ETHEL VÁZQUEZ DESTACA QUE A XUNTA LICITARÁ MAÑÁ AS OBRAS DO TERCEIRO TRAMO DA AUTOVÍA DO MORRAZO PARA QUE NO VERÁN ESTEA EN EXECUCIÓN A TOTALIDADE DAS ACTUACIÓNS

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, e o director da AXI, Francisco Menéndez, supervisou hoxe os avances nos traballos de desdobramento do corredor

 

 clip_image002

  • Vázquez Mourelle indica que o Diario Oficial da UE e a Plataforma de Contratación da Xunta publicarán mañá a contratación deste treito duns 4 km, entre o enlace de Meira e o primeiro de Cangas, por un importe de 18,2 millóns de euros
  • A Xunta xa ten en obras os dous primeiros treitos da autovía, para o que foi preciso un corte de tráfico nas últimas semanas ao longo dos 6 primeiros quilómetros, que permitiu intensificar o ritmo das obras e progresar no rebaixe dos desmontes
  • O corredor permanece aberto ao tráfico dende o 21 de decembro ata o 8 de xaneiro para non interferir nas operacións saída e retorno do Nadal e volve pechar o día 9 para continuar coas voaduras nestes primeiros quilómetros
  • Na visita de hoxe supervisáronse un dos noiros do treito I, obxecto de voaduras nas últimas semanas, e o viaduto da Moura, con máis de 400 metros, no que os piares xa están rematados e estase montando o lanzavigas para poder executar o taboleiro
  • A conselleira subliña que  esta infraestrutura é prioritaria para a Xunta coa fin de mellorar a mobilidade dos veciños do Morrazo e mostra diso é que os Orzamentos de 2017 reservan a maior dotación en materia de estradas, con 22 millóns de euros
  • No que se refire ao Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, Vázquez sinala que a Xunta segue agardando a que o Concello integre o autobús urbano no Plan, pero a día de hoxe non remitiu as máquinas canceladoras homologadas

 

Moaña (Pontevedra), 29 de decembro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou hoxe as obras da autovía do Morrazo, onde salientou que a Xunta licitará mañá o terceiro tramo, entre o enlace de Meira e o primeiro enlace de Cangas, coa fin de que no verán estea en execución a totalidade das actuacións.

 

Vázquez Mourelle, acompañada polo director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, concretou que o Diario Oficial da Unión Europea e a Plataforma de Contratación da Xunta publicará mañá a licitación das obras deste treito de case 4 km por un importe de 18,2 millóns de euros.

 

O Executivo autonómico xa ten en obras os dous primeiros treitos da autovía, para o que foi preciso o corte de tráfico realizado nas últimas semanas ao longo dos 6 primeiros quilómetros, que permitiu intensificar o ritmo das obras e progresar no rebaixe dos desmontes, fundamentalmente nos do primeiro treito.

 

Na visita de hoxe supervisáronse un dos noiros do treito I, que foron obxecto de voaduras nas últimas semanas, e o viaduto da Moura, o segundo máis longo de todo o corredor, con máis de 400 metros, no que os piares xa están rematados e estase agora montando o carro lanzavigas, para poder executar o taboleiro.

 

A responsable de Infraestruturas tamén puido ver sobre o terreo o que se ten avanzado coas voaduras efectuadas ao longo destas oito semanas que estivo pechado ao tráfico o corredor, ata que se reabriu o día 21. Vázquez destacou que durante este tempo os operarios estiveron traballando arreo, incluso as fins de semana e os festivos da ponte de decembro, para axilizar ao máximo a execución. Ademais, agradeceu a todas as persoas que están a traballar na autovía a dedicación e o esforzo que están a realizar co obxectivo de poder concentrar os traballos de maior entidade no menor tempo posible.

 

A Xunta, atendendo ás recomendacións feitas pola DXT, acordou que o corredor se reabriría ao tráfico no Nadal, entre os días 21 de decembro e 8 de xaneiro, ambos incluídos, para non interferir na operación saída e retorno. Esta infraestrutura volverá pecharse o próximo día 9 de xaneiro para continuar coas principais voaduras que hai que realizar nestes primeiros quilómetros.

 

Ethel Vázquez subliñou que  esta infraestrutura conta cun investimento global de 55 millóns de euros, contando coa maior dotación orzamentaria en 2017, con 22 millóns reservados. Fixo fincapé en que a Xunta considera esta actuación esencial e prioritaria para o reforzo da seguridade viaria e a mellora da mobilidade dos veciños do Morrazo.

Aposta polo transporte público

Por outra parte, a conselleira manifestou que o seu departamento é consciente de que o peche causa certas incomodidades e alteracións na mobilidade de usuarios e veciños do Morrazo, polo que agradeceulles a todos os cidadáns a súa comprensión e convidounos a apostar polo transporte público nos seus desprazamentos.

 

O emprego do transporte público experimentou un incremento do 20 % en Cangas e Moaña no mes de novembro, no que se rexistraron preto de 900 viaxes máis ao día respecto ao mesmo período do ano anterior.

 

No que se refire ao Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, a responsable de Infraestruturas subliñou que a Xunta segue agardando a que o Concello cumpra cos compromisos que adquiriu co Goberno galego e cos 13 concellos da área metropolitana e integre o autobús urbano no Plan. Precisou que a día de hoxe non ten remitido aínda á Xunta as máquinas canceladoras homologadas para que a tarxeta de transporte metropolitano funcione nos autobuses urbanos.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: