LÓPEZ-CHAVES SAÚDA AOS 120 PARTICIPANTES DO PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL” QUE PASAN ESTAS FESTAS NA RESIDENCIA DE PANXÓN

  • 30122016_xuntosnadalpanxon3A iniciativa levada a cabo pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade está dirixido a persoas maiores de 60 anos que se atopan soas e queren pasar estas datas de Nadal en compañía doutros
  • As residencias de tempo libre de O Carballiño, en Ourense, e de Panxón, en Nigrán, ofreceron este ano un total de 240 prazas para maiores
  • O programa comezou o pasado 23 de decembro e remata o 2 de xaneiro, cando os participantes se despedirán dos seus compañeiros de residencia
  • A iniciativa conta tamén coa implicación de 16 persoas voluntarias, que axudan aos maiores e colaboran na organización de actividades lúdicas e de ocio

 

Vigo, 30 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá aos 120 participantes do programa “Xuntos polo Nadal” que están a pasar estas datas de Nadal na residencia de tempo libre de Panxón, en Nigrán.

 

A Consellería de Política Social iniciou o pasado venres 23 de decembro unha nova edición do programa “Xuntos polo Nadal”, no que participan un total de 240 maiores acompañados de 16 voluntarios. Trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade que permite a persoas de máis de 60 anos que viven soas convivir durante 11 días –ata o 2 de xaneiro- nas residencias de tempo libre  do Carballiño, en Ourense; e de Panxón, no municipio pontevedrés de Nigrán.

 

En concreto, na residencia de Panxón están a pasar estes días un total de 120 persoas maiores que gozan de aloxamento e manutención en réxime de pensión completa ademais de disfrutar de numerosas actividades lúdicas e de animación sociocultural durante todos os días nos que transcorre a convivencia e, en especial, no día de Noiteboa e Fin de Ano. Na oferta do programa tamén se lles inclúe o desprazamento en autobús ata a residencia e a viaxe de regreso o día 2 de xaneiro, cando os maiores se despedirán dos seus compañeiros de convivencia durante estas datas de Nadal.

 

“Xuntos polo Nadal” está destinado a aquelas persoas maiores de 60 anos que se atopan soas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. Aqueles maiores con ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes) asisten de forma gratuíta ao programa, mentres que os que superan esta cantidade contribúen ao pago da estancia na residencia cunha achega de 50 euros.

 

Acompañado pola directora da residencia, María Teresa Núñez Valcarce, e a xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias, o delegado saudou a todos os participantes no centro, onde valorou moi positivamente o obxectivo deste programa, e que pasa porque “estas persoas maiores poidan pasar o Nadal en compañía e que participen de maneira activa en actividades de ocio, sociais e culturais”.

 

Ademais, o desenvolvemento do programa conta coa implicación de voluntariado, grazas á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Na edición deste ano participan un total de 16 persoas repartidas entre as dúas residencias, proporcionando así apoio e acompañamento aos maiores ademais de colaborar nas actividades lúdicas que teñen lugar en ambos centros.

 

Os voluntarios que participan neste programa de maiores están cubertos pola póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil subscrita pola Administración autonómica. Ao finalizar a súa acción voluntaria, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado expide aos que o soliciten un certificado acreditativo onde consta o labor realizado e as tarefas levadas a cabo durante a campaña.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: