Derradeiros días de venda de abonos da nova tempada teatral de Afundación na cidade de Pontevedra
Afundación pechará o vindeiro 12 de xaneiro a venda de abonos para a nova tempada teatral en Pontevedra. O programa conta cun total de catro obras que abordan temáticas de índole introspectiva e de coñecemento do ser humano. Desde unha homenaxe a Miguel de Cervantes, conRafael Álvarez «El Brujo». Misterios del Quijote; pasando pola reflexión sobre a mala praxe xornalística en Zenit: la realidad a su medida, de Els Joglars; ata a infidelidade e as súas consecuencias en El contador del amor. Todas as compras poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e a través do teléfono 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos das entradas individuais, Afundación ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 %. A totalidade das funcións terá lugar na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2-4).https://drive.google.com/drive/folders/0B0AWnGyl0ZFlVGNuQU92TUlqSkU?usp=sharing