O HOSPITAL PÚBLICO ÁLVARO CUNQUEIRO, A CIDADE DA XUSTIZA, O CASCO VELLO, A LEI DE EXCEPCIONALIDADE OU O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA, GRANDES FITOS DA XUNTA EN VIGO NO ANO 2016
López-Chaves fixo hoxe balance das actuacións que o Goberno galego ten en marcha na cidade e a súa área territorial e as previsións para o ano que acaba de comezar
A EDAR do Lagares, a ampliación do Ifevi ou a primeira fase da Autovía do Morrazo son outras obras en marcha que estarán rematadas neste ano 2017
- Os traballos no PAU de Navia, a estación intermodal ou a ETEA e Campus do Mar se espera poidan ter un importante pulo neste novo ano
- A atención á educación coa ampliación do CEIP Rodríguez Castelao de Navia ou do IES de Teis, así coma as demandas sociais con máis de 12 millóns de euros destinados soamente á Risga na cidade son outras das medidas a manter
- Lamenta que non poida entrar en funcionamento o Plan de Transporte Metropolitano ou a Área Metropolitana pese a ser a actual Xunta de Galicia a que máis apostou pola aprobación da Lei e da súa posta en marcha efectiva
- A aposta polo sector da automoción e do naval foi outro dos asuntos que o delegado resaltou no seu encontro cos medios
- “Somos a administración que máis inviste nesta cidade e en 2017 tamén o seremos”, valorou o delegado territorial
Vigo, 02 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, celebrou esta mañá un almorzo informativo cos medios de comunicación para facer balance das actuacións que o Goberno galego ten en marcha na cidade e a súa área territorial ademais de informar das principais previsións para o ano que acaba de comezar.
López-Chaves resaltou coma fitos máis importantes do ano 2016 o asentamento do Hospital Público Álvaro Cunqueiro (HAC), o inicio dos trámites para proxectar a Cidade da Xustiza na antiga torre do Xeral, a recuperación do barrio histórico a través do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), onde a Xunta conta co 90% de participación, a aprobación da Lei de Medidas en Materia de Proxectos Públicos de Urxencia ou Excepcional Interese ou a do Patrimonio Cultural de Galicia coa declaración oficial do Camiño Portugués pola Costa.
Neste senso, con respecto ao HAC, o delegado sinalou que tras un ano da súa posta en marcha efectiva, o seu bo funcionamento viuse ratificado nos últimos días coa enquisa elaborada polo Instituto de Gobernanza y Economía Aplicada, onde máis de 1.800 profesionais avalían a excelencia nos hospitais públicos e privados de toda España seguindo o Índice de Excelencia Hospitalaria (IEH), e no que o HAC alzouse coma o mellor hospital de Galicia. “Pese as dificultades que tivemos, ao ano de entrar en funcionamento, ten a maior valoración”, considerou.
Mentres, no que respecta á Cidade da Xustiza, sinalou que a decisión de trasladar os xulgados ao antigo edificio do Xeral acadou “o consenso unánime de todos os sectores” cun proxecto no que se investirán 25 millóns de euros e que “soamente tivo alabanzas”. Así, informou que o arquitecto debe entregar o proxecto definitivo no mes de marzo para proceder despois á licitación do mesmo co obxectivo de que no ano 2019 a antiga torre do Xeral “sexa unha referencia para a xustiza”.
Co Consorcio Casco Vello de Vigo acadáronse grandes logros no ano 2016, como a firma do convenio entre a Xunta e a Universidade de Vigo para que esta última instale en 3 inmobles da Ribeira do Berbés (números 11, 13 e 15) a súa sede institucional e centro de linguas. Ademais, o delegado e presidente do CCVV informou da consolidación na recuperación de inmobles na parte alta da zona histórica, coa chegada de nova poboación e actividade comercial, que continuará neste ano 2017 e que, ademais, se estenderá ata a Fachada do Berbés coa adquisición de novos inmobles, coma así se fixo hai uns días coa compravenda do número 5 de dita praza.
Outro dos asuntos do ano 2016 que destacou López-Chaves foi a aprobación por parte da Xunta de Galicia da Lei de Medidas en Materia de Proxectos Públicos de Urxencia ou Excepcional Interese “para permitir que Zona Franca puidese investir no polígono de Balaídos” e así non perder importantes proxectos para a factoría viguesa de PSA tras a anulación do PXOM. “Ante un problema inmediato, a Xunta respondeu de maneira áxil. Non soamente é investimento para a cidade senón tamén atención e cariño ante os problemas que xorden”, dixo o delegado en referencia aos problemas urbanísticos nos que agora mesmo se atopa a cidade pola anulación do PXOM por parte do Tribunal Supremo.
Coma outro dos grandes fitos, López-Chaves mencionou tamén a aprobación da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, que levou consigo a declaración oficial do Camiño Portugués pola Costa. “Levamos traballando dende hai moitos anos, a Lei recoñece ese camiño e xa tivemos algunha reunión para iniciar a sinalización para os peregrinos”.
Proxectos rematados en 2017
Coma grandes obras que se espera ter rematadas neste ano que acaba de comezar, o delegado nomeou a EDAR do Lagares, onde a Administración autonómica está a investir mais de 100 millóns de euros, o que supón case a metade do seu investimento total. “É o maior investimento realizado polo Goberno galego nunha infraestrutura hidráulica”, recalcou.
Tamén fixo mención á ampliación do Ifevi, que o Goberno galego asumirá este ano cun financiamento de 3,2 millóns de euros para que a feira Conxemar “teña espazo suficiente” e “onde se aplicará tamén a Lei de Excepcionalidade”, explicou o delegado.
Mentres, no que respecta á área territorial, sinalou a Autovía do Morrazo e a Plisan coma proxectos máis importantes que terán un gran avance neste ano 2017 e nos vindeiros. É máis, a primeira fase das obras no Morrazo “están ao 30%” e se espera que rematen neste mesmo ano. “Son máis de 55 millóns de euros”, resaltou López-Chaves.
Navia, Intermodal e Campus do Mar
A modificación do Plan Parcial de Navia tivo un importante avance no ano 2016 coa aprobación orzamentaria de 10 millóns de euros para iniciar os trámites e facerse cos terreos nos que se desenrolará o maior parque de vivenda pública de Galicia, en total, 1.600 vivendas de promoción pública. “A maior inversión en vivenda protexida”, considerou López-Chaves. A previsión é iniciar as obras do mesmo a finais deste ano 2017, pero para iso, coma informou o delegado, fai falla que o Concello tramite a modificación do Plan Parcial.
En similar situación se atopa o proxecto da estación intermodal, que xa conta con anteproxecto aprobado e financiación “quedando pendente o asunto urbanístico”, asunto que segundo esperou o delegado, poida solucionarse neste ano.
Outro dos asuntos que tratou López-Chaves e que “por desgraza non se puido desenrolar” foi o Campus do Mar na ETEA tras contar xa co acordo aprobado tanto polo Goberno galego coma pola Universidade de Vigo e quedando pendente a aprobación do mesmo por parte de Zona Franca. Sen embargo, o representante da Administración galega na área amosouse optimista esperando que neste ano se poidan solucionar estes asuntos.
Atención social e educativa
No ámbito social e educativo, o delegado territorial comprometeu o mantemento das melloras educativas e as obras que nestes momentos están en marcha, coma se trata das obras de ampliación do CEIP Rodríguez Castelao de Navia ou no IES de Teis.
Mentres, no aspecto social, tivo verbas especiais para a atención que dende a Xunta de Galicia se ofrece a este sector e as demandas sociais da cidade. Coma exemplo, sinalou as partidas que se destinan soamente a Vigo no que a Risga se refire, sendo a cifra de 12 millóns de euros anuais para esta medida social. “Destinamos un millón de euros ao mes”, informou López-Chaves, quen lembrou tamén o incremento nun 68% para o Plan Concertado co Concello de Vigo.
Automoción e naval
O delegado non se esqueceu de que Vigo “é unha cidade industrial” tendo a Xunta unha especial dedicación e aposta polos sectores da automoción e o naval. “Feijóo se implicou persoalmente nestes ámbitos”, dixo López-Chaves, quen lembrou o 66% dos contratos asinados en España no primeiro semestre deste ano son con estaleiros galegos. Mentres, no que respecta a automoción, seguirá contando co apoio da Xunta que, ata o momento, destinou 100 millóns de euros ao sector.
Área e Transporte Metropolitano
Por último, López-Chaves mencionou e lamentou a situación actual na que se atopa o Plan de Transporte Metropolitano e da Área Metropolitana de Vigo. Neste senso, o delegado deixou claro que a Área “foi unha gran aposta da actual Xunta de Galicia” coa aprobación da Lei no ano 2012 e coa modificación da mesma, aprobada por unanimidade, no 2016. “Apostamos tanto pola Lei que fomos os únicos que a tramitamos e aprobamos”, dixo, engadindo que a aposta pola mesma “se acredita coa aprobación da Lei”. Mentres, con respecto ao PTM, insistiu no feito de que existe un convenio co Concello de Vigo “que se ten que cumprir” e que “serviu e está en marcha” no resto de municipios da área e tamén de toda Galicia.
En definitiva, o delegado da Xunta en Vigo rematou sinalando que a Administración autonómica “é a que máis inviste na cidade e neste ano 2017 o seguiremos sendo” esperando así que moitos dos proxectos pendentes “se materialicen” neste novo ano.
La Comisión de Transparencia de Galicia exige a la Consellería do Mar entregue el convenio firmado por Rosa Quintana y Luis Vich en la Casa de Galicia en Madrid a PLADESEMAPESGA
La Comisión de Transparencia de Galicia exige a la Consellería do Mar entregue el convenio firmado por Rosa Quintana y Luis Vich en la Casa de Galicia en Madrid a PLADESEMAPESGA
La Plataforma en Defensa Del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha solicitado en reiteradas ocasiones la copia de los convenios entre la Sra Rosa Quintana y Luis Vich, Decano del Colegio de Ingenieros de Madrid, un dinero que estaba destinado a «sacarlo de la Xunta de Galicia» para que acabara en las manos del Ex Secretario de Mar, CARLOS MANIERO CADILLO, «DECAPITADO» por Feijóo, como consecuencia de estas irregulares actuaciones.
De todo ello tiene conocimiento la Fiscalía Europea OLAF, alertando a esta Plataforma de la existencia, no de uno, si no de 4 convenios iguales y una consultoría por las mismas actividades, que podrían rondar los 6 millones de euros que a día de hoy han «VOLADO», solicitada la información de derecho público ha sido NEGADA, recurrida la denegación por silencio administrativo ante la Secretaria Xeral Técnica Sra María Isabel Conchado, hizo caso omiso a la petición y al recurso contra la negación, lo que motivó que PLADESEMAPESGA, presentara reclamación ante la Comisión de Transparencia de Galicia, que resuelve, exigiendo a la Consellería do Mar, entregue el citado convenio antes de 15 días a la Plataforma en defensa del sector Marítimo Pesquero de Galicia, y invitando a la plataforma a realizar nueva solicitud con respecto a otros 3 convenios y la Consultoría.
Que la Sra Rosa Quintana, se desplace a la Casa de Galicia en Madrid para «regalar» dinero público de la Xunta de Galicia, Concellería do Mar, FONDOS EUROPEOS FEDER, a una Comisión que preside su propio Secretario Carlos Maneiro, sin que nadie conozca, ni los convenios, ni sus gestiones, ni aparezcan por ningún lado, los citados convenios, es cuando menos, muy «CHABACANO» y bajo la ligereza de una presunta impunidad.
Descargar RESOLUCÖN y comunicado completo en
Jorge Blass, «Palabra de mago», no Teatro Afundación Vigo
Afundación acollerá, no Teatro Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 13), o espectáculo do mago Jorge Blass, «Palabra de mago», que terá lugar mañá e pasado cun total de 3 pases. O primeiro día están programadas dúas sesións, ás 18.00 e ás 20.30 h, e o derradeiro día unha única de peche ás 20.30 h. O espectáculo, en palabras de Jorge Blass, «ilusionará centos, incluso milleiros de persoas que oxalá veñan gozar co mellor engano que poden experimentar: a maxia». As entradas están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: Ataquilla.com ou o teléfono 902 504 500.
Actividades SmartPeme do Porriño ata finais de mes
A rede SmartPeme do Porriño, que impulsa a Deputación de Pontevedra, desenrola este mes de xaneiro distintas sesións de capacitación tecnolóxica gratuítas que terán lugar no Multicentro do de Torneiros.
As actividades, que empezarán todas ás 7 a tarde, serán: o martes, día 10, ‘Promove o teu perfil de Facebook con aplicacións externas’; o xoves, día 12, ‘Google Analytics II: Interpretación dos datos e toma de decisións’; o mércores 18, ‘Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas’; o venres 20, ‘Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite’; mércores 25, ‘Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…’, e o martes día 31, ‘Fotografía e vídeo para establecementos de turismo e hostalería’
Para asistir ós eventos os interesados teñen que reservar praza indicando evento, data e punto SmartPeme ó que están interesados en asistir. Isto poden facelo chamando ao teléfono 886 20 20 20, por mail no enderezo electrónico oporrino.smartpeme@depo.es, ou entrando en http://www.smartpeme.depo.es.
Presentacion cómic de ‘Os Bolechas’ adicado ao 50 anversaio do IES Pino Manso
A concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o director do IES Pino Mano, Juan Aguilar, presentaron o novo libro de ‘Os Bolechas’ adicado ao 50 aniversario do instituto, que o centro está a lembrar durante todo este curso 2016-2017.
‘Os Bolechas van ao aniversario do Pino Manso’ foi promovido polo Concello de O Porriño que, como salientou a concelleira de Educación, quixo facer deste xeito “unha homenaxe a un instituto no que estudaron, e estudamos, varias xeracións non so de porriñeses, senón de veciñas e veciños de Ponteareas, Tui, Salceda, Arbo, As Neves, Mondariz, mesmo A Cañiza”.
O libro relata a experiencia de antigos profesores e estudantes do centro que fan un repaso ao que aconteceu no mesmo dende súa apertura en 1966 e coma o seu desenrolo foi paralelo ao da economía, a poboación, o deporte ou a industria, de xeito que “pasou a formar parte da historia mesma de O Porriño e dos seus habitantes”, engade Lourdes Moure.
Este ‘cómic’ de Os Bolechas, “que é único e representa unha novidade na produción editorial destes coñecidos personaxes”, súmase aos actos, iniciativas e actividades que se están a programar para celebrar o medio século do Pino Manso, coma a exposición ‘De viaxe polo tempo en tren’, promovida tamén polo Concello e que está aberta na Biblioteca Municipal dende o pasado 16 de decembro e ata o 18 deste mes de xaneiro.
A XUNTA LICITA AS OBRAS PARA A EXECUCIÓN DUNHA SENDA DE PEÓNS E CICLISTAS NA PO-331 ATA O CEIP DE ATÍN NOS CONCELLOS DO PORRIÑO E MOS, QUE CONTARÁ CUN ORZAMENTO DE CASE 500.000 EUROS
- Para esta actuación levaranse a cabo a expropiación de 31 fincas para a execución dunha senda que dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño ata o paso superior sobre a AP-9, nas proximidades de Atín
- Esta iniciativa enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda executará 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe
Santiago, 2 de xaneiro de 2017.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das as obras de execución dunha senda peonil e ciclista ao longo da estrada PO-331, no lugar de Atín, concretamente entre os puntos quilométricos 1+890 e 2+810, a o seu paso polos Concellos de Mos e O Porriño. Este itinerario, que terá unha lonxitude de 1.033 metros, conta cun orzamento de case 500.000 euros, cofinanciados pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Para obter información máis detaiada pódese consultar este enlace: https://goo.gl/prbwgL.
Para a estas actuacións, que teñen un prazo de execución de 6 meses, levarase a cabo a expropiación de 31 fincas para a execución de dita infraestrutura na estrada PO-331 (Torneiros-Gondomar), que dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño (PK 1+850) ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín (PK 2+810).
Esta actuación enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, que prevé a execución de 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe. Os itinerarios propostos para a comarca de Vigo suman 12 quilómetros en 11 novas sendas.
Características técnicas
A actuación iníciase na marxe esquerda da estrada, na que se construirá unha senda da 933 metros de lonxitude, desde o PK 1+850, nas proximidades do Colexio Santo Tomás no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras-Tameiga (PK 2+750). A senda terá un ancho mínimo de 1,8 metros e irá separada da calzada por unha banda verde nos tramos que é posible.
Pola marxe dereita da estrada, a obra terá unha lonxitude de 200 metros e comezará na intersección coa estrada municipal Pereiras-Tameiga, dado que ata este punto xa existe beirarrúa. A senda nesta marxe desviarase da estrada nos últimos 80 metros ata o acceso ao centro escolar de Atín. Neste último tramo terá un ancho de 3 metros.
Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da vía que comunicará os dous centros de ensinanza co Porriño.
Cómpre lembrar que tamén se proxecta a mellora da intersección entre a PO-331 e a estrada Pereira-Tameiga, na que se construirá unha semiglorieta para facilitar os xiros á esquerda neste punto.
A obra complétase coa colocación dunha rede de saneamento e doutra para pluviais en todo o tramo obxecto da actuación, e tamén co alumeado da senda prevista na marxe dereita da estrada ata o CEIP de Atín.