A XUNTA INCREMENTA UN 3% O ORZAMENTO DAS AXUDAS AO MANTEMENTO DAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DE ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL

José Manuel Rey Varela trasladou as novidades da convocatoria aos representantes da Asociación Galega de Escolas Infantís de Iniciativa Social (ASEIGAIS) e da Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra (AFESÍN)

 

  • 2016-12-28-13-37-22_resizedA convocatoria, dotada con 3.160.152 euros, permitirá manter arredor de 46 centros e 2.700 prazas e será aprobada no último Consello da Xunta do ano

 

Santiago, 28 de decembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe no seu despacho de San Caetano unha reunión informativa con representantes da Asociación Galega de Escolas Infantís de Iniciativa Social (ASEIGAIS)  e da Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra (AFESÍN) co obxecto de  trasladarlles as principais novidades da convocatoria de axudas para o mantemento das escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades de iniciativa social. A proposta será abordada no último Consello da Xunta do ano, que se celebrará mañá xoves.

 

Así as cousas, Rey Varela avanzaba ao colectivo que a convocatoria destas axudas en 2017 está dotada con 3.160.152 euros, o que supón un incremento orzamentario do 3% con respecto ao ano 2016 e o que permitirá manter arredor de 46 centros e 2.700 prazas. Ao abeiro desta convocatoria serán subvencionables os gastos de persoal, de alimentación e outros gastos xerais de mantemento dos centros.

 

A contía da axuda establécese en función do número de unidades da escola infantil autorizadas que estean en funcionamento na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes e da prestación do servizo de comedor. Deste xeito, tal e como debullou o conselleiro, os centros con servizo de comedor que teñan entre 1 e 3 unidades, recibirán 19.372 euros por un idade en funcionamento; os de 4 a 6 unidades recibirán 18.496 euros por unidade en funcionamento; e aquelas que conten con 7 ou máis unidades percibirán 17.609 euros por unidade en funcionamento. Aqueles centros que non dispoñan de servizo de comedor recibirán unha contía de 15.638 euros por unidade en funcionamento.

 

Ademais, como novidade, o titular da carteira social destacou que se concederá un anticipo do 80% da cantidade subvencionada a todas as entidades beneficiarias para garantir a súa liquidez e tamén se incorporará por primeira vez a xustificación da subvención mediante módulos, o que permitirá ás entidades xustificar a axuda dun xeito máis sinxelo ao tempo que se axiliza a súa xestión administrativa. Cómpre destacar que José Manuel Rey reiterou o seu apoio á asociación e agradeceu o seu labor diario en prol do benestar dos nenos e nenas e das súas familias.  

 

Fomento da conciliación

A ampliación e mellora na calidade das escolas infantís 0-3 como recurso educativo, que contribúe á conciliación da vida laboral, persoal e familiar das familias galegas é un dos obxectivos da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Deste xeito, neste curso 2016-2017 hai un total de 22.316 prazas en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos. Isto supón 1.871 novas prazas, é dicir, un 9% máis de prazas que no curso pasado, o que fará que Galicia ofreza unha ratio de cobertura do 37,3%, superando a recomendada pola UE.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: