eroski e Supermercados Familia, que xa están a aplicar un desconto directo do 3% nas compras das persoas titulares da Tarxeta Benvida.

 

No marco da ampliación dos beneficios da Tarxeta Benvida, púxose en marcha unha convocatoria pública de adhesión á que poden sumarse as persoas físicas e xurídicas que teñan oficinas ou establecementos de libre acceso ao público na Comunidade Autónoma de Galicia e lle oferten ás familias titulares da tarxeta unha ampliación ou mellora dos seus beneficios ao presentala nos seus negocios.

 

As vantaxes poden ser de diversos tipos (descontos, obsequios, ofertas especiais,…) e son fixadas libremente por quen as ofrece, debendo ser aplicadas, sen maior requisito, a toda a clientela que sexa titular dunha Tarxeta Benvida.

 

Galicia referente no apoio ás familias e á natalidade

A Tarxeta Benvida forma parte do Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia), un proxecto global posto en marcha a finais de 2015 que persegue dar resposta ás necesidades dos pais e nais galegos, garantir o benestar das familias e apoialas de xeito integral e continuo dende o primeiro momento. Dende a implantación da Tarxeta Benvida no 2016 e ata a data, presentáronse máis 14.000 solicitudes, estando xa en posesión das familias un total de 12.685 tarxetas. A cifra de concesións está previsto que se incremente ata chegar ás 15.000, tendo en conta que as familias teñen dous meses dende o nacemento para solicitar a axuda polo que se presentarán novas solicitudes ata finais de febreiro de 2017.

 

A XUNTA INCREMENTA UN 3% O ORZAMENTO DAS AXUDAS AO MANTEMENTO DAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DE ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL

José Manuel Rey Varela trasladou as novidades da convocatoria aos representantes da Asociación Galega de Escolas Infantís de Iniciativa Social (ASEIGAIS) e da Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra (AFESÍN)

 

  • 2016-12-28-13-37-22_resizedA convocatoria, dotada con 3.160.152 euros, permitirá manter arredor de 46 centros e 2.700 prazas e será aprobada no último Consello da Xunta do ano

 

Santiago, 28 de decembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe no seu despacho de San Caetano unha reunión informativa con representantes da Asociación Galega de Escolas Infantís de Iniciativa Social (ASEIGAIS)  e da Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra (AFESÍN) co obxecto de  trasladarlles as principais novidades da convocatoria de axudas para o mantemento das escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades de iniciativa social. A proposta será abordada no último Consello da Xunta do ano, que se celebrará mañá xoves.

 

Así as cousas, Rey Varela avanzaba ao colectivo que a convocatoria destas axudas en 2017 está dotada con 3.160.152 euros, o que supón un incremento orzamentario do 3% con respecto ao ano 2016 e o que permitirá manter arredor de 46 centros e 2.700 prazas. Ao abeiro desta convocatoria serán subvencionables os gastos de persoal, de alimentación e outros gastos xerais de mantemento dos centros.

 

A contía da axuda establécese en función do número de unidades da escola infantil autorizadas que estean en funcionamento na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes e da prestación do servizo de comedor. Deste xeito, tal e como debullou o conselleiro, os centros con servizo de comedor que teñan entre 1 e 3 unidades, recibirán 19.372 euros por un idade en funcionamento; os de 4 a 6 unidades recibirán 18.496 euros por unidade en funcionamento; e aquelas que conten con 7 ou máis unidades percibirán 17.609 euros por unidade en funcionamento. Aqueles centros que non dispoñan de servizo de comedor recibirán unha contía de 15.638 euros por unidade en funcionamento.

 

Ademais, como novidade, o titular da carteira social destacou que se concederá un anticipo do 80% da cantidade subvencionada a todas as entidades beneficiarias para garantir a súa liquidez e tamén se incorporará por primeira vez a xustificación da subvención mediante módulos, o que permitirá ás entidades xustificar a axuda dun xeito máis sinxelo ao tempo que se axiliza a súa xestión administrativa. Cómpre destacar que José Manuel Rey reiterou o seu apoio á asociación e agradeceu o seu labor diario en prol do benestar dos nenos e nenas e das súas familias.  

 

Fomento da conciliación

A ampliación e mellora na calidade das escolas infantís 0-3 como recurso educativo, que contribúe á conciliación da vida laboral, persoal e familiar das familias galegas é un dos obxectivos da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Deste xeito, neste curso 2016-2017 hai un total de 22.316 prazas en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos. Isto supón 1.871 novas prazas, é dicir, un 9% máis de prazas que no curso pasado, o que fará que Galicia ofreza unha ratio de cobertura do 37,3%, superando a recomendada pola UE.

Fin de año Grupo Bretema

0-1 0-2 0-3El pasado día 27, el grupo Poético Brétema recitó en el Centro de Día de la tercera edad “ATENDO”  en la ciudad de Vigo, para felicitarle las fiestas a los residentes diurnos de dicho centro.

Los componentes de Brétema que asistieron al recital han quedado tremendamente satisfechos de la atención y cariño de estas personas de la tercera edad pero que tienen el espirito de la juventud. Los componentes de Brétema consideran que no son personas de la tercera edad sino de la tercera juventud, “viejovenes”. Ha sido una verdadera felicidad haber podido hacerles felices durante hora y media.

Se les amenizo la velada con poesía, música, comicidad y pequeñas parodias de humor.

Como poetas aactuaron, Mariano Marcos de Abalo, Alonso Rodríguez Galego, Gelu García Susavila, Amante Romero Álvarez, Miguel Correa Nogueira, Candela Fernández Mouriño, Victoria Álvarez Fidalgo, Esmeralda Muiños, y María Luisa López que actuó como presentadora del acto.