Archive | enero 2017

A XUNTA PROMOVE EN MURAS A MELLORA DA ATENCIÓN A DEPENDENTES NO CONTORNO FAMILIAR COA SUBIDA DAS HORAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, entrevistouse hoxe co alcalde do municipio de Muras (Lugo), Manuel Requeijo Arnejo

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo.

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo.

 

  • O responsable da área social do Goberno galego propón ao rexedor da vila lucense a posibilidade de incrementar o número de horas dispoñibles desta prestación do sistema autonómico de atención á dependencia

 

Santiago, 31 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta tarde no seu despacho de San Caetano unha reunión de traballo co alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo, co obxectivo de abordar a situación e as necesidades existentes neste municipio lucense en materia social. Esta xuntanza enmárcase no diálogo permanente que o titular da carteira autonómica de Política Social está a manter cos rexedores e rexedoras de Galicia coa finalidade de profundar nas liñas de colaboración entre administracións.

 

Así, a través do Servizo de Atención no Fogar (SAF), Xunta e Concello prestan servizo a unha trintena de veciños e veciñas de Muras que teñen a súa dependencia recoñecida. O titular autonómico de Política Social e o primeiro edil de Muras acordaron estudar un novo incremento no número de horas de atención a persoas dependentes nos seus domicilios, co obxectivo de continuar mellorando a cobertura desta prestación que forma parte do sistema autonómico de atención á dependencia.

 

Outro dos asuntos que abordaron Rey Varela e Manuel Requeijo durante a entrevista foi a atención á infancia, en concreto a necesidade de que esta localidade da comarca de Terra Chá conte cun recurso que facilite o coidado dos nenos e nenas e, ao mesmo tempo, a conciliación da vida familiar, laboral e social dos pais e nais. Ao respecto, Xunta e ente local seguen a avanzar nos trámites para poñer en funcionamento un punto de atención á infancia na vila, que poderá iniciar a súa actividade unha vez que o devandito servizo estea plenamente adaptado ás esixencias e normativas vixentes.

 

O conselleiro e o rexedor acordaron que continuarán estudando posibles novas vías de colaboración entre as dúas administracións, co fin de mellorar os servizos e equipamentos de atención aos cidadáns en Muras, e conseguir así unhas mellores e máis eficaces políticas sociais.

 

A XUNTA PROMOVE UN NOVO CONCURSO DE SOLO EMPRESARIAL CON BONIFICACIÓNS DE ENTRE O 30 E O 50%

 

  • A empresa pública Xestur ofrece 1,4 millóns de metros cadrados  desde 12.5 euros o metro
  • Preto da metade do solo ofertado ten prezos por debaixo de 50 euros o metro cadrado, unha vez aplicada a bonificación

 

 

Santiago, 31 de xaneiro de 2016.- A Xunta, a través da empresa pública Xestur, vén de convocar un novo concurso de solo empresarial a prezo bonificado que ofertará unha superficie total de 1.4 millóns de metros cadrados. Os interesados poderán presentar ofertas de adquisición deste solo ata o 18 de marzo.

 

Neste proceso de venda de solo bonificado, que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda propón a comezos de cada ano, ofrecésense un total de 441 parcelas de solo empresarial cunha superficie total de 1.409.500,99 metros cadrados e bonificacións sobre o prezo de venda do 30 ou 50 por cento, segundo os parques empresariais.

 

  • Bonificación do 50%: parques de Xinzo de Limia, Pereiro de Aguiar, Central de Transportes, Vilamarín, Ortigueira, Cedeira, Carballo, Barreiros, Cervo, Foz, As Gándaras, Guitiriz, Muimenta, Viveiro e Arbo.

 

  • Bonificación do 30%: parques de Arzúa, Melide, Ordes, Boiro, Sigüeiro, Santa Comba, Negreira, Silleda, Lalín, A Sionlla, Reigosa, Mos e Morás

 

O Goberno galego ofrece solo en compravenda a partir de 12,50 euros por m2. O 24 % das parcelas incluídas no concurso teñen prezos por debaixo dos 35 euros o m2, unha vez aplicada a bonificación, e outro 23 por cento sitúase por debaixo dos 50 euros por m2.

 

Unha vez rematado o concurso de compravenda, as parcelas non adxudicadas poderanse vender directamente, nas mesmas condicións, prezo e bonificación que as fixadas para o concurso. Os adquirentes de solo empresarial bonificado quedan obrigados a construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos dende a sinatura da escritura de compravenda.

 

Dende que en 2015 puxo en marcha o programa de bonificacións de solo empresarial, a Xunta de Galicia leva adxudicados preto de 730 metros cadrados de solo empresarial, o que supera en preto do 20 por cento o vendido conxuntamente nos anos 2007 e 2008 en que se adxudicaron 607.000 metros cadrados en total.

 

Actualmente, 24 das empresas que adquiriron solo bonificado xa teñen rematada a construción das súas instalacións nas parcelas adquiridas e outras 31 están en proceso de edificación. Un total de 170 empresas adquirentes de solo bonificado están realizando actuacións previas á súa implantación: redacción de proxectos, obtención de licencias de construción ou construción de instalacións, incluídas as que xa están operando nas parcelas mercadas.

 

Ademais da adxudicación en compravenda, o IGVS e Xestur adxudican solo empresarial en dereito de superficie, polo que as empresas adxudicatarias pagan un canon anual moi reducido: 1,5% do prezo da parcela os dous primeiros anos, 2,5% o terceiro e cuarto ano e 3,5% a partir do quinto ano. Isto significa que en Galicia hai solo empresarial dispoñible dende 0,38 euros por metro cadrado e ano.

 

Resulta evidente que cos prezos de venda e de dereito de superficie do solo empresarial que ofrece a Xunta o custe do mesmo non é motivo suficiente para a deslocalización de empresas galegas.

 

SOLO INCLUÍDO NO CONCURSO DE VENDA CONVOCADO POR XESTUR

PARQUE EMPRESARIAL NÚMERO DE PARCELAS SUPERFICIE TOTAL m2 PREZO POR METRO CADRADO DENDE €
A Sionlla

(Santiago de Compostela)

98 407.343,50 80,50
Negreira 8 15.585,00 34,50
Santa Comba 1 1.910,00 36,40
Sigüeiro (Oroso) 1 3.279,00 49,00
Boiro 1 2.831,00 56,70
Ordes 2 8.945,00 20,50
Melide 5 10.971,00 42,00
Arzúa 2 5.083,00 42,00
Carballo 81 219.047,00 30,56
Cedeira 36 38.677,00 34,17
Ortigueira 46 54.471,00 27,00
Viveiro 19 44.501,76 35,00
Muimenta (Cospeito) 1 2.704,00 12,50
Guitiriz 1 4.834,00 22,50
As Gándaras (Lugo) 22 142.721,00 47,50
Foz 2 6.120,00 27,62
Cervo 16 29.388,17 20,00
Barreiros 8 10.398,00 25,00
Central de Transportes de San Cibrao das Viñas 4 40.187,60 34,52
Vilamarín 13 20.220,41 33,12
Pereiro de Aguiar 16 23.065,02 40,00
Mos 22 148.776,00 98,72
A Reigosa (Ponte Caldelas) 13 128.905,67 55,28
Lalín 3 8.555,00 63,00
Silleda 4 12.974,66 44
Arbo 16 18.007,20 30
TOTAL 441 1.409.500,99

Viaxe a Praga e Budapest dos centros de maiores Afundción

Afundación, dentro dos seus programas de envellecemento activo, ofrece ás persoas maiores de 55 anos a posibilidade de realizaren unha serie de viaxes, coa finalidade de promover un lecer cultural, saudable e un punto de encontro, comunicación e sociabilidade para os seus participantes. Unha actividade que, dentro da programación ofertada pola entidade, goza da preferencia de moitos dos seus usuarios e usuarias. Así, para 2017 están programadas sete viaxes, catro internacionais —Praga e Budapest, un cruceiro polo Mediterráneo, as capitais bálticas e Polonia— e tres nacionais —Aragón, vilas brancas de Cádiz e Tenerife—. O prazo de reservas para as viaxes a Praga e Budapest abrirase mañá, mércores 1 de febreiro, e as socias e socios ABANCA gozarán dun desconto no prezo final. Quen desexe anotarse pode facelo dirixíndose a calquera dos centros de maiores de Afundación. Os seus enderezos e teléfonos poden consultarse na seguinte ligazón:http://www.afundacion.org/é/envellecemento_activo/centros.

‘Trabajos de amor perdidos’ Teatro Afundación Vigo

Afundación presenta o xoves 20 de febreiro ás 20.30 h no Teatro Afundación Vigo a súa segunda proposta escénica para a nova tempada de abonos de teatro iniciada en este ano 2017. Nesta ocasión a peza que se levará á escena será Trabajos de amor perdidos, de William Shakespeare, baixo a dirección de Tim Hoare e Rodrigo Arriba. A adaptación estivo a cargo de José Padilla. A adaptación estivo a cargo de José Padilla. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade en Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500.

Cursos de cociña na Sede Afundación Vigo

cocineroAfundación organiza para este mes de febreiro na súa aula de cociña da Sede Afundación Vigo un completo programa de cursos culinarios destinados a diferentes públicos e impartidos por Monse Alonso. Por unha banda, vinculado co inverno proponse o curso «Especial pratos de pota e culler»;relacionado cunha das gastronomías máis recoñecidas do mundo, ofrécese a «Cucina auténtica da bella Italia»; e para animar todas aquelas persoas que aínda se cohiben ante os fogóns preséntase «Cocina para principiantes I».As inscricións para estes cursos pódense realizar xa a través das canles habituais da entidade a través de Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500.

AS ESCOLAS INFANTÍS DA REDE “A GALIÑA AZUL” AUMENTARÁN EN 314 O SEU NÚMERO DE ALUMNOS A PARTIR DO 1 DE FEBREIRO

Incorpóranse ao curso os pequenos de 0 a 3 anos matriculados no período extraordinario de baremación de decembro    

  • Un total de 92 escolas, das 137 que xestiona o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en funcionamento neste curso (2016-2017), sumarán novos alumnos
  • Os centros de A Laracha, Carnota, Dodro, Fene-Barallobre, Muros e Narón aumentarán ademais o número de unidades operativas

 

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017.- A rede de escolas infantís “A Galiña Azul”, xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social, incorporará a partir de  mañá mércores, 1 de febreiro, aos nenos e nenas de 0 a 3 anos matriculados no período extraordinario de baremación de decembro nas escolas infantís.  

 

Así as cousas, o inicio das clases para eses cativos suporá un incremento de 314 alumnos nos centros da “Galiña Azul” dependentes do Consorcio, respecto dos 6.351 usuarios cos que contaban ata hoxe neste curso 2016-2017. Ese aumento, que se rexistra en 92 das 137 escolas infantís que o Consorcio mantén en funcionamento no presente curso, eleva a 6.665 o número total de usuarios en toda a Comunidade autónoma.

 

A incorporación de alumnos tradúcese ademais nun aumento no número de unidades operativas en 6 das escolas infantís da “Galiña Azul” do Consorcio: Carnota, Dodro, Fene-Barallobre e Muros, que pasan de 2 a 3; Narón-Xuvia, de 5 a 6; e A Laracha, de 6 a 7. En canto á distribución por provincias dos 314 novos usuarios, as escolas de A Coruña sumarán un total de 183; as de Pontevedra, 73; as de Ourense, 38; e as de Lugo, 20.  E entre os centros que experimentarán un maior incremento de usuarios como consecuencia do período extraordinario de baremación de decembro figuran os de Narón-Xuvia (15), A Laracha (14), Ames-Bertamiráns (13), Fene-Barallobre e Rianxo (8) e Muros-Freixeiros, Lalín-Polígono 2.000,Carnota e Baiona (7).

 

Os pequenos que se incorporarán a partir de mañá mércores ás escolas infantís da “Galiña Azul” xestionadas polo Consorcio iniciarán a partir desa data o seu período de adaptación, cuxa duración varía en función de cada neno, malia que non adoita exceder das 3 semanas.

 

A rede “Galiña Azul” dependente do Consorcio oferta na actualidade un total de 7.452 prazas para nenos de 0 a 3 anos, incluíndo as 348 que sumaron as 6 novas escolas infantís que abriron as súas portas no ano 2016 (que supuxeron un investimento para Política Social de máis de 3.068.000 euros) e as 3 escolas unitarias -Crecente, en Pontevedra; Cartelle, en Ourense; e Sobrado dos Monxes, en A Coruña-, que a Consellería decidíu reabrir neste curso debido ao aumento da demanda.

JAVIER FESSER, DANIEL GUZMÁN Y DANIEL SÁNCHEZ ARÉVALO PROTAGONIZAN “MÁS CERCA”

unnamedLa campaña de JamesonNotodofilmfest ideada por Shackleton, humaniza a estos tres directores de cine, mostrando sus vidas cotidianas 

El presidente del jurado Daniel Sánchez Arévalo, el fundador y miembro del jurado, Javier Fesser y el jurado Daniel Guzman son los protagonistas de esta campaña 

La convocatoria para participar en la 15 edición del JamesonNotodofilmfest estará abierta hasta el 14 de febrero

Shackleton presenta Más cerca, una campaña que “humaniza”, a través de escenas cotidianas, a tres directores del cine español: Javier Fesser, Daniel Guzmán y Daniel Sánchez Arévalo. Los tres creadores  han prestado  su imagen  para la campaña de presentación de la 15ª edición de JamesonNotodofilmfest, el festival de cortos más importante de España.

 

Cada uno de los directores se convierte en el protagonista de una pieza audiovisual en la que asistimos a sus vidas cotidianas, en una campaña que trata de acercar la figura de director de cine consagrado a las nuevas generaciones de directores.

Para Juan Silva, Director Creativo Ejecutivo de Shackleton: “Todos los grandes directores de cine un día fueron desconocidos buscando una oportunidad, exactamente igual que los directores que presentan sus piezas al JamesonNotodofilmfest. Esta campaña,  muestra a grandes directores de cine español en sus momentos más cotidianos y de una manera simpática, tratando de animar a la gente a participar y mostrándoles que no son tan distintos a ellos”.

El equipo de Shackleton que ha trabajado en esta acción está integrado por Lucía Angulo, Directora General; Juan Silva, Director Creativo Ejecutivo; Pablo Sforza, Director de Arte; Manuel Echavarri, Redactor; Manuela Zamora, Directora de Producción Audiovisual; Cristina Cortizas, Producer; Paloma Martín y Paco Carpio, Editores; Jaime Diez, Director de Marca y Carlota Martínez-Bordiú, Ejecutiva de Cuentas.

Por su parte, el equipo de JamesonNotodofilmfest está compuesto por Álvaro Matías, Director General de La Fábrica; Marina P. Villarreal, Coordinadora y Lucía Ruiz.

La 15ª edición estará abierta hasta el 14 de febrero. Los requisitos para participar están disponibles en www.jamesonnotodofimfest.com

ABANCA colabora cos grupos de acción local da pesca para impulsar o sector

A entidade financeira inicia co GALP Ría de Vigo-A Guarda un plan de encontros co sector para presentar a oferta financeira de ABANCA Mar e dar a coñecer o programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca

20170131-abanca-galp-vigo
O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, durante o encontro informativo co GALP Ría de Vigo-A Guarda.

 

20170131-abanca-galp-vigo-2
O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, durante o encontro informativo co GALP Ría de Vigo-A Guarda.

 

31-01-2017

ABANCA dá un paso máis na súa estratexia de apoio ao mundo do mar en Galicia, ao establecer un marco de colaboración cos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) que operan na franxa costeira da comunidade. A finalidade desta alianza é impulsar o desenvolvemento da pesca, marisqueo e acuicultura galegos e difundir entre estes colectivos as axudas europeas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

O apoio do banco canalízase a través da firma de convenios de colaboración cos GALP de Galicia, que se completará nas próximas semanas. Estes protocolos inclúen unha oferta financeira personalizada ao sector, orientada principalmente a facilitar o acceso ao crédito aos profesionais e beneficiarios das subvencións europeas.

Ademais, ABANCA acaba de iniciar un plan de encontros informativos co sector, en colaboración cos distintos GALP. Nestas reunións a entidade explicará as principais liñas da oferta de produtos e servizos de ABANCA Mar, a unidade de negocio do banco para dar servizo á heteroxénea cadea de valor do mar. Pola súa banda, os representantes dos GALP presentarán o programa de axudas do FEMP 2014-2020, que xestiona a Xunta en colaboración con estes grupos sectoriais.

O primeiro destes encontros celebrouse onte en Vigo, na oficina que a entidade financeira ten no porto pesqueiro, co GALP Ría de Vigo-A Guarda, una xuntanza na que participaron de máis de medio cento de profesionais. O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, comentou os produtos máis destacados que a entidade deseñou para dar resposta ás demandas do sector. En circulante, citou produtos como Credimar, un préstamo de ata cinco anos sen comisións; Anticipo Mar, para adiantar sen comisións o cobro de subvencións e impostos; ou Confir-Mar, para o financiamento de mareas, pagos de gasóleo, dereitos de pesca, etcétera. Para o financiamento de investimentos, Javier Fraga referiuse ao Préstamo Campaña Mar e ao Leasing Pesqueiro, e tamén explicou outros produtos a medida de ABANCA, como a Hipoteca Naval ou os seguros de transportes de mercadorías, buques, acuícolas ou de bateas, entre outros.

Pola súa banda, a xerente do GALP Ría de Vigo-A Guarda, Elena Herbello Puentes, explicou os tipos de proxectos subvencionables, nas modalidades de investimento produtivo e non produtivo, así como a cuantía das axudas, os prazos de solicitude e requisitos para optar a estas axudas europeas.

O GALP Ría de Vigo–A Guarda naceu no ano 2008 co obxectivo de colaborar na xestión da súa zona de actuación, que abrangue once municipios da costa pontevedresa. O grupo participa activamente na construción da capacidade organizativa da zona pesqueira, e serve de núcleo de converxencia e representación de entidades e axentes socioeconómicos con interese no desenvolvemento integral e equilibrado da área. Representa a un total de 41 entidades locais, entre concellos, confrarías de pescadores e outras organizacións profesionais vinculadas ao sector pesqueiro, asociacións de empresarios e comerciantes e agrupacións de carácter social.

ABANCA Mar, co sector

Esta alianza de ABANCA cos GALP súmase aos acuerdos que a entidade mantiene con a maior parte das confrarías de Galicia e das principais organizacións do sector, no marco da súa estratexia de apoio ao sector primario. A través de ABANCA Mar, o banco pon a disposición do sector un crecente catálogo de produtos, ademais da proximidade e experiencia dun equipo de profesionais altamente cualificados.

A XUNTA AVOGA POLA INCLUSIÓN PLENA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL NA ENTREGA DE AGASALLOS DO CERTAME DE TARXETAS DE NADAL

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou neste acto organizado por Special Olympics e que tivo lugar no Auditorio de Galicia2017-01-30-13-58-37_resized

  • O responsable da área social do Goberno galego instou ás administracións, entidades e axentes sociais a abordar a discapacidade, sexa do tipo que sexa, dende a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a igualdade universal e a acción positiva
  • Ademais, Rey Varela destacou o talento, creatividade e capacidade do preto do millar de persoas, pertencentes a unha trintena de entidades de Galicia, que participaron na edición número 21 deste certame

 

Santiago, 30 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela,  destacou hoxe o talento, creatividade e capacidade dos participantes no certame de tarxetas de Nadal que organiza Special Olympics en colaboración con FADEMGA Plena Inclusión,  durante o acto de entrega dos agasallos aos concorrentes que tivo no Auditorio de Galicia. Un total de 958 persoas con discapacidade intelectual de 32 entidades galegas que traballan neste ámbito presentaron os seus deseños de postais á edición número 21 deste concurso, un éxito de participación que pon de manifesto que este é “un dos eventos máis senlleiros dos que impulsa Special Olympics, está plenamente consolidado e conta cunha gran aceptación”, indicou Rey Varela.

 

Na súa intervención, o responsable da área social do Goberno galego subliñou a importancia de actividades como esta que facilita un espazo de expresión artística, da publicidade á creatividade das persoas con discapacidade intelectual e axuda a concienciar e sensibilizar ao conxunto da sociedade sobre a situación das mesmas. Nesta liña, reiterou o firme compromiso da Xunta de Galicia pola inclusión plena en igualdade de oportunidades, “unha meta que une a todos os que hoxe estamos neste acto e á que se debe sumar o conxunto da poboación; xa que non é unha cuestión de solidariedade senón de xustiza”, indicou. E, ao fío disto, engadiu que “non se trata tanto de que as persoas con discapacidade se adapten para integrarse na sociedade, senón que é esta as que a ten que incluír”.

 

Rey Varela tivo tamén palabras de recoñecemento para as familias das persoas con discapacidade que “sen desacougo están sempre onde son necesarias”, e asegurou que o Executivo autonómico “esfórzase cada día por conseguir estar á altura dos pais, nais e familiares destas persoas”. Neste sentido, manifestou que dende a Administración autonómica e en coordinación coas entidades e demais axentes sociais “temos que abordar a discapacidade, sexa do tipo que sexa, dende a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a igualdade universal e a acción positiva”.

 

Felicitación de Nadal da Consellería

 

No acto repartíronse entre premios e accésits un total de 21 agasallos, consistentes en lotes de material cedidos por Alcampo Santiago para os centros aos que pertencen os galardoados. Este certame de Tarxetas de Nadal celébrase de forma anual, e entre as postais finalistas a Consellería de Política Social escolleu unha para felicitar as festas e o aninovo.

 

Special Olympics Galicia, organizadora deste certame coa colaboración de FADEMGA Plena Inclusión e o apoio da Consellería de Política Social, é unha entidade creada no ano 2000 por acordo de 17 asociacións de diferentes provincias galegas. O seu obxectivo xeral é a inserción social do colectiva de persoas con discapacidade intelectual, e organizan competición deportivas e propoñen o adestramento diario para acadar a integración.