A CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS AUMENTOU CASE 6 PUNTOS NO ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO

  • Melloran as perspectivas das familias galegas sobre a situación económica en Galicia e a evolución do desemprego
  • Ademais, o indicador que analiza as perspectivas sobre a situación financeira persoal mellora en 5,71 puntos con respecto ao terceiro trimestre do 2016
  • Segundo o IGE, a porcentaxe de fogares que chega con dificultades a fin de mes reduciuse en máis de un punto

 

Santiago, 4 de xaneiro de 2017.- A confianza dos fogares galegos correspondente ao cuarto trimestre de 2016 medrou 5,88 puntos respecto ao terceiro trimestre debido ás mellores perspectivas da situación económica, da evolución do emprego, da situación financeira persoal e da capacidade futura de aforro segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).

 

Este indicador, de carácter trimestral, mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.

 

Na enquisa ponse de manifesto que as perspectivas sobre a situación económica de Galicia e a evolución do desemprego evolucionan de forma positiva, xa que no cuarto trimestre melloran en 7,18 e 5,9 puntos respectivamente, en comparación co terceiro trimestre.

 

De igual forma, tamén mellora a opinión dos fogares galegos sobre a situación financeira persoal, que medra 5,71 puntos con respecto ao terceiro trimestre, mentres que as perspectivas sobre a capacidade futura de aforro melloran en 4,77 puntos.

 

Situación dos fogares

O organismo estatístico da Administración autonómica tamén analiza na Enquisa Conxuntural a Fogares a situación económica dos fogares da Comunidade galega ao longo dos últimos tres meses.

 

Os datos correspondentes ao cuarto trimestre do 2016 sinalan que o número de fogares que declara chegar con algún tipo de dificultade a fin de mes reduciuse en máis de un punto en comparación co terceiro trimestre do ano, e en máis de 5 puntos en relación ao cuarto trimestre de 2015.

 

  ICC Situación financeira persoal (perspectivas de evolución) Capacidade futura de aforro Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución) Desemprego (perspectivas de evolución)
2013/I -43,26 -27,34 -40,12 -51,12 -54,46
2013/II -36,38 -19,68 -28,89 -47,19 -49,77
2013/III -28,07 -11,55 -25,06 -40,00 -35,65
2013/IV -29,80 -11,69 -32,74 -34,82 -39,95
2014/I -25,29 -14,48 -31,56 -28,05 -27,08
2014/II -15,90 -9,33 -22,59 -15,97 -15,73
2014/III -17,16 -13,40 -26,30 -15,32 -13,64
2014/IV -17,00 -5,45 -35,86 -10,03 -16,68
2015/I -9,94 -5,53 -32,32 -0,38 -1,52
2015/II -11,88 -3,17 -37,55 -3,58 -3,23
2015/III -8,69 -2,84 -32,90 1,76 -0,78
2015/IV -11,81 -4,44 -36,89 -1,87 -4,06
2016/I -13,94 -5,92 -31,31 -10,03 -8,48
2016/II -16,37 -7,60 -35,91 -13,17 -8,81
2016/III -17,93 -7,89 -37,89 -13,52 -12,45
2016/IV -12,05 -2,18 -33,12 -6,34 -6,65

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: