REY VARELA ANUNCIA UN INCREMENTO DO PERSOAL DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS NA DEMARCACIÓN DE LUGO
- A medida forma parte da nova Axenda Social acordada coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Rede Galega contra a Pobreza
Mondoñedo (Lugo), 4 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello de Mondoñedo, onde foi recibido pola alcaldesa dese municipio lucense, Elena Candia López, con quen mantivo unha xuntanza de traballo co obxectivo de analizar a situación dos programas e servizos de ámbito social e de titularidade autonómica que se desenvolven nesta localidade. Así mesmo, o encontro serviu para afondar nas vías de colaboración que a Consellería mantén co devandito ente local, así como para expoñer novas actuacións e propostas en materia de política social por parte da Xunta de Galicia e que incidirán non soamente en Mondoñedo senón no conxunto da provincia lucense.
Neste sentido, Rey Varela explicou que o obxectivo que se ten fixado o Goberno galego para 2017 é consolidar o impulso ás políticas sociais e a nova etapa que se iniciou o ano pasado cun crecemento orzamentario dos recursos destinados a este fin que alcanzou o 12,6%. Ao fío disto, destacou que os orzamentos deste novo exercicio que vén de comezar continúan por esta liña ao volver medrar por segundo ano consecutivo ata acadar os 643,5 millóns de euros, o que supón que “esteamos ante a cantidade máis alta da historia de Galicia destinada ás políticas sociais”, apuntou.
Ademais, o responsable da área social da Xunta insistiu na importancia de seguir intensificando o diálogo, a colaboración e a coordinación cos concellos, o que ten o seu reflexo na nova Axenda Social de Galicia acordada coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Rede Galega contra a Pobreza. Ao respecto, indicou que unha das medidas desta axenda que xa se está a desenvolver é o impulso do Plan Concertado mediante o reforzamento dos equipos profesionais dos servizos sociocomunitarios municipais, coa dotación de máis persoal e a mellora das condicións de financiamento dos mesmos. Esta medida, aprobada no último Consello da Xunta do pasado mes de decembro, supón un incremento do 15% no orzamento para o mantemento destes servizos nos concellos da demarcación lucense, o que permitirá na práctica reforzar os equipos socicomunitarios de Chantada, Friol, Fonsagrada, Ribeira de Piquín e Viveiro.
Asemade, Rey Varela informou de que no conxunto de Galicia, a Administración autonómica destinará preto dun millón de euros á contratación de 63 novos profesionais para estes servizos que prestan os concellos, entre traballadores sociais, educadores e psicólogos. A esta cifra, hai que engadir outro millón de euros máis con motivo da actualización á alza do módulos de cofinanciamento do persoal destes servizos. Ambas medidas, no seu conxunto supoñen unha subida superior ao 22% nos recursos que destina a Xunta de Galicia aos servizos sociomunitarios municipais. O conselleiro sinalou que “o obxectivo deste reforzo é manter un nivel de atención de calidade e garantir a efectividade das medidas e programas que a Administración autonómica desenvolve cos concellos para facer fronte á pobreza e á exclusión social”.
Por último, Rey Varela e a primeira edil de Mondoñedo acordaron na reunión estudar novas vías de colaboración entre ambas administracións en temas relacionados coa atención ás persoas dependentes e aos maiores. Neste sentido, apuntou que no último ano a Xunta incrementou o número de horas de atención a persoas dependentes a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF); e deu conta da entrega á rexedora do informe para desbloquear os trámites administrativos que quedan para a próxima posta en funcionamento do centro residencial para persoas maiores.
Galiza lidera a subida do paro no conxunto do Estado en decembro
O noso país rematou o ano con 205.914 persoas inscritas no Servizo Público de Emprego
Nacional – 04 Xan 2017
Galiza rexistrou o maior incremento do paro en termos absolutos do Estado español en decembro ao contabilizar 2360 persoas máis anotadas nos servizos públicos de emprego con respecto a novembro, o que sitúa a cifra total de parados/as en 205.914. A subida foi do 1,16%, mentres que na media estatal baixou un 2,29% (86.849 desempregados/as menos). Dende a CIG alertan que continúa a medrar a precariedade, ao tempo que baixa a duración dos novos contratos: só o 7,5% foron indefinidos.
O noso país foi, xunto a outras tres comunidades, un dos poucos territorios onde medrou o paro en decembro con respecto ao mes anterior, liderando esta subida en termos absolutos. En termos relativos supuxo o terceiro maior incremento, só superado por Nafarroa e Cantabria. Deste xeito, o ano remata en Galiza con 205.914 persoas anotadas nos servizos públicos de emprego.
O paro unicamente descendeu no sector servizos, pero tan só un 0,69%, cando na media estatal a baixada neste sector foi do 2,57%. No conxunto do Estado o descenso nos servizos permitiu compensar os incrementos que se rexistraron tanto en industria (0,81%) como na construción (2,28%) e rematar así o ano cun 2,29% menos de parados/as.
Só baixa nos servizos
No caso de Galiza, se ben no sector servizos descendeu o desemprego un 0,69%, este cativo descenso e o forte incremento do paro tanto na industria (5,52%) como na construción (8,61%) fixeron que a suba global do paro no mes de decembro fose do 1,16% (2360 desempregados/as máis).
Aínda que este ascenso do desemprego non foi demasiado elevado, neste período rexistráronse un total de 71.080 contratos nas oficinas do SEPE en Galiza; o que evidencia a forte rotación e a escasa duración dos novos contratos. Así, tan só o 7,5% estiveron acollidos a algunha das modalidades de contratación indefinida.
Cada vez máis precariedade
Diante disto, o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Miguel Malvido, amosa a súa preocupación non só porque siga a medrar o desemprego senón tamén pola cada vez maior pracariedade existente no mercado de traballo. “Non só aumentan as persoas sen emprego, senón que as que o teñen atópanse cada vez nunha situación máis precaria”, denuncia.
Por isto incide na necedidade de que se derroguen as reformas laborais aprobadas polos Gobernos do PSOE e do PP, “que a parte de non servir para crear emprego afondaron na súa precarización e na perda de dereitos e de condicións de vida da clase traballadora”. Neste senso, Malvido lebrou que a central vén de poñer en marcha unha campaña de mobilizacións orientada a recuperar os dereitos laborais e sociais roubados ao longo destes anos que contempla unha primeira manifestación nacional o vindeiro sábado 28 de xaneiro en Santiago de Compostela. O obxectivo da marcha, que arrincará da Alameda ás 12.00 horas, é tamén a defensa do sistema público de pensións.
A CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS AUMENTOU CASE 6 PUNTOS NO ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO
- Melloran as perspectivas das familias galegas sobre a situación económica en Galicia e a evolución do desemprego
- Ademais, o indicador que analiza as perspectivas sobre a situación financeira persoal mellora en 5,71 puntos con respecto ao terceiro trimestre do 2016
- Segundo o IGE, a porcentaxe de fogares que chega con dificultades a fin de mes reduciuse en máis de un punto
Santiago, 4 de xaneiro de 2017.- A confianza dos fogares galegos correspondente ao cuarto trimestre de 2016 medrou 5,88 puntos respecto ao terceiro trimestre debido ás mellores perspectivas da situación económica, da evolución do emprego, da situación financeira persoal e da capacidade futura de aforro segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Este indicador, de carácter trimestral, mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.
Na enquisa ponse de manifesto que as perspectivas sobre a situación económica de Galicia e a evolución do desemprego evolucionan de forma positiva, xa que no cuarto trimestre melloran en 7,18 e 5,9 puntos respectivamente, en comparación co terceiro trimestre.
De igual forma, tamén mellora a opinión dos fogares galegos sobre a situación financeira persoal, que medra 5,71 puntos con respecto ao terceiro trimestre, mentres que as perspectivas sobre a capacidade futura de aforro melloran en 4,77 puntos.
Situación dos fogares
O organismo estatístico da Administración autonómica tamén analiza na Enquisa Conxuntural a Fogares a situación económica dos fogares da Comunidade galega ao longo dos últimos tres meses.
Os datos correspondentes ao cuarto trimestre do 2016 sinalan que o número de fogares que declara chegar con algún tipo de dificultade a fin de mes reduciuse en máis de un punto en comparación co terceiro trimestre do ano, e en máis de 5 puntos en relación ao cuarto trimestre de 2015.
ICC | Situación financeira persoal (perspectivas de evolución) | Capacidade futura de aforro | Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución) | Desemprego (perspectivas de evolución) | |
2013/I | -43,26 | -27,34 | -40,12 | -51,12 | -54,46 |
2013/II | -36,38 | -19,68 | -28,89 | -47,19 | -49,77 |
2013/III | -28,07 | -11,55 | -25,06 | -40,00 | -35,65 |
2013/IV | -29,80 | -11,69 | -32,74 | -34,82 | -39,95 |
2014/I | -25,29 | -14,48 | -31,56 | -28,05 | -27,08 |
2014/II | -15,90 | -9,33 | -22,59 | -15,97 | -15,73 |
2014/III | -17,16 | -13,40 | -26,30 | -15,32 | -13,64 |
2014/IV | -17,00 | -5,45 | -35,86 | -10,03 | -16,68 |
2015/I | -9,94 | -5,53 | -32,32 | -0,38 | -1,52 |
2015/II | -11,88 | -3,17 | -37,55 | -3,58 | -3,23 |
2015/III | -8,69 | -2,84 | -32,90 | 1,76 | -0,78 |
2015/IV | -11,81 | -4,44 | -36,89 | -1,87 | -4,06 |
2016/I | -13,94 | -5,92 | -31,31 | -10,03 | -8,48 |
2016/II | -16,37 | -7,60 | -35,91 | -13,17 | -8,81 |
2016/III | -17,93 | -7,89 | -37,89 | -13,52 | -12,45 |
2016/IV | -12,05 | -2,18 | -33,12 | -6,34 | -6,65 |
II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea» na Sede Afundación Vigo
Afundación acolle desde hoxe, mércores 4 de xaneiro, na súa Sala de Exposicións I da Sede Afundación Vigo a mostra «II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea». No acto de presentación a medios estiveron Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura; Vítor Nieves, coordinador do premio; Rita Ibarretxe, coordinadora do Outono Fotográfico Vigo; e Berto Macei, autor deLe cirque noir, un dos traballos premiados ex aequo dos que consta a exposición. A outra proposta galardoada, que tamén figurará na exposición, é Rururbania Salnés de José Romay.
En la serie fotográfica de Macei, el autor sigue las propuestas de James Monaco de no considerar el film noir como un género per se, sino más bien un estilo visual. Por tanto, en sus fotos se presenta una estética influenciada por el expresionismo alemán. Si se atiende al fondo, también Macei se vincula con el realismo poético francés a través de una suerte de fatalismo que rodea a los personajes que fotografía o los siempre recurrentes héroes venidos a menos. En cada imagen va haciendo énfasis en la autenticidad, como en el neorrealismo italiano.
El neodocumental de Romay, Rururbania Salnés, alude al lenguaje clásico de este género, como vemos en este trabajo, para manipularlo comol os coetáneos americanos de Romay. El autor explora los límites entre lo rural y lo urbano, lo construido y lo natural. Articula un análisis bien diferente a los que se han realizado del espacio común en Galicia. En ella persigue una lectura más pausada de la relación entre paisaje y territorio con una cierta carga de retranca en la mensaje que las imágenes de elementos secundarios que, además, hablan de la intencionalidad del proyecto.
Jose Romay presenta en Rururbania Salnés un territorio hostil donde los límites entre lo verde y lo gris se fueron desenredando para dar en tonos anaranjados que acercan lo humanizado y lo salvaje, y que mezclan lo industrial con lo habitable.
La exposición, que podrá verse en Vigo en el marco de la colaboración entre Afundación y elfestival Outono Fotográfico, reúne los ensayos de Berto Macei e Jose Romay que obtuvieron ex aequo el «II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea» que convoca desde el año 2013 la Asociación Proxecto Benito Losada y el festival Outono Fotográfico gracias al patrocinio de la Deputación de Lugo y la Xunta de Galicia. Este premio tiene por objeto promover la fotografía contemporánea y las cuestiones éticas que suscita, en general, el arte contemporáneo respecto de las formas de dominación y la imposición de límites al pensamiento.
La muestra permanecerá aberta al público desde el 4 de enero hasta el lunes 30 del mismo mes, en horario de lunes a sábado de 17.30 a 20.30 h.
‘Venture Day’ acogerá los proyectos más innovadores en materia de ciberseguridad
* Se celebrará el 17 de enero en Madrid y se darán a conocer los ganadores del certamen Incubadora CiberEmprende 2016
* En el evento se presentará el programa de aceleración en ciberseguridad Cybersecurity Ventures y se abrirá la convocatoria para 2017
03.01.17. Madrid acogerá el próximo 17 de enero la jornada ‘Venture Day’ organizada por el Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE), entidad dependiente del Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital. Emprendedores, profesionales e inversores se darán cita en este encuentro para conocer los proyectos más innovadores relacionados con la ciberseguridad e intercambiar experiencias e impresiones.
En la jornada, que comenzará a las 10:30 de la mañana en Campus de Google en Madrid, se presentarán los 10 proyectos finalistas del Certamen Incubadora CiberEmprende, una iniciativa impulsada por INCIBE con el objetivo de identificar oportunidades para el desarrollo de proyectos de emprendimiento en el sector de la ciberseguridad.
Actualmente, 29 proyectos emprendedores están recibiendo mentoring y formación online en materia de negocio, marketing y financiación a través de CiberEmprende. Las 10 mejores ideas de negocio serán expuestas en el Venture Day ante un jurado compuesto por agentes del ecosistema emprendedor, inversores y profesionales del sector de la ciberseguridad,
que determinarán quiénes son los ganadores del Certamen de Emprendimiento.
El programa de apoyo al emprendimiento forma parte de la estrategia iniciada por la Agenda Digital para España destinada a promover una industria de ciberseguridad fuerte que contribuya a aumentar la confianza digital y apoyar a los emprendedores, ofreciéndoles la posibilidad de acelerar sus ideas de negocio en ciberseguridad, facilitar la creación de nuevas empresas y generar empleo futuro en un sector en auge con proyección internacional.
En el evento ‘Venture Day’, durante la clausura del Certamen de Emprendimiento Incubadora CiberEmprende, se darán a conocer los proyectos ganadores que optan a un primer premio de 9.000 euros, un segundo premio dotado de 6.000 euros, y un tercer premio consistente en 4.000 euros. Aquellos que queden entre el cuarto y décimo puesto recibirán 1.000 euros, así como otras ayudas específicas para promover su proyecto a nivel nacional e internacional.
En la jornada, también se presentará Cybersecurity Ventures 2017, un programa de aceleración en ciberseguridad organizado por INCIBE, la Agencia de Innovación, Financiación e Internacionalización (ADE) de la Junta de Castilla y León, y el Instituto Leonés de Desarrollo, Formación y Empleo (ILDEFE).
Las personas interesadas en asistir a este acto deben enviar un email a ciberemprende@incibe.es indicando nombre y apellidos; organización, empresa o profesión liberal en la que desarrollan su actividad profesional; y un email de contacto. Las plazas son limitadas.
Podrán encontrar toda la información en http://www.incibe.es/ciberemprende http://www.incibe.es/ventures y en los perfiles sociales de la iniciativa.
A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE ESCOITA AS EXPERIENCIAS DOS MOZOS E MOZAS DE BETANZOS QUE PARTICIPARON NO PROGRAMA GALEUROPA EN 2016
-
A Coruña
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, asistirá a unha xuntanza cos participantes do programa ‘Galeuropa’ da comarca de Betanzos
03/01/2017
Foto: Moncho Fuentes / AGN A CoruñaA finalidade deste programa de mobilidade trasnacional é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos mozos e mozas, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo
- Un estudo da Universidade de Santiago de Compostela sobre “Os programas de Educación non formal e a empregabilidade da Xuventude en Galicia” indica que o desemprego entre os participantes neste programa diminuíu nun 67%
Betanzos (A Coruña), 3 de xaneiro de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe en Betanzos unha xuntanza de traballo cunha decena de mozos e mozas que participaron ao longo de 2016 no programa de mobilidade trasnacional xuvenil Galeuropa. O encontro tivo lugar no Espazo Xove da localidade, e nel participaron rapaces e rapazas procedentes de toda a comarca.
Esta iniciativa ten como obxectivo recoller as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia. Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que “esta reunión forma parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”.
Ao longo do encontro, Cecilia Vázquez destacou que no estudo da Universidade de Santiago de Compostela sobre “Os programas de Educación non formal e a empregabilidade da Xuventude en Galicia”, o desemprego entre os participantes neste programa diminuíu nun 67%. O estudo destaca que antes das prácticas, un 70,4% dos participantes estaba no paro, cifra que se reduciu posteriormente ata o 23,4%.
Ademais, a directora xeral tamén sinalou que este mesmo estudo conclúe que o grao de satisfacción dos participantes en edicións anteriores é do 80% e ante a pregunta de se recomendarían Galeuropa aos seus amigos as respostas afirmativas foron do 92%.
Galeuropa ten por obxecto a concesión de axudas para proxectos de mobilidade de mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades ou empresas públicas ou privadas de 31 países europeos. A contía da axuda por beneficiario está en función do país de realización da práctica formativa e en función da duración da mesma e inclúe os gastos de aloxamento, manutención e viaxe. Os beneficiarios poden obter un anticipo do 80%.
As prácticas formativas teñen unha duración de entre dous e catro meses e está previsto que este ano participen neste programa 361 mozos e mozas menores de 30 anos inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade deste programa de mobilidade trasnacional xuvenil é a de reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos mozos e mozas, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.
Galeuropa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo e en 2016 estivo dotada con 2.034.074,76 euros (999.765,72 euros en 2015).
Orquesta Sinfónica de Galicia no Teatro Afundación de Vigo
O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro 12 de xaneiro, ás 20.30 h, un concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia, nesta ocasión dirixida por Ilan Volkov, que contará coa colaboración de Horacio Lavandera ao piano e John Aigi Hurn á trompeta. Con esta actuación inaugúrase a tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación sinfónica interpretará, en dous actos,a estrea absoluta de Paisaxes escuras de Xavier Mariño; a Sinfonía núm. 102 en si bemol maior, Hob1/102 de Franz Joseph Haydne Cinco pezas para orquestra, op. 42 así como Concerto para piano, trompeta e cordas núm. 1 en do menor, op. 35; ambas de Dmitri Shostakóvich. As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade, en Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500, para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, as persoas con 35 anos ou menos gozarán da oportunidade de conseguir as entradas na billeteira media hora antes de cada concerto a un prezo reducido coa finalidade de promover este tipo de espectáculos entre o público máis novo.
A XUNTA DESTACA A APOSTA DE PAZ RODRÍGUEZ POLO INVESTIMENTO PARA MELLORAR EN COMPETITIVIDADE E AVANZAR NA SÚA INTERNACIONALIZACIÓN
O director xeral do Igape, Juan Cividanes, visita as instalacións no polígono de Valadares desta empresa, que se acolleu ao programa Galicia Inviste para incorporar novos equipos tecnolóxicos
- Con clara vocación internacional, os produtos de PAZ Rodríguez poden atoparse en medio cento de mercados exteriores entre os que figuran Estados Unidos, Alemaña, Emiratos Árabes, México ou Israel
- Cividanes lembra que durante os últimos meses a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou 52 proxectos que mobilizan 35 millóns de euros e salienta que o programa Galicia Inviste acaba de prorrogarse ata o próximo 31 de maio para seguir apoiando proxectos de investimento en Galicia
Vigo, 3 de xaneiro de 2017.- O director xeral do Igape, Juan Cividanes, destacou hoxe a aposta de PAZ Rodríguez polo investimento en novos equipos tecnolóxicos para mellorar a súa competitividade como base para consolidar o seu crecemento a avanzar na súa internacionalización.
PAZ Rodríguez, que dispón dun cadro de persoal integrado por preto de cen persoas, acolleuse ao programa Galicia Inviste para incorporar nova maquinaria que lle permitirá ampliar a súa capacidade de produción desenvolvendo no interior das súas instalacións partes do proceso produtivo, en concreto na liña de corte, que ata agora tiña que externalizar.
Cividanes lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiou mediante préstamos directos e subvencións como as do programa Galicia Inviste, durante os últimos meses, 52 proxectos empresariais que mobilizan investimentos que superan os 35 millóns de euros.
A empresa téxtil, localizada no Polígono de Valladares, esta especializada na confección de prendas de punto infantís De feito, PAZ Rodríguez é una compañía con clara vocación internacional que se ten acollido ás xudas do Igape para avanzar en mercados exteriores. Actualmente, os seus productos poden atoparse en medio cento de mercados exteriores, incluíndo países tan diversos como Estados Unidos ou Israel, Emiratos Ärabes, Alemaña ou México.
PAZ Rodríguez tamén contará co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria para coñecer, ao abeiro do programa Reacciona TIC, as súas capacidades e oportunidades de mellora da competitividade, no marco da Industria 4.0.
TODO PREPARADO EN O PORRIÑO PARA RECIBIR O XOVES ÁS SÚAS MAXESTADES MELCHOR, GASPAR E BALTASAR, QUE SAIRÁN ÁS 6 E MEDIA DA TARDE NA CABALGATA DESTE ANO
O Porriño prepárase xa para a Cabalgata das Súas Maxestades os Reis Magos, que chegarán á vila o xoves, día 5, ás 6 e media da tarde. A esa hora Melchor, Gaspar e Baltasar, sairán nas súas carrozas cara ao centro antes de empezar, xa pola noite, o reparto dos xoguetes.
A Cabalgata que estará encabezada pola Rondalla de Santa Eulalia de Atios, estará composta por un tren no que irán as cativas e cativos máis pequenos, seguidos de varios personaxes de Disney, a Rondalla de Pontellas, a carroza da Súa Maxestade o Rei Melchor cos seus paxes e a súa carroza de paquetes, que darán paso ao Rei Gaspar, coa súa comitiva e, por suposto, a súa carroza con regalos e, finalmente, o séquito da Súa Maxestade o Rei Baltasar.
Os Reis, logo de saír da rúa Doantes de Sangue, percorrerán a Avenida Antonio Palacios, continuarán por Domingo Bueno, San Sebastián, San Benito e Ramón González para chegar, sobre as 8 da tarde, á Praza de Antonio Palacios.
Aquí, diante do Concello, haberá un palco onde se disporán os tronos dos tres Magos nos que recibirán as nenas e nenos que se acheguen a saudalos, escoitarán os seus últimos pedidos, collerán as súas últimas cartas e posarán para as fotos que os pequenos queiran facerse con eles.
Hoxe 4 DE XANEIRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN ELLE DO FOTÓGRAFO DAVID DUEÑAS
